Tetracris56

Page 1

Ano VI. Boletín nº 56

Depósito legal: C 2766-2006

Outubro, 2011

II DÍA

DA

CIENCIA

EN

GALEGO

Venres, 4 de novembro

NACE

UN NOVO BLOG:

TOMATEMÁTICAS, NA

CLASE DE

2º ESO.

www.tomatematicas.blogspot.com O nome saiu dunha votación na clase e pode ter varias lecturas: • Con tomate gustan máis, ¡coma os macarróns!. • ¡Toma Matemáticas !, ata na sopa. • En inglés, To mathematics. • … e outras que podades imaxinar. Desde logo tenta ser máis didáctico e incluso levarémolo en paralelo aos temas de 2º ESO. Una das actividades que aparecen é una ENQUISA sobre cuestións matemáticas, xa apareceu: ¿É o número 1, un número primo? (podes consultar os resultados no blog) e xa podes votar esta: ENQUISA O sistema de numeración romano non tiña un símbolo para o cero, ¿cal(es) das afirmacións son verdadeiras? A. B. C. D.

Os romanos non podían escribir: 10, 100… No noso calendario pásase do 1 a.C. ao 1 d.C. O século XXI empezou no 2000. O ano 2011 é o primeiro ano do 2º decenio do século.

Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicámolo á Química. Dentro da Química imos dedicarMÚSICA E MATEMÁTICAS lle un apartado especial ao lume e á comA OSG abre, con este título, os seus concertos didácticos. bustión en xeral e, tamén, homenaxeamos a María Curie e María Wonenburguer, A Orquestra Sinfónica de Galicia, no seu Programa Educativo do unha matemática galega. curso 2011-12, ofrecerá a sesión: Música e Matemáticas no Teatro Está organizado polas asociacións: Rosalía de Castro con estas sesións: AGAPEMA, APETEGA e ENCIGA e colabo• Cafés didácticos (para profesores): 3 de novembro. ran as seguintes organizacións, Cgendl • Concertos didácticos (alumnos): do 15 ao 18 de novembro. Coordinadora Galega Endl, SGAPEIO, • Concertos en familia: 19 de novembro IGACIENCIA, Universidade da Coruña, O contido dos concertos podería ser: Universidade de Santiago, Facultade de • A sucesión de Fibonacci e a sección áurea: Béla Bartók desen- Química de Santiago, Universidade de Vivolveu unha escala musical que chamou escala Fibonacci. go, ILG, CIG-Ensino, STEG, NEG, AS-PG, • Azar e probabilidade: Mozart compuxo a obra Musikalisches A Mesa, Deputación de Lugo, Adega, ProWürfelspiel (Xogo de dados), onde podes estrear unha obra. lingua, Asociación de escritores en lingua Máis información no BLOG TETRACTIS. galega, Queremos galego….

www.tetractismonelos.blogspot.com

Máis información no BLOG TETRACTIS e www.cienciaengalego.org


MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS

M

aría Josefa Wonenburger Planells naceu en Montrove (Oleiros) o 1 de xullo de 1927. É unha matemática galega de tataravó por parte de pai nado en Alsacia (rexión Francesa que ten como fronteiras Alemaña e Suíza) e nai nada en Valencia.

Os seus primeiros estudos realizounos no instituto coruñés Eusebio da Guarda. Foi unha gran afeccionada ao hóckey a patíns e baloncesto, ademais da música como a de Bach. Estudou inglés e alemán. Estudou na Universidade Central de Madrid matemáticas e licenciouse en 1950, a pesar da preferencia familiar de que estudase unha enxeñaría e así continuar có negocio familiar. Máis tarde viaxa a América e unha vez alí, en 1953 forma parte dos beneficiarios das primeiras bolsas Fullbright, permitíndolle ir á universidade de Yale. En 1957 fai unha tese de doutoramento sobre a teoría de grupos, dirixida polo alxebrista Nathan Jacobs, “On the group

of similitudes and its projective group”. Volta a España e traballa no Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) durante tres anos e regresa ao estranxeiro en 1960 ao recibir unha bolsa postdoutoral da Universidade de Queen (Ontorio, Canadá). Alí dirixiu a tese de doutoramento de Robert Mooddy, quen logo traballaría sobre o infinito no que se coñeceu como álxebra de Kac-Moody, e que tivo a Wonenburger como inspiradora.

María Wonenburger traballou principalmente na teoría de grupos e na álxebra de Lie. Estudou o grupo de rotacións, o grupo ortogonal e os seus correspondentes grupos proxectivos. Tamén os automorfismos dos grupos de semellanzas inspirándose nos traballos anteriores de Jean Dieudonné, e aplicándoos a espazos vectoriais de dimensión maior ou igual ca seis. Tamén traballou con grupos de semellanzas na álxebra de Clifford, e sobre todo é coñecida polos seus desenvolvementos na álxebra de Lie, onde dirixiu a maior parte das súas teses. Centrou posteriormente a súa investigación na clasificación dos grupos finitos e nas matrices de Cartan. Foi a primeira española que recibiu a destacada bolsa Fullbright para realizar o doutoramento en matemáticas. No 2007 a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o Premio María Wonenburger para recoñecemento daquelas mulleres galegas con traxectorias notables no ámbito da ciencia e tecnoloxía. E no ano 2010 foi investida doutora honoris causa pola Universidade da Coruña, có premio “muller Ciencia-Arte”. Ademais de dedicárselle este ano 2011 o día da ciencia en galego. É socia de Honra da Real Sociedade Matemática Española. Nunha Asemblea da Delegación de Agapema da Coruña no 2009 acordouse solicitar do Concello da Coruña un nome de rúa para a insigne matemática María Wonenburger.

En 1966 trasládase a aos Estados Unidos á Universidade de Búffalo e un ano máis tarde consigue praza como profesora na Universidade de Indiana onde permanece ata 1983. É no 1983 cando volve cara A Coruña, tras poñerse a Tetractis 56

súa nai enferma, e, co seu regreso comeza a colaborar en asociacións como AGAPEMA.

2

Celebrouse unha homenaxe á matemática coruñesa María Wonenburger, o 1 de xuño do 2011, que consistiu na colocación dunha placa no Paseo das Ciencias (no entorno da Casa das Ciencias), no Parque de Santa Margarida. Paula Pérez Torres, 1º Bach. B

Outubro, 2011


ÁLBUM FOTOGRÁFICO

Tetractis 56

3

Outubro, 2011


ENRIQUE VIDAL ABASCAL: MATEMÁTICO, PINTOR E HUMANISTA Enrique Vidal Abascal (1908-1994)

Conexión coa comarca de Lalín

Recoñecementos e mencións

• Premio Alfonso X El Sabio. • Premio da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, 1953 e 1959.

Ramón Mª Aller Ulloa

• Officier dans l´Ordre des Palmes Académiques, concedi-

José Rodríguez González

da polo Goberno Francés, no ano 1974.

• Medalla Castelao, concedida pola Xunta de Galicia no

Laxeiro

ano 1986.

Observatorio de Lalín

• Premio de Investigación Xunta de Galicia, no ano 1989.

Observatorio de Vila de Cruces

• Científico Galego no ano 2008, pola RAGC. Autoretrato, 1931

Facetas na sua vida

Matemático

Humanista

Pintor

Áreas de traballo

• Membro da Real Academia Galega.

Astronomía

Xeometría clásica

Estrelas dobres

(curvas e superficies)

Xeometría diferencial de variedades

• Impulsor da Real Academia Galega de Ciencias.

• Impulsor dos primeiros congresos internacionais de matematicas en España.

• Decano da Facultade de Matematicas. • Membro de Sociedades Científicas e Culturais españolas e internacionais.

• Traballos de investigación publicados en revistas de recoñecido prestixio.

• Ensaios sobre pintura, cultura galega, problemática da universidade... Orbígrafo

Tetractis 56

I Simposium internacional de Matemáticas, 1963

4

Outubro, 2011


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.