Salimar proxecto volandeira

Page 43

En canto ás preguntas referentes ás presentacións que poden atopar no mercado, só un 14% dos enquisados atopan a volandeira das nosas rías no mercado e sempre enteira e en fresco. O resto que di coñecer o produto, refírense a él coma zamburiña e sempre doutras orixes, especialmente Reino Unido/ Irlanda e Perú e din atopala en presentación en media cuncha IQF ou en carne IQF, e demandan o produto no mercado xa limpo, xa que cada vez é menor a cantidade de consumidores dispostos a consumir un produto que non estea, como pouco, listo para ser cociñado. O outro punto forte da nosa presenza na feira foi o feito de ofertar degustación de produto, o cal nos permitíu, ademáis de axudar a dalo a coñecer, amosar distintas preparacións, unhas máis complexas orientadas aos profesionais do sector hostaleiro e outras máis sinxelas pensando no consumidor final, co obxetivo de que o público fose consciente das dis-

tintas e doadas posibilidades que nos ofrece a volandeira. Algunhas das receitas presentadas foron: volandeira en media cuncha á pracha, con prebe ao albariño, con salsa galega, brocheta de polbo con volandeira… A sensación final de experiencia foi moi positiva, xa que recibimos moitas felicitacións do público en xeral; os asistentes que xa coñecían o producto transmitíronnos a súa sorpresa acerca das novidosas, enxeñosas e, á vez, sinxelas presentacións que ofrecíamos; mentres que os visitantes que descoñecían o produto recibiron dobre sorpresa, por un lado o descubrimento dun novo produto moi saboroso, e por outro as posibilidades que ofrece tanto aos consumidores en xeral como ao sector HORECA en particular.

Stand de Salimar en Conxemar 2010.

43


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.