Page 1


Promotor do proxecto:

Confraría de Pescadores ”San Xosé” Cangas

CONFRARÍA DE PESCADORES

“San José”

Entidades encargadas dos estudos de cultivo, producción e comercialización: Instituto Español de Oceanografía A Coruña

San Antonio alimentos del mar S.L

R/ República de Cuba, 4 - 2º Tel. 986 30 01 65 - Fax. 986 30 36 88 Telf. Lonxa. 986 30 01 73 36940 CANGAS (Pontevedra)

Este proxecto foi financiado por: UNIÓN EUROPEA MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACION Y MEDIO AMBIENTE

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Fondo Europeo de Pesca


PRÓLOGO A posta en práctica do proxecto que reflicte estas páxinas é unha evidencia da valía dos Grupos de Acción Costeira e do seu labor de dinamización das áreas costeiras de Galicia.A confraría de Cangas traballou intensamente a través do Grupo de Acción Costeira ría de Vigo-A Guarda (GAC7) para surtir de valor á volandeira, un dos moluscos característicos da ría de Vigo. Esta publicación é un fiel reflexo dunha andaina que promoveu a confraría de Cangas en forma de papel e que recibiu axudas no marco do eixo 4 de desenvolvemento sostible das zonas de pesca dos fondos europeos. As accións realizadas pola confraría comprenderon todo o ciclo de vida da volandeira na ría de Vigo, dende a súa reproducción e a obtención de semente ata a preengorda e a súa comercialización. A iniciativa que se describe a continuación é un bo exemplo de que todo aquel que sementa logo recolle e tamén do bo aproveitamento que o sector fai do eixo 4 para diversificar e estruturar a súa actividade. A proba está en que o estudo da época de asentamento da semente e das técnicas de cultivo adaptadas ás condicións da ría de Vigo, así como a utili-

zación dun método de traballo continuado e respectuoso na cría da volandeira, repercuten na mellora da produción deste molusco. Unha boa produción, debe ir acompañada dunha boa comercialización e esta premisa salta á vista neste proxecto, que tamén analiza as canles de comercialización deste produto e inclúe un amplo estudo de mercado. O obxectivo é potenciar a incorporación de novos sistemas de trazabilidade da volandeira da ría de Vigo e aportarlle valor engadido. Dende a administración vemos con bos ollos e apoiamos a posta en práctica de iniciativas que, coma esta, parten do sector e buscan dignificar e pór en valor a riqueza dos produtos nas nosas rías, xa que repercuten en rendibilidade para a profesión. A mellor forma de facelo é a través da divulgación do produto desde todas as súas arestas, a da calidade, a da súa importancia para a economía e a das súas propiedades nutricionais e culinarias. Toda esta labor divulgativa está presente nas accións que a confraría de Cangas, a través do GAC 7, puxo en marcha para sacar á luz o potencial da volandeira da ría de Vigo.

Rosa Quintana Carballo Conselleira do Medio Rural e do Mar

3


Equipo de redacción: Prólogo onsellería do Medio Rural e do Mar C Introdución

>>

>>

Xoán M. Alonso Pérez

onfraría de Cangas C O cultivo da volandeira

>>

>>

Guillermo Román, Ángeles Louro e Paula Iglesias

Instituto Español de Oceanografía. Centro Oceanográfico de A Coruña Deseño e elaboración dunha liña de produtos e a procura de canles de comercialización para a volandeira (Aequipecten opercularis) da ría de Vigo.

>>

Instituto Español de Oceanografía: >>

Guillermo Román Cabello

>>

Ángeles Louro Pico

>>

Paula Iglesias González

>>

Carlota Rodríguez García

>>

Jose Varela Romay

>>

Teresa Granell Miyar

San Antonio alimentos del mar S.L. (Salimar): >>

Antonio F. Gómez Cerezo

>>

Susana Castro González

Colaboradores (voluntariado):

>>

Susana Castro González

>>

Convenio Universidade Vigo

>>

San Antonio alimentos del mar S.L.

>>

Club Subacuatico Galerna

>>

Mariscos Ría de Vigo, S.L

>>

Ana Isabel Vidal Garnelo

>>

Eva Iglesias García

Supervisión lingüística: >>

Xoán M. Alonso Pérez

Agradecementos: >>

Equipo da Consellería do Medio Rural e do Mar

Equipo de traballo do proxecto:

>>

Membros da Xunta Xeral e socios da Confraría de Cangas

>>

Coop. Loitamar

Confraría de Cangas:

>>

Coop. Pescabaixura

>>

Jesús David Fernández Pérez

>>

Restaurante Antolín (Cesantes-Redondela)

>>

María Berta Barreiro Ríos

>>

Portobelo Beach Club (Meira-Moaña)

>>

Xoán M. Alonso Pérez

>>

Mejillones Pilo

>>

Angel M. Núñez Cancelas

>>

>>

Jose A. Camiña Soliño

>>

Autoridade Portuaria de Vigo Manuel Pena Chapela

>>

María Teresa Pérez González

4


ÍNDICE 1.

Prólogo 0

2.

Introdución 0

3.

Cultivo da volandeira na ría de Vigo

0

3.1. Introdución. 3.2. A situación na ría de Vigo 3.3. A bioloxía da volandeira 2.3.1. Ciclo de vida da volandeira 2.3.2. A reprodución 3.4. O Cultivo 2.4.1. A captación de semente en colectores. 2.4.2. Os colectores 2.4.3. O fondeo dos colectores 2.4.4. A mostraxe periódica dos colectores 2.4.5 .O desapegue e a preengorda 3.5. Conclusións 3.6. Bibliografía.

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

4.

Deseño e elaboración dunha liña de produtos e a procura de canles de comercialización para a volandeira (Aequipecten opercularis) da ría de Vigo. Deseño dunha liña de produtos a partir da volandeira da ría de Vigo. 4.1.1. Determinación do proceso produtivo. 4.1.2. Primeira produción. Rendementos e resultados obtidos. 4.1.3. Deseño dun plan de autocontrol baseado na Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) para o proceso produtivo da volandeira.

4.1.

0 0 0 0

0

5


Difusión e promoción de novos produtos a partir da volandeira da ría de Vigo. 4.2.1. Actuacións emprendidas no marco publicitario: deseño dunha imaxe de marca, folletos, receitarios, catálogos… 4.2.2. Asistencia a feiras sectoriais. Accións emprendidas e resultados obtidos.

4.2.

4.3. 4.4.

6

Conclusións. Bibliografía.

0 0 0 0 0


1. INTRODUCIÓN. A volandeira é un molusco bivalvo, filtrador, que vive en fondos de area e cascallo, desde o infralitoral deica os 80 metros de profundidade. Ten un crecemento moi rápido, polo que ao ano xa acada os 40mm. mínimos requiridos legalmente para a súa comercialización. Por mor das especiais, e case únicas, condicións que presentan as Rías Baixas galegas, a nosa volandeira (Aequipecten opercularis) presenta unha calidade e sabor únicos: o seu baixo contido en colesterol e a grande cantidade de vitaminas que contén fan recomendable a súa inclusión nunha dieta sá. Ademais ofrece múltiples posibilidades culinarias e trátase dun produto moi económico, ao alcance de calquera peto. Non obstante dáse o paradoxo de que resulta unha gran descoñecida para o consumidor final, que adoita confundila con outras especies semellantes. Estas premisas levaron a que a Confraría de Pescadores “San Xosé” de Cangas se plantexase diversas cuestións a este respecto, e tentase procurar solucións a aspectos deste asunto, tales como dar a coñecer o seu produto nas distintas facetas (calidade, economía, propiedades alimenticias, posibilidades culinarias…) tentar desestacionalizalo, ofrecer alternativas de presentación distintas á venda en vivo, etc... Os xestores da confraría traballaron nesta dirección e, así, a finais de marzo de 2010, a entidade presentou perante

o Grupo de Acción Costeira Zona 7, Ría de Vigo-A Guarda, expediente de solicitude de axudas, ao abeiro da Orde do 27 de agosto de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais, aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, para o proxecto denominado “CULTIVO, DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA LIÑA DE PRODUTOS E A PROCURA DE CANLES DE COMERCIALIZACIÓN DA VOLANDEIRA DA RÍA DE VIGO”. O referido proxecto ten como obxectivo principal o cultivo de volandeira na ría de Vigo, unha zona que de seu presenta un gran potencial para o desenvolvemento do cultivo de volandeira, cunhas condicións excepcionais, tal e como indica a existencia dun gran banco natural desta especie. Co cultivo deste molusco, a nivel biolóxico, e como efecto inmediato destes labores, obteríase un reforzo do stock reprodutor da propia Ría, o que contribuiría ao mantemento dos bancos naturais por achega de recrutas, ao manterse aos adultos con capacidade de reprodución nunhas condicións máis vantaxosas que no medio natural (eliminación de predadores, escollas, limpezas…). Outro dos grandes obxectivos do proxecto é o de estudar e analizar os mellores métodos de transformación e canles de

7


comercialización do produto, a fin de acadar un valor engadido para este marisco, o que facilitaría en gran medida unha explotación máis racional do recurso.

>>

Emprego dun método de traballo para a transformación do produto, que garanta unha explotación racional e un valor engadido para este.

Como obxectivos específicos do proxecto atópanse:

>>

Realización dun completo estudo de mercado que garanta unha maior rendibilidade para o sector profesional que captura volandeira na ría de Vigo.

>>

Coñecemento da época de asentamento da semente, por medio do estudo do ciclo reprodutor da volandeira nos bancos naturais da Ría, datos a partir dos que se confecciona unha relación das datas de desove. Coas pautas de recrutamento desta especie téntase acadar a optimización do rendemento dos colectores deste bivalvo.

>>

Aplicación das técnicas de cultivo en uso (pre-engorda e engorda), ás condicións naturais da ría de Vigo, de cara a optimizar o rendemento (crecemento e supervivencia) ata acadar o talle comercial.

>>

Utilización dun método de traballo continuado nas operacións de fabricación de colectores, desapegue, preengorda, engorda e limpeza.

8

En definitiva, preténdese potenciar a incorporación de novos sistemas de trazabilidade da volandeira da ría de Vigo. Mais, para poder acadar unhas metas tan ambiciosas, faise precisa a colaboración doutros organismos e entidades que poidan complementar os medios dos que dispón a confraría de Cangas, e asemade aporten coñecementos e experiencias en distintos eidos, que posibiliten a consecución dos obxectivos marcados. Así os principais colaboradores neste proxecto foron o equipo do Centro Costeiro da Coruña pertencente ao Instituto Español de Oceanografía, e a empresa San Antonio Alimentos del Mar, S.L.


3. CULTIVO DA VOLANDEIRA NA RÍA DE VIGO 3.1. Introdución Neste capítulo exporemos brevemente as técnicas habitualmente empregadas no mundo para o cultivo de pectínidos. Asemade, realizaremos un breve resumo dos coñecementos da bioloxía da volandeira acadados en estudos previos efectuados en Galicia. Finalmente, e dentro deste contexto, presentaremos os resultados obtidos durante o desenvolvemento deste proxecto, incluíndo os logros e os aspectos nos que deben mellorarse as técnicas de cultivo. Os moluscos bivalvos do grupo dos pectínidos, que en Galicia inclúe a volandeira, a vieira e a zamburiña, teñen unha gran importancia económica mundial, sendo obxecto dunha intensa pesca comercial e de actividades de acuicultura. Nalgúns países, como China, Xapón, Perú e Chile, o cultivo comercial destes organismos xera unha importante actividade económica dunha forma ambientalmente sostible. De feito, na actualidade prodúcense aproximadamente 1,5 millóns de toneladas de pectínidos por medio da acuicultura; delas, China produce aproximadamente un millón de toneladas e Xapón 500.000 toneladas; entre 20 e 30 mil toneladas prodúcense en Chile e Perú e outras 1.000 toneladas no resto do mundo. É dicir, que China e Xapón producen aproximadamente o 98% do total de pectínidos cuxa orixe é a acuicultura.

A descrición da acuicultura dos pectínidos é complexa, debido a que 1) prodúcense en zonas e países diferentes, con distintas condicións ambientais, 2) empréganse especies distintas e hai que considerar que os pectínidos son un grupo heteroxéneo desde o punto de vista da súa morfoloxía, a cal está asociada ao hábitat no que viven; isto implica que distintas especies van ter distintos requirimentos, que influirán na metodoloxía de seu cultivo, 3) a semente pode obterse de dúas formas diferentes, en hatchery, en condicións controladas, ou empregando colectores fondeados no mar e 4) anque a preengorda sempre se efectúa en cultivo en suspensión, hai dous tipos de técnicas de engorda, a) sobre fondo, sementándose os exemplares directamente sobre o fondo ou dentro de currales, ou b) en suspensión, dentro de artefactos de varios tipos (cestas, caixa, gaiolas, lanternas, etc.) pendurados de bateas ou long-lines. Isto conduce a unha heteroxeneidade en canto á metodoloxía do cultivo que pode conducir a certa confusión. Non obstante, basicamente o cultivo redúcese a tres fases, obtención de semente, preengorda e engorda, levadas a cabo aplicando diferentes metodoloxías. En Asia, onde se dan as maiores producións, a obtención de semente baséase, fundamentalmente, en colectores.

9


De feito en Xapón inventouse o colector de pectínidos de dobre estrutura que revolucionou e permitiu o desenvolvemento do cultivo de pectínidos (pectinicultura). En América e Europa hai máis tendencia á produción en hatchery, ou a unha combinación de hatchery e colectores, principalmente porque os colectores non sempre captan suficiente semente, na meirande parte dos países nos que se ten probado. Por outra parte, no que se refire á engorda, en China case todo o cultivo se realiza en suspensión, e en Xapón aproximadamente a metade da produción de pectínidos cultivados, é sobre fondo. Tal vez unha das causas do retardo na produción de pectínidos a gran escala en Europa, se deba a que a especie de maior interese e á que se ten dedicado maior esforzo, a vieira, non soporta adecuadamente o cultivo en suspensión, e ata fai pouco non se iniciou o cultivo sobre fondo. As outras especies, sobre todo a volandeira, acadan pouco valor económico na maior parte dos países

europeos, e obtense unha produción abondosa por medio da pesca extractiva, polo que de momento non se recorreu á acuicultura. O cultivo de pectínidos pode resultar máis complicado e requira un investimento inicial máis elevado có de outras especies de moluscos bivalvos, por mor de que cada unha das fases del cultivo (captación, preengorda, engorda) precisan de moita man de obra en datas puntuais (construción e fondeo de colectores, desapegue, desdobramentos) e moito equipo, custoso e distinto para cada fase do cultivo (colectores para a captación de semente, pearl-nets ou cuarteiróns para a preengorda, e cestiñas, lantern-nets ou gaiolas con caixas para a engorda). Asemade, este cultivo soporta cargas por m2 menores có de outros grupos de bivalvos, o cal implica menor tonelaxe por unidade de produción e encarece o proceso de obtención do produto final.

3.2. A situación na ría de Vigo Na ría de Vigo a volandeira destaca por ser o pectínido máis abondoso e polo seu rápido crecemento. Recentemente, non obstante, a explotación dos bancos naturais está ameazada por a drástica redución das poboacións naturais por mor do efecto depredador da estrela de mar Asterias rubens que se atopa en gran cantidade nos fondos da Ría. Ante esta perspectiva, a solución máis eficaz para recuperar

a produción dun marisco tradicional da Ría, onde o porto de Cangas foi sempre o maior provedor, é aproveitar o gran potencial desta especie para a acuicultura e desenvolver o seu cultivo en suspensión. Con dito cultivo non só se evita a depredación por estrela, se non que, asemade, se consegue maior crecemento e a produción dun marisco con maior contido en carne e mellor aparencia, e por riba de todo, recuperase un produto tradicional de calidade.

3.3. A bioloxía da volandeira Antes de proceder á descrición do cultivo, consideramos conveniente describir a bioloxía desta especie, xa que o seu coñecemento é necesario para optimizar o cultivo.

10

3.3.1. Ciclo de vida da volandeira Na época de desove, a volandeira adulta sexualmente madura verte as súas células sexuales ao mar, onde ten lugar


a fecundación dos ovocitos, de aproximadamente 60 µm de diámetro. Éstes dan lugar a unhas larvas velíxer en forma de D, de 100 µm de longo, nas que o órgano máis prominente é o velo, órgano ciliado que lles permite nadar. Vanse manter nadando no plancto un mínimo de 5 semanas, durante as cales amosan variacións na morfoloxía da cuncha e dos órganos internos, desenvolvéndose un pé cara ao final da vida larvaria (larvas pedivelíxer). Ao cabo deste tempo as larvas están completamente desenvolvidas, deixan de nadar no plancto e vólvense bentónicas, para fixarse ao substrato, onde se leva a cabo a derradeira fase da metamorfose. Habitualmente, os substratos sobre Fertilización os que se asenta son filamentosos: hidrozoos, briozoos, tubos de poliquetos, algas…etc. Durante a metamorfose, que ten lugar cando a larva ten un talle de aproximadamente 250 µm, pérdense algúns órganos, como o velo e un dos músculos aductores, mentres que outros reorganízanse e desenvólvense o manto e as branquias. Estas postlarvas crecen rápidamente, na cuncha fórmanse as aurículas (orellas) e a fendedura bisal, por onde sae o pe, en cuxa base se forma o biso, estrutura filamentosa coa que a postlarva se une ao substrato. Non obstante, ten a capacidade de desprenderse do biso a vontade, formando un novo cando o precise. Nas primeiras fases do desenvolvemento da cuncha fórmase unha disocuncha, cuxa valva esquerda amosa unhas microestruturas características que permiten distinguir as postlarvas de volandeira das dos demáis pectínidos, a partir de talles de tan só 0.3 mm.

Larva pediveliger

Asentamiento y metamorfosis

Larva D

Larva trocófora Postlarva

Fase planctónica

Fase bentónica Espermatozoides

Ovocitos

Juvenil

Adulto

Ciclo de vida dun pectínido.

11


Postlarvas de volandeira de distintos tamaños, procedentes de colectores. Na parte superior amósase a valva esquerda e na inferior a valva dereita, caracterizada pola presenza da fendedura bisal. De esquerda a dereita, corresponden a alturas de 600 µm, 1 mm, 4 mm e 8 mm. Nas dúas primeiras imaxes obsérvase claramente a cuncha larvaria (de aproximadamente 0.25 mm), a continuación da cal se forma a disocuncha, e as reticulacións circulares características da valva esquerda que permiten diferenciar esta especie de da zamburiña e a vieira.

Zamburiña

Volandeira

Vieira

De esquerda a dereita, valvas de zamburiña, volandeira e vieira de aproximadamente 0.5 mm. Pódense observar as distintas microestruturas que amosa cada especie na valva esquerda e que permiten distinguir as especies entre si a partir dun talle de 300 μm.

12


3.3.2 A reprodución O coñecemento do ciclo reprodutor é esencial para a comprensión da historia de vida das especies, para a xestión das pesquerías e para o desenvolvemento da acuicultura. Desde o punto de vista comercial, en determinados países, como España, acada maior valor o produto con gónada desenvolvida. Pero o peso dos tecidos somáticos (en última instancia, o rendemento en carne, gónada excluída) varía estacionalmente en relación co ciclo reprodutor. É dicir, a maior gónada menor contido somático. No caso da volandeira isto é especialmente certo no inverno, pero non tanto en primavera-verán. O que vén significar que, á hora da comercialización, debe chegarse a un equilibrio entre gónada e soma, ou o que é o mesmo, aspecto e rendemento en carne. Isto débese a que o ciclo reprodutor (que leva aparellados crecemento e diminución de gónada) está asociado a un ciclo de acumulación de reservas enerxéticas (lípidos e 9

Índice condición músculo

8

Índice condición gónada

glucóxeno que se acumulan respectivamente na glándula dixestiva e o músculo), o que implica aumento (acumulación de reservas) e diminución (emprego de reservas) do peso destes órganos. Estudos previos realizados coa volandeira na ría de Arousa amosan que esta especie inicia a gametoxénese (crecemento da gónada) a finais de outono e continúaa durante o invierno a expensas das reservas acumuladas no músculo e a glándula (que diminúen en peso), xa que e nesas datas o alimento presente no mar é escaso. Pero a partir da primavera, cando hai alimento abondo no mar, medran os órganos somáticos citados, que acumulan reservas para o próximo outono-inverno, mentres que a gónada está en plena actividade reprodutiva con desoves e recuperacións sucesivas. Por outra banda é obvio que o coñecemento do ciclo reprodutor, que inclúe a temporada de desove, é esencial para a obtención de semente en colectores, xa que estes deben ser fondeados cando as larvas están presentes no mar. 2,5

2

7

1,5

5 4

1

IC gónada

IC músculo

6

3 2

0,5

1 0

0 6 - ene

5 - abr

4 - jul

2 - oct

31- dic

31- mar

29- jun

27- sep

Evolución los índices de condición da gónada e o músculo nunha poboación da ría de Arousa. Apréciase unha correlación inversa entre o desenvolvemento da gónada e a evolución do músculo.

13


A gónada dos pectínidos individualizase como unha lengüeta que sobresae ampliamente da masa visceral o cal favorece o estudo do ciclo reproductor ao ser fácilmente separable dos tecidos somáticos polo que se poden controlar con precisión as variacións en peso ao longo do tempo. Como se ve na figura, a gónada é un órgano bicolor. Esta especie é hermafrodita simultánea, polo que amosa un ovario de cor vermella na parte distal, e un testículo abrancazado na parte proximal.

Anatomía interna dunha volandeira, na que se aprecia claramente a gónada bicolor.

A evolución dos índices de condición da gónada, o músculo e a glándula dixestiva, (relación entre o peso de cada un destes órganos e o peso da cuncha) constitúe unha ferramenta moi útil para a descrición dos ciclos reproductivo e de acumulación e emprego de reservas da volandeira. O índice gonadal aumenta no período de gametoxénese e madura-

14

ción, e diminúe durante a posta existindo unha correlación máis ou menos inversa entre o desenvolvemento da gónada e a evolución do tecido de reserva durante a maior parte do ano, menos evidente durante o período de cría por mor das rápidas e frecuentes oscilacións da gónada. En épocas de abundancia de alimento no medio, a volandeira almacena lípidos na glándula dixestiva e glucóxeno no músculo, para ser utilizadas posteriormente no desenvolvemento gonadal. As proteínas do músculo poden actuar tamén como reservas enerxéticas, en períodos de escaseza de nutrintes no medio e niveis de carbohidratos baixos. A estratexia reprodutiva da volandeira implica, asemade, un longo período de cría con varias postas parciais, seguidas dunha rápida maduración de gametos de menos dun mes de duración. A volandeira amosa gametoxénese invernal, rexistrándose máximos en marzo, maio, xuño-sempre-, e agosto ou xullo-agosto e setembro segundo os anos. Relacionamos esta pauta reprodutiva con maduracións e desoves parciais e sucesivos. Obsérvase unha pauta xeral de varios desoves, con fases de desove continuado. Anque a pauta xeral de reprodución e acumulación e emprego de reservas da volandeira en Galicia, se tíña estudado previamente na ría de Arousa, considerouse conveniente realizar estudos para confirmar os períodos nos que tiñan lugar os desoves da volandeira na ría de Vigo e ser máis precisos na colocación dos colectores. Confirmouse a pauta de desoves sucesivos, seguidos da rápida recuperación da gónada durante un período que se iniciou no inverno de 2010 e rematou en xullo de 2011. Observáronse tres máximos no valor do índice de condición da gónada, a mediados de febreiro, de marzo e de maio. Os dous primeiros picos foron seguidos dun baleirado moi rápido da gónada, xa que se rexistra nun período de 15 días, mentres que no terceiro pico o baleirado é máis lento e prolóngase por dous meses. Na figura represéntanse os valores máximo e mínimo rexistrados en cada mostraxe. Até o segundo desove (mediados


de marzo) non se observan valores máximos elevados. Isto indicaría que o primeiro desove foi de pouca importancia, e que até marzo, e en datas posteriores, non teñen lugar os desoves importantes que darán lugar aos recrutamentos

principais do ano. Xa que logo, as operaciones de captación de semente deben realizarse fondeando colectores principalmente entre os meses de abril e xuño.

6

5

4

3

2

1

0 8 -nov

8 -dic

7 -ene

6 -feb

8 -mar

7 -abr

7 -may

6 -jun

6 -jul

5 -ago

Evolución do índice de condición gonadal da volandeira na ría de Vigo entre novembro de 2010 e xullo de 2011. Indícanse os valores máximo e mínimo rexistrados en cada mostraxe.

3.4. O Cultivo Para impulsar o cultivo da volandeira na ría de Vigo vai ser necesario, como para todos os pectínidos, desenvolver as tres fases do cultivo. Consecuentemente, o traballo programouse para desenvolver de forma progresiva estas tres partes, avaliando os resultados obtidos. En primeiro lugar, a obtención de semente por medio de colectores, e a seguir as dúas fases de cultivo en suspensión en batea, o cultivo intermedio (preengorda en pearl-nets e lantern-nets) e o final (engorda en lantern-nets e en caixas dentro de gaiola) até que os organismos acadan o tamaño comercial. Esta última parte atópase aínda en fase de

execución, xa que a fase de engorda debe seguir o seu curso natural, polo que estimamos que non se poderán avaliar os resultados deica principios do outono.

3.4.1. A captación de semente en colectores. Comentamos previamente que cando as larvas dos pectínidos acadan a “competencia”, procuran activamente substratos filamentosos sobre os cales fixarse e onde terá lugar a metamorfose. A obtención de semente por

15


medio de colectores baséase precisamente en subministrar un material filamentoso artificial no que teña lugar o asentamiento e metamorfose da semente. Cando hai unha poboación abondosa de volandeiras, no intre do desove xérase unha gran cantidade de larvas que, á súa vez, darán lugar á semente, se esta se atopa nun lugar axeitado no que fixarse. Velaí a importancia de coñecer o ciclo reprodutor. Este coñecemento é fundamental para determinar en qué data ou datas teñen lugar os desoves e cando deben de colocarse os colectores no mar, xa que se se colocan demasiado pronto, os colectores son colonizados por organismos indesexados que impiden e/ ou dificultan a fixación das especies de interese, mentres que se se fondean demasiado tarde, a semente xa que se terá fixado sobre outros susbtratos, polo que no se conseguirá ningunha fijación nos colectores que fondeemos. E non só cando, senón que tamén é importante saber onde, tanto la situación xeográfica na que colocar os colectores como a profundidade á que estes deben situarse.

Con respecto á profundidade de fondeo, observouse en estudos previos que a máxima captación ten lugar a profundidades de arrededor de 20 m, en colectores situados entre 0.5 e 3.0 m sobre o fondo.

3.4.2.- Os colectores O colector empregado para a captación de pectínidos é de dobre estrutura, e consta dun núcleo ou recheo filamentoso, no que se fixará a semente, colocado no interior dunha bolsa de malla fina, -no noso caso de 1.2 mm de lado-. O recheo funciona como substrato de fixación, mentres que a bolsa permite o paso das larvas e da auga de mar con alimento, pero evita que la semente se perda unha vez fixada, ya que adoita desprenderse do biso. Tralo fondeo, permanecerán no mar un período de 16 a 20 semanas, durante o cal a semente medra e acada un tamaño fácilmente manexable. A semente de talles inferiores a 10 mm é moi fráxil e de difícil manipulación sen causarlle fracturas.

Fondeáronse colectores en varios puntos da ría de Vigo, entre Rande e Cangas, tal e como se amosa na figura.

Situación dos puntos de fondeo dos colectores

16

Colectores preparados para o seu fondeo


3.4.3.- O fondeo dos colectores As bolsas colectoras colocáronse en trece grupos de catro, unidas por unha brida ao cabo, con cada un dos grupos separados 20 cm entre sí, é dicir, un total de 52 colectores por liña. Posto que o primeiro grupo se uniu ao cabo a 0.5

m do fondo, a lonxitude operativa do cabo acadaba 2.90 m. Nas proximidades das bateas fondeáronse liñas simples: un cabo, colectores, unha boia e un morto. No Lousal, inicialmente, fondeáronse as liñas simples unidas por un cabo madre, en forma de long-line de fondo. As dificultades para o seu izado leváronnos ao fondeo de liñas simples.

Sistema de fondeo de colectores, liña simple e long-line de fondo.

Os fondeos realizáronse en datas acordes cos desoves rexistrados na poboación natural de volandeira. Tendo en conta o anterior, comezouse o fondeo de colectores entre o 22 de marzo de 2011 (fondeo 1, F1). O seguinte fondeo (F2) tivo lugar o 18 de abril. En ambos os casos os colectores somerxéronse no mar 3-4 semanas despois de rexistrarse desove, dando tempo a que as larvas se desenvolvesen y acadasen a competencia (grao de desenvolvemento a partir do cal as larvas teñen capacidade para realizar a metamorfose), para o que requiren un mínimo de 5 semanas. Os fondeos posteriores realizáronse o 6 de maio (F3), 19 de maio (F4),

3 de xuño (F5) e 22 de xuño (F6), que, segundo se observou en experiencias anteriores, son as mellores datas de fondeo nas nosas augas para asegurar a obtención de semente. Os dous primeiros fondeos realizáronse a carón das bateas dos polígonos C, D e E de Cangas e na boia do Lousal. Observouse que os colectores fondeados a rentes das bateas no só captaban menos semente cós fondeados na boia do Lousal, senón que frecuentemente, ou ben se enlean na cadea, ou ben resultan arrastrados por artes de pesca. Xa que logo, a partir do terceiro fondeo todas as liñas de colectores situáronse na boia do Lousal.

17


>>

Datas e lugares de fondeo dos colectores (entre parénteses, o número de liñas de colectores fondeados). Referencia

data de fondeo

Polígono C

Polígono E

Boia Lousal (2)

F1

22 marzo

(8)

(2)

(8)

F2

18 abril

(6)

(2)

(6)

F3

6 maio

(15)

F4

19 maio

(12)

F5

3 xuño

(14)

F6

22 xuño

( 5)

3.4.4.- A mostraxe periódica dos colectores Cando a obtención da semente depende de colectores fondedados no mar, sobre os que non hai ningun tipo de control externo, é conveniente realizar inspeccións periódicas para rexistrar a intensidade de captación e a presenza de predadores. Por outra parte, a mostraxe periódica dos colectores permite saber cantos deles quedan no mar, xa que desafortunadamente unha boa parte deles desaparecen por actividades externas ao cultivo, por mor de carencias na ordenación e vixilancia del litoral. Con este control periódico dos colectores pódense facer estimacións máis precisas da producción final e por tanto, planificar as actividades de desapegue e as necesidades de material. Por outra banda, se a presenza de depredadores fose elevada poderíanse adoptar as medidas pertinentes.

3.4.5.- O desapegue e a preengorda Por medio das análises periódicas de colectores concluíuse que houbo fixación de volandeira procedente dos desoves de invierno. Polo tamaño da semente no intre da análise, posiblemente proceda do segundo desove rexistrado, que tivo lugar a mediados de marzo e cuxa fixación se tería producido a finais de abril. A finais de maio mantense a cantidade de semente de volandeira, o que indica que non

18

Polígono D

houbo novas fixacións despois da primeira mostraxe (4 de maio). A finais de xuño rexistrouse o groso da fixación do ano nas series de colectores F3 e F4, fondeados na boia do Lousal os días 6 e 19 de maio, respectivamente, mentres que nos colectores do fondeo F5 (3 de xuño), de menos dun mes de idade, rexístrase un número menor de fixacións. A distribución de talles da volandeira rexistrada nos colectores dos fondeos F3 e F4, indícanos a presenza dunha fixación recente, pertencente a unha segunda quenda, de pouco máis dun mes, é dicir, que probablemente tivese lugar a mediados de maio. Esta fixación está tendo lugar na serie F5 no intre da mostraxe.


>>

Número medio de exemplares por colector rexistrados o 30/6, correspondentes aos fondeos F3, F4 e F5. Boia Lousal

Fondeo 3

Fondeo 4

Fondeo 5

nº medio

sd

nº medio

Sd

nº medio

sd

Aequipecten opercularis

414.0

73.4

337.3

80.0

181.0

18.1

Pecten maximus

42.0

9.0

28.0

9.0

7.0

2.0

Chlamys varia

21.5

10.5

23.0

8.2

11.3

9.3

Asterias rubens

1.5

6.8

2.3

3.2

4.3

0.6

frecuencia

100 90

F3

80

F4

70

F5

60 50 40 30 20 10 0 0

1

2

3

4

5 6 altura (mm)

7

8

9

10

Distribución de frecuencias do talle da volandeira das series F3, F4 e F5 o 30 de xuño.

Na mostra realizada a finais de xullo o número medio de volandeiras por colector diminuíu en comparación cos valores do mes anterior, o que constitúe un feito normal, xa que cando son xuvenís, os individuos poden ser depredados por

gran número de organismos. O número de sementes en F5 mantense na mesma orde de valores, e lévase a cabo, por primera vez, a serie F6, onde se rexistra un número medio de 168.5 ± 67.2 volandeiras por colector.

19


>>

Número medio de exemplares por colector nas mostraxes realizadas o 27/7 Boia Lousal

Fondeo 3

Fondeo 4

Fondeo 5

Fondeo 6

nº medio

sd

nº medio

Sd

nº medio

sd

nº medio

Sd

Aequipecten opercularis

241.3

45.0

227.7

120.0

161.3

80.3

168.5

67.2

Pecten maximus

27.3

10.1

21.7

10.6

8.7

2.3

1.5

2.1

Chlamys varia

42.3

20.4

45.7

12.6

15.0

6.2

14.0

11.3

Asterias rubens

0.0

0.0

0.7

0.6

1.0

1.0

1.0

1.4

O talle medio aumentou notablemente, sobre todo nos colectores máis antigos. A semente correspondente a F6 amosa un valor máximo en talles pequenos (1 mm), xa que é de fixación recente (de feito, os colectores da serie F6 fondeáronse o 22 de xuño). Este mesmo pico, pero con menor intensidade, obsérvase nas series F5, F4 y F3, xa que é normal que canto máis vello sexa o colector, menos fixación recente vai ser capaz de recibir. F5 amostra unha distribución

bimodal, cun pico en talles pequenos e outro en talles de entre 8 e 10 mm, correspondente á fixación previa doutra partida de semente, que se observou o 30 de xunio. Nas series F3 e F4 obsérvanse as dúas partidas citadas, máis outra, con talle medio de arredor de 12 mm, que se asentou nos colectores antes de que se fondeara F5. Estes resultados confirman as previsións realizadas a partir dos datos do ciclo reprodutor, segundo as cales se agardaba a fixación do segundo desove a partir de abril, e unha fixación máis intensa a partir de mediados de maio até finais de xuño, que pode consistir nunha ou máis riadas de fixación. Como vemos, a mostraxe periódica de colectores permite identificar as diferentes partidas de volandeira que se fixan, así como seguir a súa evolución; é dicir a variación positiva (nova fixación) ou negativa (mortaldade) en número e talle. Isto permite planificar o desapegue. Para proceder ao desapegue baléirase o contido do colector en capachos ou cestos cheos de auga, desapegando a semente que poida estar adherida ao recheo do colector ou ao interior da bolsa colectora. A continuación realízanse unha serie de cribados sucesivos co material obtido (semente e fouling, incluíndo predadores) empregando peneiras de luz cada vez menor, que xeralmente se inicia en 15 mm, continúa en 10 mm e remata

Desapegue da semente

20


en 7 mm. O material retido en cada tamaño de peneira selecciónase, separando a semente e desbotando o resto. Posteriormente estabúlase en lanternas. No material final, que pasa a través da criba de 7 mm de diámetro, hai semente de pequeno tamaño, sobre todo zamburiña, que amosa un crecemento lento. Este material sobrante colócase no interior de pearl-nets, de 2 x 3 ‘5 mm de malla. Unha vez mergulladas, o mar traballa sobre elas, eliminándose o material de menor tamaño e ficando a semente relativamente limpa. Desta forma aprovéitase a meirande parte da semente de pequeno tamaño. As operacións de desapegue implican a eliminación dos predadores, a selección da semente por talle, mediante tamizado, e a súa colocación nos artefactos de preengorda a densidades controladas e prefixadas. Os días 21 e 22 de setembro despegáronse 16 bolsas colectoras dos fondeos F3, F4, F5 e F6, situados na boia do Lousal. Contouse e mediuse o que había en 4 colectores de cada serie. Deste xeito obtivéronse valores medios do número e talle de cada especie. Peneirado da semente obtida no desapegue

F3

F4

F5

F6

Nº medio

sd

Nº medio

sd

Nº medio

sd

Nº medio

sd

A. opercularis

154.0

24.1

243.8

29.2

185.8

72.9

171.3

26.4

P. maximus

14.8

4.5

19.0

5.7

31.0

14.0

12.0

4.7

C. varia

4.5

3.4

5.0

0.8

33.5

22.6

3.8

3.0

Con esta información estimamos a cantidade total de semente obtida, da seguinte maneira: Número medio de semente de cada especie rexistrado en cada serie de colectores por número total de colectores,

neste caso 16 bolsas por serie. De acordo con esta estimación, a producción obtida en 64 colectores foi de 14.052 sementes distribuidas da seguinte forma:

21


F3

F4

F5

F6

Total 64 colectores

A. opercularis

2464

3900

2972

2740

12076

P. maximus

236

304

496

192

1228

C. varia

72

80

536

60

748

As técnicas de cultivo empregadas en China e Xapón dan gran importancia ao peneirado selectivo da semente, polo que neste primeiro ano se aplicou a devandita metodoloxía ao total da semente obtida, de cara a avaliar a súa eficacia. Para isto procedeuse ao desapegado da semente doutras 12 bolsas de cada serie. Esta semente non se contou, anque se estimou o seu número por volume e, posteriormente, cribouse a través de mallas de 15, 10 e 7 mm de diámetro. Para estimar o número por volume, después de peneirar, contouse o número de semente que cabía nun recipiente determinado, -neste caso un vaso de plástico-, que se emprega despois como unidade de referencia para encher as lanternas. Para isto engádese a cada piso das lanternas o número de vasos cargados de semente que sexan necesarios para lograr unha densidade prefixada. O número total de vasos que se empregan até acabar a producción do desapegue, dános o total de semente obtida. Por este sistema estimáronse 947 sementes (mezcla de volandeira, vieira e zamburiña) maiores de 15 mm (x=22’0 mm), 6.352 maiores de 10 mm (x=17’3 mm), 6.287 maiores de 7 mm (x=13’4mm), ou o que é o mesmo, un total de 13.586 sementes, valor lixeiramente inferior ao calculado pola estima descrita previamente. Pero hai que considerar que un número indeterminado coou a través da peneira de 7 mm. Este remanente é de moi difícil cuantificación, xa que se compón de fouling e semente moi pequena.

22

Peneirado da semente obtida no desapegue

Con esta semente realizouse un cultivo experimental, que se distribuíu en 10 lanternas de 5 pisos, da seguinte maneira: Preparáronse 8 pisos con semente maior de 15 mm, 27 pisos con semente maior de 10 mm, e 14 pisos con semente maior de 7 mm, como se expón na táboa que segue a continuación. Ademais, empregáronse 7 pearl-nets co material que coou a través da criba de 7 mm.


Pisos

Tamiz

nº/piso

Talle volandeira

8

>15

118.4

22.0

27

>10

235.3

17.3

14

>7

449.1

13.4

riormente, e cando acaden maior tamaño deberán realizarse desdobramentos para diminuír a carga por piso. Non obstante consideráronse densidades axeitadas para estabular o desapegue, iniciar a preengorda e avaliar a resposta.

Estes números son interesantes porque permiten estimar as necesidades de material nun futuro, xa que podemos calcular que do desapegue de 64 bolsas, cunha densidade media de 220 sementes por bolsa, se necesitan, no intre do desapegue, 50 pisos de lanternas para semente seleccionada e 7 pearl-nets para semente menor de 7 mm, ás densidades indicadas na táboa anterior. Poste-

O 17 de novembro levantáronse todas as lanternas (agás unha de semente >10 mm, que se empregou como control) e mediuse o talle de cada grupo seleccionado na mostraxe anterior. De acordo con iso, a semente maior de 15 mm en setembro (x0=22’0) pasou a un talle xt = 33’3 mm; a de talle > 10 mm (x0=17’3 mm) pasou a xt = 31’.2 mm, e a de talle >7 mm (x0= 13’4 mm) pasou a xt =27’1 mm, é dicir, que as taxas de crecemento foron

2500 Tamiz 15 mm 2000

Tamiz 10 mm Tamiz 7 mm

frecuencia

1500

1000

500

0 9

11

13

15

17

19

21

23 25 27 altura (mm)

29

31

33

35

37

39

Distribución de frecuencia de talles da semente desapegada o 22 de setembro, despois de ser seleccionada por cribas de distintos diámetros

23


2500 Tamiz 15 mm 2000

Tamiz 10 mm

frecuencia

Tamiz 7 mm 1500

1000

500

0 9

11

13

15

17

19

21

23 25 27 altura (mm)

29

31

33

35

37

39

Distribución de frecuencia de talles da semente desapegada o 22 de setembro despois de ser seleccionada por peneiras de distintos diámetros, mantida en batea desde o 22 de setembro deica o 17 de novembro.

de 0’19 mm por día, no caso da semente seleccionada en peneira 15 mm e de 0’23 a retida en cribas de 10 e 7 mm. A continuación cribouse toda a semente por luces de 25 e 20 mm. O fundamento desta técnica radica en 1) seleccionar a semente máis grande de cara a comprobar se se pode obter parte da produción o antes posible, e 2) manipular a semente o menos posible, para aforrar en material e man de obra. As que quedaron retidas en 25 mm (8.670 unidades) colocáronse en 5 lanternas de 10 pisos, de malla 12; as que non coaron en luz de 20 mm (5.110), colocáronse en 2 lanter-

24

nas de 10 pisos, malla 9 mm, e as que atravesaron a criba de 20 mm (1.566) metéronse en 2 lanternas de 5 pisos, en total 15.346, máis as dunha lanterna de semente >10 que non se tocou (1.050 sementes). A estimación do total de semente é de 16.396 unidades, superior á estimada na mostra anterior (14.052). Nesta data quedaron en marcha os seguintes cultivos: Cultivo 1. Semente > de 10 mm que non se manipulou. (1 lanterna de 5 pisos). Cultivo 2. Iniciouse unha experiencia empregando a semente >25mm, que se colocou en lanternas a 3 densida-


des diferentes: 85 (D1), 170 (D2) e 255 (D3) por piso. (5 lanternas, 1 de D1, 3 de D2, 1 de D3). Cultivo 3. A semente retida en 20 mm cultivouse a unha densidade de 280 por piso (2 lanternas). Cultivo 4. A cría menor de 20 mm a 164 por piso (2 lanternas). O 12 de xaneiro realizouse unha nova mostraxe da semente.

Semente de volandeira ao cabo de dous meses de preengorda

Cultivo 1. A lanterna de semente orixinalmente >10 mm, que non se manipulou desde setembro e que teoricamente tiña 210 sementes por piso, de talle medio 17’3 mm, o 12 de xaneiro tiña un talle medio de 34’5 mm. O número medio rexistrado foi de 160’4 volandeiras e 19’4 vieiras de talle medio 28’8 mm. (Ou sexa, un total de 179’8 sementes por piso, 85’6% do número inicial). O número total de sementes da lanterna é de 899. Cultivo 2. A semente maior de 25 mm, que se cultivou a 3 densidades: D1=85, D2=170 e D3=255 por piso, no intre da mostraxe presenta a seguinte densidade: D1= 76 volandeiras de talle medio 36’6 mm máis 4’5 vieiras de talle 33’4 mm (80’5/piso, o 93’8% do número inicial); D2= 138 volandeiras de 34’7 mm máis 10 vieiras de 31’2 mm (148/ piso, 87’1%); e D3=201 volandeiras de 34’1 mm máis 18’3 vieiras de 30’5 mm (218’3/piso, 85’9%).

Distribución en lanternas de semente seleccionada

Tanto a volandeira como a vieira (que está a menor densidade: 80’5 unidades por piso) amosan un talle significativamente maior cá cultivada a 148 e 218 por piso. É interesante comprobar que a semente que se deixou desde setembro sen manipular, sen ningún tipo de selección posterior, presenta un talle igual có da semente seleccionada de máis de 25 mm, cultivada a densidades D2 e D3. En todos os casos a densidade de cultivo foi elevada (179’8, 148 e 218 individuos por piso, na semente non manipulada en novembro e na seleccionada e cultivada a densidades D2 e D3). Isto

25


significa que a partir de cantidades de 150 sementes por piso rexístrase efecto negativo da densidade. O número total estimado de individuos nas 5 lanternas de semente seleccionada, de máis de 25 mm, é de 7.736.

Empeza a aparecer algunha zamburiña, que non se atopou nas outras lanternas, por mor do proceso de selección; ao medrar máis a modo, coan polas peneiras e fican retidas nas cribas de menor tamaño, como se verá no seguinte cultivo.

Cultivo 3. Nas lanternas con semente retida en 20 mm, cultivada a unha densidade de 280 por piso, atopouse unha media de 231 volandeiras de 30’0 mm, 16’7 vieiras de 23’8 mm e 2’3 zamburiñas de 26’1 mm. O número medio de sementes por piso é de 250, 89’3% do número inicial.

o número total estimado de sementes nas dúas lanternas é de 5.218. Cultivo 4. Este cultivo contén a cría de menor tamaño. Ol número inicial estimado era de 164 semillas por piso. No momento da mostraxe acháronse 75’7 volandeiras de 22’8 mm, 12’3 vieiras de 18’8 e 75 zamburiñas de 20’7 mm, o que significa un total de 165 sementes por piso, igual ao número inicial. O número total estimado de sementes é de 1.630. Detes resultados despréndese que, segundo parece, a mellor opción é, despois do desapegue, non seleccionar a semente (agás a menor de 7 mm) e deixala sen manipular até o mes de xaneiro, e daquela realizar os desdobramentos pertinentes, seleccionando por talles, pero partindo de densidades non superiores a 150 exemplares por piso. En xaneiro, no conxunto do cultivo, que se orixinou coa semente obtida polo desapegue de 64 bolsas colectoras, hai un total estimado de 15.484 sementes, das cales 13.596 son volandeiras, 1.120 son vieiras e 798 son zamburiñas. Estas cifras son bastante parecidas ás obtidas coa primeira estimación da cantidade de semente obtida no desapegue, de 12.076 volandeiras, 1.228 vieiras e 748 zamburiñas. Ou sexa que, desde o desapegue en setembro, até xaneiro, houbo unha mortaldade moi baixa e unha taxa de crecemento considerable. A meirande parte da volandeira e da vieira ten un talle medio superior aos 30 mm, e a zamburiña de 20 mm. Ol 13 de marzo realizouse unha nova mostraxe:

Gaiolas experimentais para engorda de volandeira

26

Cultivo 1. Semente > de 10 mm que non manipulou (1


lanterna de 5 pisos). Na data da mostra rexistráronse 158’2 volandeiras por piso, en total 791, cun talle medio de 36’8 ±2’5 mm e 19’8 vieiras por piso, en total 99, cun talle medio de 28’6 ± 2’9 mm . Cultivo 2. D1 (1 lanterna de 10 pisos, 85/piso): rexistráronse 70’3 volandeiras por piso, en total 703, cun talle medio de 41’6 ± 2’2 mm e 6’7 vieiras por piso, en total 67, con talle medio de 37’1 ± 2’8 mm. D2 (3 lanternas de 10 pisos, 170/piso): Atopáronse 137’7 volandeiras por piso, en total 4.406, cun talle medio de 38’0 ± 2’3 mm e 8’7 vieras por piso, en total 277, cun talle medio de 33’9 ± 3’8. D3 (1 lanterna de 10 pisos, 255/piso): verificouse un número de 199’3 volandeiras por cesta, en total 1.993, cun talle medio de 37’6 ± 2’3 e 15’7 vieiras por piso, en total 157, cun talle medio de 29’9 ± 2’8mm. Cultivo 3. A semente retida en 20 mm cultivouse a unha densidade de 280 por piso (2 lanternas). Na mostraxe de marzo, o número de volandeiras por piso foi de 273’0, é dicir un total de 5.733, cun talle medio de 34’2 ± 3’2mm e 17’3 vieiras por piso, en total 364, cun talle medio de 25’4 ± 2’0, y 12’7 zamburiñas por piso, en total 266, cun talle medio de 29’1 ± 1’6 Cultivo 4. A semente menor de 20 mm cultivouse a 164 unidades por piso (2 lanternas). Na mostra atopáronse 84’7 volandeiras por piso, en total 847, cun talle medio de 31’4 ± 3’8, 7’5 vieiras por piso, en total 75, cun talle medio de 25’3 ± 3’8 mm e 66’7 zamburiñas por piso, en total 667, cun talle medio de 26’8 ± 4’9 mm.

667 zamburiñas, é dicir, un total de 16.179, lixeiramente superior ás estimacións anteriores. Un dos obxectivos deste traballo era realizar probas de crecemento de volandeira en gaiolas con caixas dentro. Isto por dúas razóns: as linternas son un produto de importación, caro e de manejo complicado; a segunda razón é que poden ser roubadas de maneira doada, como xa ocorreu. Polo contrario, as gaiolas fabrícanse a nivel local, son máis asequibles, voluminosas e moi pesadas, por lo que o seu robo é más difícil. Non obstante, non se coñece a resposta da semente mantida nestes artefactos. As gaiolas están constituidas por unha armazón galvanizada na que se encaixan 4 grupos de 14 bandexas cun enreixado de 10 mm, polo que a dimensión mínima da semente (o grosor neste caso) debe ser superior a 10 mm, que corresponde a unha altura de 40 mm. Este tamaño obtense peneirando a semente por criba de 35 mm. Por iso, para proceder a este experimento, cribouse toda a semente das experiencias 1 e 2, -as que tiñan acadado maior tamaño-, a través de peneira de 35 mm. Os cultivos 3 e 4 se mantivéron sen cambio. Tralo cribado en 35 mm, ficaron retidas 6.262 volandeiras de talle 40’1 ± 2’2, mientras que 1.950, de talle medio 36’0 ± 1’9 pasaron a través da peneira. Estas últimas estabuláronse en 15 pisos de lanterna. As de maior tamaño colocáronse en caixas dentro dunha gaiola, a dúas densidades, 124 e 186 volandeiras por piso. As volandeiras empregadas para este cultivo en gaiolas parten dun número inicial de 9.720 en novembro. Cando se comeza este experimento, dese número inicial quedaban 8.212 (84’5%), das cales o 76’3% superaban o talle de 40 mm (o 64’4% da cantidade orixinaria).

O número estimado de cría de pectínidos presente no cultivo experimental é de 14.473 volandeiras, 1.039 vieiras e

27


Peneirado da semente en criba de 35 mm, antes de proceder á engorda en gaiolas

Estabulación dos xuvenís en bandexas para a súa engorda

O 10 de maio realizouse a derradeira mostraxe, antes de finalizar o proxecto. A volandeira mantida en gaoilas amosa un pequeno incremento, acadando talles de 43’1 ± 2’2 y 42’5 ± 2’1 mm, respectivamente, as mantenidas a 124 e 186 exemplares por bandexa. A semente que en marzo coara por criba de 35 mm, de talle medio 36’0 ± 1’9 mm, acada en maio un talle medio de 39’8 ± 2’2 mm, e fica retida na criba de 35 mm. Por iso, pásase ao seu cultivo en bandexas, ás mesmas densidades. Cultivo 3. A volandeira acada un talle medio de 38’6 ± 2’7 mm, polo que é axeitada para ser peneirada por 35 mm e pasar ao cultivo en bandexas. O 88’0 % da semente fica

28

retida en criba de 35 mm. Cultivo 4. Neste cultivo aproximadamente a metade da semente é zamburiña. Na data da mostra hai 745 volandeira e 662 zamburiñas. Anque a volandeira amosa un gran incremento en talle, e acada os 38’2 ± 3’3 mm, polo que ten tamaño suficiente como para ser seleccionada en criba de 35 mm, preferiuse manter o cultivo para estudar a resposta da zamburiña, xa que a penas hai información sobre o crecemento desta especie. A zamburiña obtén un talle medio de 33’3 ± 3’8 mm.


45

40

altura (mm)

35

control

30

<20mm 25

>20mm >25mm D1

20

bandejas 15 14-sep

14-oct

13-nov

13-dic

12-ene

11-feb

12-mar

11-abr

11-may

Curvas de crecemento de volandeira procedente da selección de talles iniciais distintos. O control corresponde a volandeira de talle inicial >10 mm, e mantida sen manipulación de ningún tipo deica marzo. O rápido crecemento da semente <20 mm posiblemente se deba á baixa densidade á que se cultivou.

29


3.5.- Conclusións O coñecemento do ciclo reprodutor, o máis exacto posible, do momento en que teñen lugar os desoves é esencial para unha xestión axeitada da captación da semente. Se ben o ciclo reprodutor da volandeira é coñecido nas rías galegas, téñense observado variacións interanuais nas datas nas que ten lugar o desove, datos que é necesario coñecer para optimizar a captación. En 2011 rexistráronse postas a mediados de febreiro, mediados de marzo e mediados de maio, polo que os colectores se fondearon a partir de marzo, para dar tempo a que as larvas do primeiro desove se desenvolvesen e acadasen a competencia, para o cal se require un período mínimo de 5 a 6 semanas. De acordo cos resultados da primeira mostraxe, realizada a principios de maio, a fixación acaba de iniciarse xa que o talle medio da semente é inferior a 1 mm. É dicir, que corresponda ao segundo desove, que tivo lugar a mediados de marzo, tiéndose perdido a primeira partida larvaria, anque como xa se comentou, a primeira posta foi de pouca intensidade. A segunda posta rexistrouse a partir do 18 de marzo, e a fixación tivo lugar a finais de abril ou principios de maio, tal e como demostra o talle da semente fixada nos colectores das series F1 e F2, é dicir, que transcorreron entre 5 e 6 semanas entre o desove e a fixación, tal e como estaba previsto. Anque se confirman as datas óptimas rexistradas deica a actualidade, que corresponden a maio e xuño, o fondeo de colectores en abril podería dar resultados positivos. A zona máis axeitada para a captación de semente é a boia do Lousal. Non obstante, nesta zona ten lugar unha forte sedimentación, observándose a presenza de masas lamacentas moi consistentes, dentro dos colectores, que moi posiblemente afecten de forma negativa ao crecemento.

30

Plantéxase a posibilidade de mover os colectores ao cabo de tres meses, se neles se ten rexistrado unha fixación axeitado, para fondealos na batea de engorda. Esta acción facilitará ademáis as operacións de desapegue. Non obstante debería controlarse a evolución dos colectores neste novo ambiente, por se tivesen lugar fixacións posteriores de mexillón ou estrela. Houbo problemas relacionados coa pesca, tanto comercial como deportiva, polo que consideramos imprescindible a delimitación dunha zona de actividades restrinxidas, como parte de ordenación da costa para distintas actividades. O número final de semente obtida, sen ser tan espectacular como o obtido nos anos 2008 (5.000 volandeiras por colector) e 2009 (1.000 volandeiras por colector), é adecuado para intentar o desenvolvemento do cultivo. Valores medios de arredor de 200 volandeiras por colector converteranse en 4-5 kg de volandeiras de talle comercial ao cabo dun ano. A redución no número de fixacións con respecto a anos previos débese indubidablemente ao descenso no número de volandeiras nos bancos de pesca. Este proxecto baséase na presenza dun banco moi rico de volandeira, presente nos fondos da Ría, que é o subministrador da semente. A gran mortaldade rexistrada nos bancos de volandeira da ría de Vigo débese probablemente á abondosa poboación de estrela de mar presente neles. Estudos recentes (Magnesen e Redmond, 2011) amosan que unha estrela de 95-115 mm de brazo consome 0’88 vieiras de 40 mm por día, con valores máximos de até 2’44 vieiras por día. Se extrapolamos os datos á volandeira, podemos dicir que unha soa estrela pode eliminar un mínimo de 320 volandeiras ao ano. Se as estrelas son de menor tamaño


(50–80 mm de brazo) aliméntanse con vieras dun máximo de 35 mm. É decir que darían conta da nova fixación que aparecese nos bancos. Por todo iso, e para manter un banco abundante na Ría, é imprescindible proceder á limpeza de fondos para eliminar a estrela, que se alimenta tamén doutros bivalvos de interese, como todas as especies de ameixa, ostras, etc.

Cuestionámonos a necesidade de tanta selección por peneirado. Obviamente, debe realizarse un primeiro cribado no intre do desapegue, sobre todo para eliminar o fouling e os predadores e de cara a aproveitar a semente menor de 7 mm. O fouling e os predadores deben seleccionarse por cribados, xa que é máis sinxela a súa separación; esta selección implica que tamén a semente quede seleccionada. Pero, unha vez iniciada a preengorda, non consideramos que sexa necesaria uhna nova selección até chegar á fase de engorda, ben que se realice esta en gaiolas ou en lanternas. E a data de engorda probablemente poida retrasarse até abril ou maio, se a densidade inicial é moderada. Que a densidade moderada afecta significativamente á taxa de crecemento queda demostrado polo crecemento acadado polos individuos >25 mantidos a 3 densidades distintas, xa que aos dous meses de iniciada a preengorda, as mantidas a menor densidade son significativamente maiores. Que non é necesaria unha selección por talle moi frecuente, demóstrao que os pectínidos >10 mm en setembro acadan igual talle cós seleccionados por criba >25 en novembro e mantidos a densidades comparables durante cuatro meses. O que significa que, unha vez feita a primeira selección no desapegue, se a densidade non é alta, pode manterse a preengorda até abril ou maio con bos resultados.

31


3.6. Bibliografía. >>

>>

Broom, M. J. (1976). “Synopsis of biological on scallops Chlamys (Aequipecten) opercularis (Linaeus), Argopecten irradians (Lamark), Argopecten gibbus (Linnaeus).” FAO FISHERIES SYNOPSIS Nº 14. Brand, A. R., J. D. Paul, et al. (1980). “Spat settlement of the scallops Chlamys opercularis (L.) and Pecten maximus (L.) on artificial collectors.” J. Mar. Biol. Ass. U. K. 60: 379-390.

>>

Paul, J. D., A. R. Brand, et al. (1981). “Experimental cultivation of the scallops Chlamys opercularis (L.) and Pecten maximus (L.) using naturally producing spat.” Aquaculture 24: 31-44.

>>

Paul, J. D. (1981). “Natural settlement and early growth of spat of the queen scallop Chlamys opercularis (L.) with reference to the formation of the first growth ring.” J. moll. Stud. 47: 53-58.

>>

Richardson, C. A., A. C. Taylor, et al. (1982). “Growth of the queen scallop Chlamys opercularis in suspended cages in the firth of clyde.” J. Mar. Biol. Ass. U. K. 62: 157-169.

>>

Román, G., C. P. Acosta, et al. (1987). “Primeras experiencias con colectores de pectínidos en las rías de Arosa y Aldán.” Cuad. Marisq.Publ. Téc. 12: 375-380.

>>

Ramonell, R., G. Román, C.P. Acosta y M. Malvar (1990). Captación de semilla de pectínidos en colectores : resultados de la campaña de prospección en bueu (ría de pontevedra, galicia) en 1988. Actas III Congreso Nacional Acuicultura.

>>

Ansell, A. D., J. C. Dao, et al. (1991). Three european scallops: Pecten maximus, Chlamys (Aequipecten oper-

32

cularis) and Chlamys varia. Scallops: Biolology, Ecology and Aquaculture. S. E. S. G. J. Parsons: 715-751. >>

Román, G., M.J. Campos, C.P. Acosta, J. Cano (1999). “Growth of the queen scallop (Aequipecten opercularis) in suspended culture. Influence of density and depth.” Aquaculture 178: 43-62.

>>

Román, G., M.J. Campos, J. Cano, C.P. Acosta, P. Iglesias and O. García (2002). “Reproductive and reserve storage cycles in Aequipecten opercularis (l., 1758) In galicia, nw spain.” Journal of shellfish research vol 21, nº 2: 577584.

>>

Iglesias, P., A. Louro, et al. (2010). “Settlement of queen scallop Aequipecten opercularis on artificial substrates in Aldán, Ría de Pontevedra, Galicia, Northwest Spain.” Journal of Shelfish Research 29, Nº 4: 827-832.

>>

Ventilla, R.F., 1982. The scallop industry in Japan. Adv. Mar. Biol, 20: 309-382

>>

Magnesen, T and K. Redmond, 2011 Potential predation rates by the sea stars Asterias rubens and Marthasterias glacialis, on juvenile scallops, Pecten maximus, ready for sea ranching. Aquacultue International.


4. DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA LIÑA DE PRODUTOS E A PROCURA DE CANLES DE COMERCIALIZACIÓN PARA A VOLANDEIRA (Aequipecten opercularis) DA RÍA DE VIGO. Un dos obxetivos deste proxecto é o de deseñar unha liña de produtos a partires da volandeira da ría de Vigo, co fin de dar unha saída comercial ao produto que se pretende cultivar, así como promover a súa difusión no mercado da alimentación en xeral e dos produtos pesqueiros en particular. Na actualidade as tendencias en alimentación supoñen novas oportunidades para as industrias alimentarias, ofrecéndolles a posibilidade de engadir valor aos seus produtos, desenvolvendo alimentos novos e diversificando a gama de produtos, ao tempo que se satisfan as demandas do consumidor e do mercado actual. Deste xeito, a diversidade convértese na clave para a supervivencia das empresas, en relación con dous aspectos críticos: >>

>>

O desenvolvemento de novos produtos alimenticios, listos para consumir, semipreparados, con novos formatos e envases, enriquecidos, etc. O desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías de envasado e conservación que permitan mellorar as características organolépticas e prolongar a vida útil dos alimentos, garantindo a calidade e a seguridade destes.

Opcións coma o envasado ao baleiro, os produtos semipreparados e listos para consumir e os envasados en atmósfera protectora, entre outras posibilidades, son especialmente desenvolvidas na actualidade, en diversos tipos de produtos e de distinta orixe. Hai que ter en conta que ademais da importancia do efecto saudable dos alimentos, o sabor xunto co aspecto externo son factores cruciais para asegurar as preferencias de compra do consumidor. Durante estes últimos anos a empresa Salimar vén realizando, de maneira continuada, actividades no marco da mellora na presentación e na vida útil dos alimentos, buscando produtos máis atractivos para o consumidor final e máis prácticos e seguros para o sector da restauración; desta maneira Salimar conseguíu na súa breve traxectoria, unha atractiva gama de produtos envasados ao baleiro e IQF a partir dunha especie tradicionalmente presente na cultura e na gastronomía galegas: a volandeira. O obxetivo principal do proxecto é o desenvolvemento dunha gama de produtos elaborados a partir da volandeira procedente da ría de Vigo e a súa posta no mercado, aproveitando tanto as canles de distribución coma os clientes que actualmente ten Salimar e potenciando a incorporación doutros novos que poidan estar interesados no produto.

33


As liñas de actuación que se plantexan necesarias para a consecución destes obxectivos son: >>

A nivel transformador, deseño dunha lina de limpeza e envasado de volandeira.

>>

A nivel comercial, desenvolvemento e difusión dunha marca diferenciadora e de calidade do produto que permita darlle un valor engadido no mercado.

Desde Salimar cremos que a clave do éxito dun produto destas características está en ofrecer un produto de calidade (volandeira das rías galegas) cun valor engadido (presentacións cuarta gama) e sempre a prezos competitivos con outros produtos similares do mercado, de aí a necesidade de automatizar a liña de elaboración e de unir esforzos para a súa difusión máis alá da comunidade galega.

4.1. Deseño dunha liña de productos a partir de volandeira da Ría de Vigo (Aequipecten opercularis). A participación de Salimar neste proxecto xorde da necesidade de facilitar e fomentar o consumo de diversas especies pesqueiras, introducindo novos alimentos cunhas características nutricionais idóneas, ao tempo que se valora un produto de consumo altamente tradicional en Galicia, a volandeira. Ao longo dos anos que Salimar leva no mercado, un dos seus obxetivos foi o de cambiar a materia prima foránea pola local. Non obstante, tal e como está concibida actualmente a extracción deste produto, sempre tivemos en conta todas as variables para que esto se chegase a producir: >>

O encarecemento que supón a depuración, fronte ao produto foráneo extraído de zonas A.

>>

A falta de uniformidade no talle e/ou o baixo talle do produto local.

>>

Baixo rendemento do produto local.

34

>>

Dificultades na limpeza da cuncha do produto.

Todos estes factores leváronnos a que, ata o de agora, non fose rendible efectuar un cambio de orixe da materia prima. É neste intre cando, ao xurdir a posibilidade de cultivar a especie, se nos abre unha porta para que a materia prima mellore a súa calidade e se converta nun produto rendible, tanto para o seu cultivo como para a súa transformación e comercialización en distintos formatos. Con este fin afrontarémos os seguintes obxectivos: >>

Deseñar unha liña de produtos a partir da volandeira da ría de Vigo, tendo en conta a experiencia que Salimar aporta, co fin de poñer no mercado un produto coas maiores probabilidades de éxito posible.

>>

Describir todos os requisitos necesarios para realizar e pór no mercado esta gama de produtos en distintos eidos: hixiénico-sanitario, produtivo, comercial...


4.1.1.- Determinación do proceso produtivo. Co fin de conseguir a mellor aceptación posible no mercado realizouse unha avaliacion sensorial das distintas orixes e produtos que serán competidores potenciais da nosa volandeira; deste xeito, cremos importante avaliar a diferenza que pode haber entre a volandeira da nosa Ría, fresca, conxelada e, así mesmo, aproveitar a ocasión para confrontar o produto local fronte ao foráneo, introducindo na cata a volandeira procedente doutros lugares de Europa, máis en concreto do Reino Unido. Segundo a experiencia de Salimar é importante coñecer en qué posición queda o produto tras ser avaliado fronte á volandeira procedente doutras zonas de Europa, neste caso, elixiremos volandeira procedente do Reino Unido, por ser a que está máis introducida no noso mercado e consideramos que vai constituír o noso competidor máis directo.

teñamos diferenzas significativas entre ambas as dúas volandeiras. >>

Á vista destes resultados e co fin de realizar a elección da mellor formulación para o desenvolvemento dun produto a partir de volandeira da ría de Vigo, centrarémonos na media cuncha conxelada. As razóns son as seguintes: >>

Permite elaborar o produto cando se extrae, elixindo o mellor momento de desenvolvemento, e distribuílo ao longo de todo o ano, o cal é un requisito case indispensable para que os potenciais clientes se animen a consumir este produto; se non hai continuidade os clientes son reacios a empregalo.

>>

Poderase ofrecer un produto de características homoxéneas (talle, desenvolvemento gonadal...) xa que se poden establecer estes requisitos para a súa extracción, en vez de obedecer a factores externos que, a medio prazo, prexudicarían o prestixio do produto. Como vimos na experiencia sensorial de avaliación por ordenación, foi a disparidade na apariencia do produto o que fixo que non se puidesen obter diferenzas significativas entre a volandeira das nosas rías con respecto á do Reino Unido. Cremos que no momento no que a nosa volandeira sexa posta no mercado coas mesmas presentacións, talles e desenvolvemento gonadal que a volandeira de fóra, a loita inclinarase do noso lado.

>>

Unha vez que o produto estea introducido ou baixo a propia demanda dos clientes, poderíase empezar a introducir o produto en fresco, xa que para que

Desta maneira, compararemos tres mostras: >>

Volandeira da ría de Vigo eviscerada fresca.

>>

Volandeira da ría de Vigo eviscerada conxelada.

>>

Volandeira do Reino Unido eviscerada conxelada.

Para a avaliación sensorial dos distintos produtos escollemos un Ensaio de clasificación por ordenación, xa que o catador só ten que ordenalas con arranxo á intensidade ou grao dunha propiedade determinada. A partir das sumas de ordenacións para cada un dos atributos, os resultados obtidos son: >>

Obxectivamente valórase como mellor á volandeira local con respecto á foránea. Non obstante, o feito de que visualmente o produto foráneo sexa máis atractivo que o das nosas rías fai que no tratamento de datos final non

Dentro dos tratamentos efectuados á volandeira (fresca ou conxelada) os degustadores afirman que o produto é bo en calquera das súas presentacións.

35


produtivamente sexa rendible é necesario que exista unha demanda mínima e constante que xustifique a producción en cada momento. Tendo en conta tanto os resultados que as probas sensoriais

nos amosan, como a propia experiencia produtiva de Salimar, imos centrar os nosos esforzos en poñer no mercado o producto elaborado máis demandado, a volandeira en media cuncha envasada ao baleiro conxelada; o diagrama de fluxo do proceso é:

Recepción da materia prima

Eviscerado

Envasado e etiquetado

Conxelación

Recepción de materias primas auxiliares

Empaquetado e etiquetado

Almacenamento

Expedición

3.1.2.- Primeiras producións. Rendementos e resultados obtidos. Unha vez cos primeiros datos de produción na man, convén facer unha comparativa entre o produto local e o foraneo en canto a aspetos produtivos, co fin de coñecer que lu-

36

gar ocupamos con respecto ao que consideramos, vai ser, o noso principal competidor no mercado.


Operario envasando volandeira.

ATRIBUTO

Volandeira da ría de Vigo

Volandeira do Reino Unido

Pezas/Kg de produto enteiro

61

25

Diámetro da cuncha (cm)

4

7

Pezas/Kg de carne limpa

310

120

Rendemento en carne limpa

12%

20,23%

En base a isto hai que destacar a importante diferenza de talle, rendemento e desenvolvemento gonadal entre unha e outra; anque estamos nunha fase experimental, hai que ter en conta estes datos de referencia para que, nun posible cultivo con fins comerciais, se manexe esta informa-

ción e se tenda cara a talles máis grandes e momentos de recollida óptimos. Deste xeito, poderemos pór un produto no mercado que, ademáis de todas as garantías sanitarias, teña un talle e un prezo competitivos; non hai que esquecer que canto máis pequeno e peor rendemento ten o produto,

37


m谩is cara se fai a s煤a elaboraci贸n pola maior dificultade do eviscerado e, segundo a experiencia de Salimar, neste

Volandeira envasada ao baleiro conxelada. Produto final.

38

produto a man de obra sup贸n aproximadamente o 80% do custo final.


3.1.3.- Deseño dun Plan de Autocontrol baseado na Análise de Perigos e Control de Puntos Críticos (APPCC) para o proceso produtivo da volandeira. O sistema de Análise de Perigos e Control de Puntos Críticos (APPCC) é o método máis eficaz desenvolvido para garantizar a inocuidade dos alimentos. O sistema APPCC é sistemático e ten unha base racional e científica, identifica perigos específicos e determina medidas para evitalos ou controlalos e reducilos a niveis sanitariamente aceptables, en lugar de basearse en ensaios sobre o produto final.

funcioamento dos sistemas de autocontrol de todas as industrias agroalimentarias. Neste proxecto desenvólvese un Manual APPCC específico para o proceso produtivo da volandeira, onde se inclúen os seguintes puntos: 1.- Programa de Pre-requisitos. 1.1.- PLAN DE CONTROL DE CALIDADE DA AUGA. 1.2.- PLAN DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN. 1.3.- PLAN DE DESINSECTACIÓN E DESRATIZACIÓN.

A APPCC pode aplicarse en toda a cadea alimentaria, desde o productor primario até o consumidor final. Ademais de aumentar a seguridade alimentaria, aporta outros beneficios importantes, tales como colaborar coas autoridades nos seus labores de inspección e promover o comercio internacional, aumentando a confianza na inocuidade dos alimentos.

1.4.- PLAN DE MANTEMENTO.

Para aplicar a APPCC con éxito é imprescindible que se comprometan e impliquen plenamente, tanto a dirección como toda a man de obra que interveña no proceso, ben sexa de forma directa ou indirecta. Igualmente, o seu enfoque debe ser interdisciplinar, pois son moitos os sectores que abrangue (medicina, microbioloxía, saúde pública, química, enxeñaría…)

1.8.- PLAN DE XESTIÓN DE PROVEDORES.

Antes de aplicar a APPCC, debemos cumprir unha serie de requisitos previos de hixiene alimentaria, sen os que o sistema APPCC non sería eficaz, de forma que o sistema de autocontrol se podería definir segundo a seguiente ecuación: REQUISITOS PREVIOS + PLAN APPCC = SISTEMA APPCC

1.5.- PLAN DE FORMACIÓN. 1.6.- PLAN DE BPF (Boas Prácticas de Fabricación) e BPH (Boas Prácticas de Hixiene). 1.7.- PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS.

1.9.- PLAN DE CONTROL DA TRAZABILIDADE. 2.- Plan APPCC.

2.1.- DIAGRAMAS DE FLUXO.

2.2.- FICHAS TÉCNICAS.

2.3.- ANÁLISE DE PERIGOS E PCC.

2.4.- XESTIÓN DE PCC.

2.5.- XESTIÓN DE CRISE.

A partir do 1 de xaneiro de 2006, os regulamentos 852/2004, 853/2004, 854/2004 e 882/2004, establecen a metodoloxía da APPCC como a ferramenta básica para o

39


3.2. Difusión e promoción de novos produtos a partir de volandeira da ría de Vigo. Por mor da evolución das características do mercado actual: competitivo, globalizado e diversificado, e as exixencias do consumidor (produtos doados de preparar, naturais e saudables, cunha mellor calidade nutricional) vense observando unha evolución na formulación dos produtos por parte das empresas do sector agroalimentario que levou á creación de novas actividades encamiñadas ao desenvolvemento de novos produtos alimentarios cómodos, sans, atractivos e cunha explotación industrial económicamente viable e medioambientalmente sostible. En base a isto, nos últimos anos vense incrementando de forma considerable a demanda de produtos de preparación sinxela e rápida, coma os pratos precociñados, os produtos de IV e V gama e outros alimentos “listos para consumir”. Parte desta demanda procede da hostalaría, da restauración e das cadeas de comida rápida, sectores que requiren cada vez maiores volumes destes produtos.

3.2.1.- Actuacións emprendidas no marco publicitario: deseño dunha imaxe de marca, folletos, receitarios, catálogos… Con este proxecto preténdese sentar as bases para introducira volandeira da ría de Vigo nun mercado onde terá que competir fundamentalmente coas seguintes especies: >>

Argopecten purpuratus, procedente da costa oeste de América do Sur, entrou con forza no mercado, anque a falta de continuidade nos stocks e as fluctuacións de prezos, fixeron frear un pouco a súa progresión. É un competidor a ter moi en conta, xa que, anque organo-

40

lepticamente distínguese perfectamente da europea, o seu prezo é moi competitivo. >>

Aequipecten opercularis, procedente doutros países da Unión Europea coma o Reino Unido, Irlanda e Francia. Probablemente sexa o competidor máis directo, xa que se trata da mesma especie. Os seus puntos fortes a ter en conta son o talle, a presenza de coral e a limpeza da cuncha, convertíndoo nun produto moi atractivo visualmente.

Un dos principais obxectivos deste proxecto é a difusión dunha liña de produtos elaborados a partir de volandeira procedente da ría de Vigo.

Coa intención de crear unha imaxe de marca diferenciada e promover a difusión do produto, puxéronse en marcha as seguintes actuacións: >>

Deseño dun etiquetado propio.

>>

Deseño de novos formatos.

>>

Deseño e elaboración de folletos, receitarios, catálogos…


acadar maior éxito no mercado, así como amosar algunhas primeiras propostas e valorar a reacción do mercado. As feiras ás que se asistíu co obxectivo de difundir o produto foron: ••

Conxemar 2010 (Vigo)

Como primeiro paso nesta fase do proxecto para a difusión da volandeira, desde Salimar decidimos aproveitar a plataforma que supón CONXEMAR para expoñer, tanto a existencia deste proxecto, como iniciar a divulgación do propio produto “Volandeira da ría de Vigo”. As actuacións emprendidas nesta feira foron: >>

Por unha banda, buscamos elaborar unha enquisa que reflectise a realidade do produto no mercado actual, ou polo menos que nos amosase unha primeira idea de cál é a situación da que partimos.

>>

Por outra banda realízase durante a celebración da feira unha degustación do produto elaborado, seguindo distintas receitas, co fin de divulgar o propio produto e de dar a coñecer as posibilidades culinarias deste, amosando algunhas ideas e a facilidade da súa preparación.

>>

Tamén se deseñou un catálogo para repartir entre os visitantes onde se incluía, ademais dun breve resumo informativo acerca da volandeira e do proxecto que nos ocupa, algunha receita sinxela que axude ao consumidor a elaborar o produto nos seus fogares.

>>

Aproveitamos o escaparáte de CONXEMAR 2010 para expoñer tamén uns primeiros formatos con fin de ver a reacción do público.

Estuche deseñado para Forum Gastronomic Girona 2011.

3.2.2.- Asistencia a Feiras Sectoriais. Accións emprendidas e resultados obtidos. Co obxetivo de iniciar a difusión desta especie a nivel comercial e valorar o estado actual do seu coñecemento, decídese aproveitar a magnífica plataforma que supoñen as feiras de produtos alimenticios en xeral e pesqueiros en particular. Ademais, tamén se van aproveitar algunhas destas feiras para facer un estudo do mercado actual, en canto a novas presentacións que poidan resultar máis demandadas e

Os datos que obtivemos da enquisa foron reveladores e, desgraciadamente, confirmaron as nosas sospeitas, ou visto

41


dun xeito positivo, deixan unha gran porta aberta e moito traballo por facer para a posta no mercado da volandeira.

>>

Só 8 persoas (todas de Galicia) recoñécense capaces de diferenciar unha volandeira dunha zamburiña, pero ante a pregunta acerca de cómo as diferencian, a resposta é sempre a mesma: “a volandeira é a da nosas rías e a zamburiña é a de fóra”. A meirande parte dos enquisados non son capaces de diferenciar a volandeira doutras especies de pectinidos que hai no mercado (mención especial merece o caso da cuncha de abanico “Argopecten purpuratus” que dende hai uns anos aparece no mercado tamén como zamburiña), incluso en moitas ocasións hai que aclarar que non se trata dunha “vieira pequena”, coma algúns visitantes preguntaron.

>>

O 14% dos enquisados atopan a volandeira no mercado, todos eles galegos, fronte o 77% que atopan fácilmente a zamburiña. Isto lévanos a pensar que se fixésemos a mesma enquisa noutro lugar da xeografía española a proporción tanto de xente que coñece a volandeira coma de xente que ten acceso a ela ía diminuír moito.

>>

O 77 % non se atopa satisfeito coas presentacións que atopa no mercado, argumentando o seguinte:

Os resultados obtidos foron: >>

Cumprimentáronse un total de 123 enquisas, das cales cómpre salientar que 72 pertencen a persoas da comunidade autónoma galega e as 51 restantes son de participantes de fóra da nosa comunidade.

>>

O 39% dos participantes afirma coñecer a volandeira fronte ao 83% que coñece a zamburiña.

>>

Do 39% que di coñecer a volandeira, o 100% é da comunidade autónoma galega. Ninguén de fóra de Galicia coñece a volandeira, o cal é un dato moi importante e moi a ter en conta para futuras actuacións.

Mesmo na nosa comunidade existen serias dúbidas entre os enquisados acerca da diferenza entre unha especie e a outra e todos descoñecen que, realmente, a especie que aparece no mercado é sempre a volandeira. Así, cando son preguntados acerca de cómo identifican a volandeira fronte á zamburiña, todas as persoas identifican á volandeira coma o produto autóctono e á zamburiña coma o produto foráneo; cando, no caso de produto precedente doutros países da Unión Europea coma Francia, Irlanda ou Reino Unido, realmente estanse referindo á mesma especie. Concluímos que nin sequera a xente da propia zona coñece realmente o produto. >>

O 17% non coñece ningunha das dúas especies e todos eles son do sur de España. Tamén merece unha mención especial este punto, xa que durante a feira foi moi habitual a situación de que xente do sur de España, especialmente de Andalucía e de empresas importantes a nivel nacional, dicían descoñecer totalmente o produto e amosábanse moi sorprendidos durante a degustación das posibilidades que ofrecía, sobre todo de cara á canle HORECA.

42

*No caso da volandeira, atopana enteira, e esa presentacion cada vez ten menos saida, ou ben ten un talle moi pequeño con respecto a outras de fora. *No caso da xente que afirma conecela, din votar de menos presentacións máis coidadas e en formatos manexables polo consumidor final. As presentacións máis demandadas son aquelas nas que o produto se presenta limpo, listo para ser cociñado, tanto en fresco coma en conxelado, pero especialmente a presentación en media cuncha. Rexéitanse as presentacións do produto enteiro argumentando que cada vez son menos os consumidores que saben “que facer” con un produto coma este.


En canto ás preguntas referentes ás presentacións que poden atopar no mercado, só un 14% dos enquisados atopan a volandeira das nosas rías no mercado e sempre enteira e en fresco. O resto que di coñecer o produto, refírense a él coma zamburiña e sempre doutras orixes, especialmente Reino Unido/ Irlanda e Perú e din atopala en presentación en media cuncha IQF ou en carne IQF, e demandan o produto no mercado xa limpo, xa que cada vez é menor a cantidade de consumidores dispostos a consumir un produto que non estea, como pouco, listo para ser cociñado. O outro punto forte da nosa presenza na feira foi o feito de ofertar degustación de produto, o cal nos permitíu, ademáis de axudar a dalo a coñecer, amosar distintas preparacións, unhas máis complexas orientadas aos profesionais do sector hostaleiro e outras máis sinxelas pensando no consumidor final, co obxetivo de que o público fose consciente das dis-

tintas e doadas posibilidades que nos ofrece a volandeira. Algunhas das receitas presentadas foron: volandeira en media cuncha á pracha, con prebe ao albariño, con salsa galega, brocheta de polbo con volandeira… A sensación final de experiencia foi moi positiva, xa que recibimos moitas felicitacións do público en xeral; os asistentes que xa coñecían o producto transmitíronnos a súa sorpresa acerca das novidosas, enxeñosas e, á vez, sinxelas presentacións que ofrecíamos; mentres que os visitantes que descoñecían o produto recibiron dobre sorpresa, por un lado o descubrimento dun novo produto moi saboroso, e por outro as posibilidades que ofrece tanto aos consumidores en xeral como ao sector HORECA en particular.

Stand de Salimar en Conxemar 2010.

43


••

Forum Gastronomic 2011 (Girona)

Do 20 ao 23 de febreiro do 2011 celebrouse en Girona o Forum Gastronomic onde acudíu a Confraría de Pescadores de Cangas para promocionar os seus produtos. Desde Salimar colaboramos con eles elaborando as mostras expostas, facéndolle chegar enquisas, catálogos e receitarios divulgativos do produto, que os axudasen a dar a coñecer o proxecto que estamos a elaborar en xeral e á volandeira en particular. O resultado da feira foi moi positivo: por parte dos asistentes ao posto da confraría fíxosenos chegar un gran interese polo produto, tanto a través dos comentarios dos asistentes, no propio stand, como a través das enquisas realizadas.

Stand da Confraría de Pescadores de Cangas en Forum Gastronomic Girona 2011.

Degustación organizada pola confraría de Cangas en Forum Gastronomic Girona 2011.

44


••

Salón Gourmets 2011 (Madrid)

Nesta ocasión Salimar acudíu co fin de promocionar a volandeira, para o cal, ademáis da presenza na feira en si, leváronse a cabo distintas accións como foron a elaboración dunha enquisa e a participación nunha degustación de produtos. Os resultados desta enquisa foron: >>

Continúa o descoñecemento do producto fóra do territorio galego.

>>

A canle HORECA amósase moi interesada polo produto e as súas posibilidades. Tanto os restaurantes con cartas amplas e elaboradas, coma as taperías e outros establecementos cunha oferta culinaria sinxela, están interesados no produto, do que salientan tanto a facilidade da súa elaboración, coma a súa vistosidade como prato preparado, ademáis do plus de calidade que sempre acompaña ao produto galego.

>>

Ningún dos que enchen a enquisa atopa o produto no mercado, algúns coñecen o produto foráneo; especial-

mente en Madrid e dentro dos pectínidos, cómpre salientar a ampla difusión que ten a carne de vieira americana (Placopecten megallanicus) procedente da costa atlántica de Estados Unidos e Canadá. >>

Tada a xente que se mostra interesada no produto, di estalo só nas presentacións listas para preparar, é dicir, na volandeira limpa. Cada vez máis, a tendencia é a procurar produtos sinxelos, rápidos de preparar e que dean solucións diferentes.

Stand de Salimar en Salón Gourmets 2011 (Madrid).

Degustación de volandeira organizada por Salimar en Salón Gourmets 2011 (Madrid).

45


••

Conxemar 2011 (Vigo)

Para esta feira tivemos dispoñible produto elaborado, polo que puidemos facer novas accións divulgativas nun entorno privilexiado como é Conxemar, a exposición máis importante do sector pesqueiro a nivel nacional, e un referente internacional. Ademais da difusión de catálogos, receitarios e paneis divulgativos que xa viñemos ofrecendo noutras feiras, para esta edición de Conxemar preparamos unha degustación do produto, con moito éxito de participación, onde tivemos o pracer de contar con diversas persoalidades e autoridades do sector que se interesaron polo noso labor, e máis concretamente polo produto que estábamos a amosar: a volandeira.

Stand de Salimar en Conxemar 2011.

A impresión xeral acerca do produto que presentábamos foi moi boa. As conclusións que podemos tirar desta experiencia son: >>

O sabor do produto é considerado coma moi bo; a meirande parte do público catalogábao coma un sabor “moi fino” e a mar.

>>

Sorpresa grata para os asistentes que descoñecían o produto e que preguntaban como estaba preparado. Indicóuselles que se preparaba in situ e as pautas a seguir, con reaccións moi positivas polo doado da elaboración das receitas.

>>

Pola contra obtivemos críticas acerca do tamaño do produto, tanto do músculo coma da gónada, polo que este

Stand de Salimar en Conxemar 2011. Degustación de volandeira.

46


aspecto haberíao que ter en conta en próximas extraccións. >>

>>

Tampouco gustou a excesiva presencia de parásitos na cuncha, xa que pode incomodar ao consumidor final á hora de comer o produto; neste senso recibimos a suxerencia de empregar esta circunstancia coma característica diferenciadora positiva do produto, de cara a coñecer cal é produto galego e produto foráneo; tomamos nota da suxerencia e comprobaremos a súa aceptación en vindeiras campañas de difusión do produto. En canto as enquisas (presentámos a mesma que no salón Gourmets de Madrid), a tónica xeral veu sendo a mesma: ao público interésalle o produto e quere telo no mercado limpo e con suxerencias de presentación que lles axuden á hora de vendelo nas súas rexións onde non é tan coñecido.

••

Forum Gastronómico 2012 (Santiago de Compostela)

Estivemos presentes nesta primeira edición dando apoio á Confraría de Pescadores de Cangas, que expoñía os seus produtos. ••

Salón Gourmets 2012 (Madrid)

Continuamos a promoción da volandeira nunha importante feira de alimentación como é o Salón Gourmets de Madrid. Trala experiencia positiva do ano anterior decidimos voltar e continuar a promoción do produto con mostras, catálogos, maquetas…

Stand de Salimar en Salón Gourmets 2012 (Madrid).

47


Por outra banda, Salimar tamén visitou outras feiras internacionais co obxectivo de avaliar o mercado dos pectínidos dun xeito máis global, xa que isto pódenos dar moita información acerca de que é o que o mercado busca e cómo ofrecerllo: >>

European Seafood Exposition 2011 (Bruselas)

>>

China Fisheries & Seafood Expo 2011 (China)

>>

International Boston Seafood Show 2012 (EEUU)

Visita de Salimar a China Fisheries & Seafood Expo 2011 (China)

A nivel de pectínidos en Europa cómpre salientar a importancia de Francia como mercado. O ano 2009 foi un ano récord para a vieira en Francia, con preto de 180.000 toneladas absorbidas (equivalente en peso vivo da producción nacional incluído) e importacións totais de máis de 210 millóns de euros. Ambos os dous, tanto o segmento de carnes frescas coma o de carne conxelada sen cuncha dispararon os prezos, impulsados tamén polo tipo de cambio. As evidencias informan de amplos espazos para a mellora en

48

térmos de desenvolvemento e estratexias de marketing de produtos. Pode ser o momento axeitado para que os provedores de pectínidos desenvolvan a súa vantaxe competitiva nun mercado crecente coma o francés, que valora os produtos de calidade coma os galegos. En concreto, os consumidores franceses son moi favorables para os pectínidos. A fortaleza do euro facilitou en gran medida o ingreso de productos frescos e conxelados desde o extranxeiro. No 2009, o país importou 5.833 toneladas de vieiras vivas e frescas (a maioría en carnes frescas sen cuncha) por un valor de 73 millóns de euros, en comparación con 4.809 toneladas por un valor 56 millóns un ano antes e 4.466 toneladas por valor de 50 millóns de euros no 2007. EE.UU. é o gran gañador desta tendencia á alza, con exportacións que explotaron desde menos de 4 millóns de euros no 2004, a 26 millóns de euros no 2009. As carnes frescas descunchadas de USA, sen ovas, atoparon o seu oco tanto para á venda polo miúdo, coma para os segmentos da industria alimentaria, nun mercado onde o produto local provén do Reino Unido, Pecten maximus, destacado grazas ao seu prezo competitivo. No 2009 o mercado minorista da carne fresca sen cuncha saltou nun 60% en comparación co 2008. Hoxe en día, as vendas de carne de vieira limpa en Francia representan o 65% das vendas de vieira fresca; o 35% restante véndese vivo. Desde Salimar cremos que é importante ter en conta a Francia coma un mercado de pectínidos importante, cercano e capaz de pagar por un produto de calidade. No segmento dos produtos conxelados, as importacións en Francia pasaron de 14.002 toneladas no 2000 a 22.142 toneladas no 2009. Francia merca vieiras conxeladas de todo o mundo, con cinco provedores principais no 2009: Perú, EE.UU., Arxentina, Chile e Canadá. A especie Placopecten magellanicus dos EE.UU. ten verdadeiro éxito, despois de 10 anos no mercado (os primeiros embarques remóntanse


a outubro do 2001, con 23 toneladas ese ano). Perú e Chile foron provedores habituais de Argopecten purpuratus, destinadas principalmente ao mercado minorista. No caso da vieira arxentina Zygochmalys patagonica, a súa carne de tamaño pequeno é empregada nas comidas preparadas. Por qué non Galicia nun futuro?. O mercado das comidas preparadas a base de pectínidos comprende desde a típica media cuncha en salsa, ata produtos con distintas porcentaxes de carne de vieira que van desde o 20% ao 60%, dependendo da marca e da receita. A industria de transformación que elabora estes artigos emprega predominantemente os talles pequenas de Zygochlamys patagonica e Chlamys nobilis de Vietnam. Este segmento é enteiramente subministrado con produtos feitos en Francia. Non obstante pode haber un espazo para o desenvolvemento, xa que cando se trata de marketing, -pouco se está a facer polo de agora-, o posicionamento dun produto coma o noso e a comunicación cos compradores, podería fácilmente e de maneira eficiente, introducir á volandeira galega dentro do mercado dos pectínidos en Francia.

Visita de Salimar a International Boston Seafood Show 2012 (EEUU)

49


3.3.- Conclusións >>

>>

Desde Salimar apostamos por continuar co traballo de establecer unha marca diferenciadora do produto, doutros similares con outras procedencias, que poñan en valor o noso produto e que non leven a enganos ao consumidor.

to e destacando a elaboración artesanal e sen aditivos, coma elementos diferenciadores. >>

É necesario dar un valor engadido á nosa volandeira que a diferencie de especies foráneas. Así cremos que a posta no mercado do produto limpo, en formatos cómodos e sinxelos, ten unha gran probabilidade de aceptación, potenciando as propiedades organolépticas do produ-

Salimar aposta por continuar o labor divulgativo da volandeira mediante catálogos, receitarios, asistencia a feiras… ademais de ofertar o produto e dalo a coñecer entre as empresas do sector pesqueiro en xeral, pero especialmente entre aquelas consumidoras habituais de pectínidos. Tamén salientamos como moi positiva a experiencia das degustacións levadas a cabo.

3.4.-Bibliografía 1.

Gobantes, I.; Gómez, R. Y Choubert, G (2001). “Envasado de alimentos. Aspectos técnicos del envasado al vacío y bajo atmósfera protectora”. Alimentación, Equipos y Tecnología, 1.

2.

DOCE (Diario Oficial de las Comunidades Europeas). Reglamento (CE) nº 178/2002 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 28 de enero de 2002, por el que se establecen los principios y los requisitos generales de legislación alimentaria, se crea la Autoridad Europea de Seguridad Alimentaria y se fijan procedimientos relativos a la seguridad alimentaria. Diario Oficial de las Comunidades Europeas núm. L 31, 1 de febrero de 2002.

3.

DOCE (Diario Oficial de las Comunidades Europeas) (2004a). Reglamento (CE) nº852/2004 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 29 de abril de 2004, relativo

50

a higiene de los productos alimenticios. Diario Oficial de las Comunidades Europeas núm. L 139, 30 de abril de 2004. 4.

DOCE (Diario Oficial de las Comunidades Europeas) (2004b). Reglamento (CE) nº853/2004 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 29 de abril de 2004, por el que se establecen normas específicas de higiene de los alimentos de origen animal. Diario Oficial de las Comunidades Europeas núm. L 139, 30 de abril de 2004.

5.

DOCE (Diario Oficial de las Comunidades Europeas) (2004c). Reglamento (CE) nº854/2004 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 29 de abril de 2004, por el que se establecen normas específicas para la organización de controles oficiales de los productos de origen animal destinados al consumo humano. Diario Oficial de


las Comunidades Europeas núm. L 139, 30 de abril de 2004. 6.

7.

>>

DOCE (Diario Oficial de las Comunidades Europeas) (2005). Reglamento (CE) nº 2073/2005 de la Comisión, de 15 de noviembre de 2005, relativo a los criterios microbiológicos aplicables a los productos alimenticios. Diario Oficial de las Comunidades Europeas núm. L 338, 22 de diciembre de 2005. BOE (Boletín Oficial del Estado). Real Decreto 1334/1999, de 31 de julio, por el que se aprueba la Norma general de etiquetado, presentación y publicidad de los productos alimenticios. Boletín Oficial del Estado núm. 202, 24 de agosto de 1999. Código Internacional de prácticas recomendado-Princi-

pios generales de higiene de los alimentos. (CODEX ALIMENTARIUS, CAC/RCP 1-1969, Rev 4 (2003)). 8.

Norma UNE 87 020:1993. Análisis sensorial. Metodología. Evaluación de los productos alimentarios por métodos que utilizan escalas.

9.

Norma UNE 87 004:1979. Análisis sensorial. Guía para la instalación de una sala de cata.

10. Norma

UNE 87 023:1995. Análisis sensorial. Metodología. Ensayo de clasificación por ordenación.

11. www.fis.com 12. www.aesan.msc.es 13. www.codexalimentarius.net

51


Salimar proxecto volandeira  

Proyecto para el cultivo, diseño y elaboración de una línea de productos y la búsqueda de canales de comercialización para la volandeira de...

Salimar proxecto volandeira  

Proyecto para el cultivo, diseño y elaboración de una línea de productos y la búsqueda de canales de comercialización para la volandeira de...

Advertisement