Revista PP Redondela 2013

Page 1

Redondela con MAIÚSCULAS

Título da sección

1


Querid@s amig@s: O tempo parece voar, e sen apenas darnos de conta, xa pasaron dous anos dende que afrontamos o desafío de formar goberno e comezamos a traballar para cumprir o compromiso de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños de Redondela. Crédeme que o meu equipo e máis eu, poñemos cada día o mellor de nós mesmos para cumprir esa palabra dada. E precisamente para defender axeitadamente os intereses dos cidadáns de Redondela, este ano era moi necesario aprobar uns orzamentos que permitiran ao noso Concello seguir desenvolvendo o papel que ten que xogar como cuarto municipio da provincia de Pontevedra. Somos conscientes de que temos a obriga de procurar acordos con outras forzas políticas pero, no caso dos orzamentos, despois de moito tempo intentándoo, non foi posíbel. A única opción que quedaba para seguir cumprindo a nosa palabra cos redondeláns foi presentar una cuestión de confianza vinculada a aprobación dos orzamentos, aínda a risco de ter que abandonar a alcaldía. Como todos xa sabedes, despois de rematado todo o proceso, Redondela ten uns orzamentos cos que vai poder seguir crecendo, e nós, estamos a seguir traballando para conseguilo. Durante o primeiro ano deste mandato, esforzámonos en arranxar a difícil situación económica na que se atopaba o noso concello. Acadado ese obxectivo, este segundo ano serviu para votar a andar algúns proxectos importantes para Redondela. Nesta publicación teredes a oportunidade de coñecelos, ao igual que unha pequena mostra desas outras actuacións, que non dan grandes titulares, pero resultan imprescindíbeis para o benestar da veciñanza. Para min, e para o meu equipo, resultan tan importantes unhas coma outras. Todos sabemos que estamos a vivir a maior crise da democracia, e por iso, o Emprego e os Servizos Sociais son prioritarios para nós e constitúen a parte máis importante da nosa dedicación. E precisamente por iso, dende o goberno municipal se impulsa por primeira vez en Redondela a elaboración, e posterior aprobación, dunha “Ordenanza de Emerxencias Sociais” para que a veciñanza do noso Concello se poida beneficiar dela para poder resolver situacións transitorias de necesidade económica. No apartado de emprego, como moitos xa sabedes, temos creada a Bolsa Municipal de Emprego, vamos xa polo II Plan de Emprego e, dende o Concello, temos desenvolvidas numerosas iniciativas de formación. Os resultados están a ser bos e teño a esperanza de que poidamos continuar coa tendencia positiva que levamos acadando nos derradeiros meses. Dicirvos tamén que, nos vindeiros meses, comezarán a executarse obras moi importantes para as nosas parroquias. Realizarase unha importante inversión de ampliación da rede de saneamento e se mellorarán os asfaltados dos camiños. Ademais, continuaremos coa mellora das instalacións deportivas, para que estas poidan estar a altura dos éxitos que os nosos deportistas están a acadar. E todo isto, o estamos a facer potenciando as actividades culturais e sen deixar de atender aos nosos maiores coas actividades dedicadas a eles e que tan boa acollida lle están dando. Conservamos intactas a ilusión e as ganas de traballar para alcanzar o obxectivo que comprometemos fai dous anos: unha REDONDELA CON MAIÚSCULAS. Seguro que coa vosa colaboración e apoio, seremos capaces de conseguilo. Conto con todos vós. Javier Bas


Redondela con MAIÚSCULAS

3

As contas claras 350.068 €/ano

9.337 €/ano

16.637 €/ano

9.360 €/ano

252.152 €/ano

1.747 €/ano 0 €/ano

Salarios da corporación BIPARTITO 2010

Gastos de protocolo de alcaldía

Seguros de vida e accidentes de concelleiros

0 €/ano

Gastos de parking de concelleiros

PARTIDO POPULAR 2012

Sabías que... • Redondela non tivera nunca un plan de emprego e dende o cambio de goberno xa imos polo segundo? • Cando chegamos ao governo atopámonos 1,9 millóns de euros en facturas no caixón, que non se pagaran aos proveedores? Facemos política en busca da mellora do emprego en Redondela

Cursos de máis de 600 horas para formar monitores de ocio e turismo

Defendemos as empresas de Redondela para xerar postos de traballo

Potenciamos a formación en función das demandas das empresas


4

Segundo ano de goberno do Partido Popular

Obras para tod@s

Unha pequena mostra dos camiños e espazos asfaltados neste ano

Sabías que... • Nin unha soa das parroquias tiña completado o saneamento? • Neste ano a inversión prevista para saneamento nas parroquias ronda 1.000.000 €?

Continuamos a mellorar o servizo de saneamento nas parroquias

Traballamos na mellora dos accesos públicos

Remodelamos as marquesiñas e instalamos paneis informativos


Redondela con MAIÚSCULAS

5

Mens sana in corpore sano

Colaboramos co IES Pedro Floriani na difusión do xadrez na escola

363

20.700

Sabías que... • Nestes dous últimos anos, todas as partidas de servizos sociais aumentaron ou se mantiveron, a pesares da situación económica?

240

3.360

Número de prazas (Activ. Maiores: Tai Chi e Memoria) BIPARTITO 2010

Aumentamos as prazas de ocio saudable para os nosos maiores

Horas adicadas totais (Programa de Conciliación)

• Se creou unha ordenanza para emerxencias sociais? • O Concello de Redondela cedeu un local para que os nenos do Colexio de Primaria de Redondela, poidan ter comedor?

PARTIDO POPULAR 2012

Instalamos dous novos parques biosaludables e situamos os existentes en contornos naturais e atractivos

Redondela xa dispón dunha sección da Escola Oficial de Idiomas e este curso pasado tivo 178 alumnos


6

Segundo ano de goberno do Partido Popular

As promesas de onte...

Remodelación integral do Pavillón de Chapela

Nova Escola de Mú

1ª fase do complexo dep

Execución da 1ª fase de ampliación da estrada da praia

Restauración integral d


úsica de Chapela

Redondela con MAIÚSCULAS

...as realidades de hoxe

Novo parque infantil da Xunqueira

portivo de Santa Mariña

do Viaduto de Madrid

Posta en marcha da Piscina de Chapela

7


8

Segundo ano de goberno do Partido Popular

Mellorando o noso entorno

Presentación da “Liña Verde”, servizo municipal de información medioambiental

Posta en valor do complexo arqueolóxico de Monte Penide

Sabías que... • Máis de 150 voluntarios participaron nas labores de limpeza dos ríos Alvedosa, Fondón e Maceiras e nas praias de Cesantes e Rande?

O Programa Europeo de Recuperación de Ríos chegou ao noso Concello

Eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora da seguridade vial

Limitación de tráfico no Casco Vello, só para residentes


Redondela con MAIÚSCULAS

Pensando nos rapaces

Parque infantil de Cesantes

Parque infantil de Cabeiro

Sabías que... • A Illa de San Simón nunca acollera actividades lúdicas para nenos? • Neste último ano visitaron a illa máis de 800 escolares de Redondela? • O Concello organizou por primeira vez un Campamento de Verán na illa para nen@s da nosa vila? Conseguimos que a Illa de San Simón sexa disfrutada polos redondeláns

Parque infantil de Santo Estevo

Parque infantil de Reboreda

9


10

Segundo ano de goberno do Partido Popular

Apoiando ao comercio local

O público acudíu masivamente á segunda feira outlet

Impletamos unha mellor imaxe para a promoción do choco, o noso produto estrela

Sabías que... • A Festa do Choco foi declarada de Interese Turístico Autonómico en 2013? • Este mesmo ano o choco de Redondela obtivo un etiquetado que garante a súa calidade e orixe?

Estamos a promocionar o mercado municipal

O plan “Coñece a tua Provincia” achegará miles de visitantes a Redondela

A reordenación de espazos de aparcamento favorece ao comercio local


Redondela con MAIÚSCULAS

11

Ocio e cultura para todos os gustos

A Festa do Choco achega a miles de visitantes a Redondela

Homenaxes, exposicións e publicacións nos recordaron a figura de Casto Sampedro

Sabías que... • Por primeira vez, o concello está a elaborar unhas bases para adxudicar subvencións culturais, e evitar outorgar axudas “a dedo”? • O Concello de Redondela está a por en marcha o Arquivo Municipal de Documentación Histórica sobre Redondela? O Entroido de Verán convertiuse na cita de maior afluencia da vila

Melloramos a calidade das nosas actividades culturais

Novos programas, eventos e mellor difusión da actividade cultural


Sabías que... • O pasado ano, 5700 persoas se achegaron a coñecer a Illa de San Simón? • En Redondela conflúen os trazados de tres Camiños de Santiago: Camiño Portugués Central, Camiño Portugués do Norte e Camiño Portugués da Costa, polos que pasan máis de 10.000 peregrinos ao ano? • O anterior governo do PSOE-BNG inaugurou a piscina de Chapela, sen os servizos necesarios de luz e auga para a súa posta en funcionamento e sen ter recepcionada a obra? • A Danza das Penlas xa existía na Idade Media, e soamente se conserva en Redondela? • Monte Penide, con máis de 60 mámoas, é unha das necrópoles máis importantes de Galicia? • O Concello de Redondela ten unha bolsa municipal de emprego con 1.834 persoas inscritas? • A Senda da Auga, percorre máis de 23 Km, nos que ofrece algunhas das mellores vistas do noso concello? • Este ano o Concello asinou 11 convenios de colaboración con empresas, a través dos cales se posibilitou a creación de emprego na nosa vila?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.