Salimar proxecto volandeira

Page 40

3.2. Difusión e promoción de novos produtos a partir de volandeira da ría de Vigo. Por mor da evolución das características do mercado actual: competitivo, globalizado e diversificado, e as exixencias do consumidor (produtos doados de preparar, naturais e saudables, cunha mellor calidade nutricional) vense observando unha evolución na formulación dos produtos por parte das empresas do sector agroalimentario que levou á creación de novas actividades encamiñadas ao desenvolvemento de novos produtos alimentarios cómodos, sans, atractivos e cunha explotación industrial económicamente viable e medioambientalmente sostible. En base a isto, nos últimos anos vense incrementando de forma considerable a demanda de produtos de preparación sinxela e rápida, coma os pratos precociñados, os produtos de IV e V gama e outros alimentos “listos para consumir”. Parte desta demanda procede da hostalaría, da restauración e das cadeas de comida rápida, sectores que requiren cada vez maiores volumes destes produtos.

3.2.1.- Actuacións emprendidas no marco publicitario: deseño dunha imaxe de marca, folletos, receitarios, catálogos… Con este proxecto preténdese sentar as bases para introducira volandeira da ría de Vigo nun mercado onde terá que competir fundamentalmente coas seguintes especies: >>

Argopecten purpuratus, procedente da costa oeste de América do Sur, entrou con forza no mercado, anque a falta de continuidade nos stocks e as fluctuacións de prezos, fixeron frear un pouco a súa progresión. É un competidor a ter moi en conta, xa que, anque organo-

40

lepticamente distínguese perfectamente da europea, o seu prezo é moi competitivo. >>

Aequipecten opercularis, procedente doutros países da Unión Europea coma o Reino Unido, Irlanda e Francia. Probablemente sexa o competidor máis directo, xa que se trata da mesma especie. Os seus puntos fortes a ter en conta son o talle, a presenza de coral e a limpeza da cuncha, convertíndoo nun produto moi atractivo visualmente.

Un dos principais obxectivos deste proxecto é a difusión dunha liña de produtos elaborados a partir de volandeira procedente da ría de Vigo.

Coa intención de crear unha imaxe de marca diferenciada e promover a difusión do produto, puxéronse en marcha as seguintes actuacións: >>

Deseño dun etiquetado propio.

>>

Deseño de novos formatos.

>>

Deseño e elaboración de folletos, receitarios, catálogos…


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.