Salimar proxecto volandeira

Page 31

(50–80 mm de brazo) aliméntanse con vieras dun máximo de 35 mm. É decir que darían conta da nova fixación que aparecese nos bancos. Por todo iso, e para manter un banco abundante na Ría, é imprescindible proceder á limpeza de fondos para eliminar a estrela, que se alimenta tamén doutros bivalvos de interese, como todas as especies de ameixa, ostras, etc.

Cuestionámonos a necesidade de tanta selección por peneirado. Obviamente, debe realizarse un primeiro cribado no intre do desapegue, sobre todo para eliminar o fouling e os predadores e de cara a aproveitar a semente menor de 7 mm. O fouling e os predadores deben seleccionarse por cribados, xa que é máis sinxela a súa separación; esta selección implica que tamén a semente quede seleccionada. Pero, unha vez iniciada a preengorda, non consideramos que sexa necesaria uhna nova selección até chegar á fase de engorda, ben que se realice esta en gaiolas ou en lanternas. E a data de engorda probablemente poida retrasarse até abril ou maio, se a densidade inicial é moderada. Que a densidade moderada afecta significativamente á taxa de crecemento queda demostrado polo crecemento acadado polos individuos >25 mantidos a 3 densidades distintas, xa que aos dous meses de iniciada a preengorda, as mantidas a menor densidade son significativamente maiores. Que non é necesaria unha selección por talle moi frecuente, demóstrao que os pectínidos >10 mm en setembro acadan igual talle cós seleccionados por criba >25 en novembro e mantidos a densidades comparables durante cuatro meses. O que significa que, unha vez feita a primeira selección no desapegue, se a densidade non é alta, pode manterse a preengorda até abril ou maio con bos resultados.

31


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.