Salimar proxecto volandeira

Page 3

PRÓLOGO A posta en práctica do proxecto que reflicte estas páxinas é unha evidencia da valía dos Grupos de Acción Costeira e do seu labor de dinamización das áreas costeiras de Galicia.A confraría de Cangas traballou intensamente a través do Grupo de Acción Costeira ría de Vigo-A Guarda (GAC7) para surtir de valor á volandeira, un dos moluscos característicos da ría de Vigo. Esta publicación é un fiel reflexo dunha andaina que promoveu a confraría de Cangas en forma de papel e que recibiu axudas no marco do eixo 4 de desenvolvemento sostible das zonas de pesca dos fondos europeos. As accións realizadas pola confraría comprenderon todo o ciclo de vida da volandeira na ría de Vigo, dende a súa reproducción e a obtención de semente ata a preengorda e a súa comercialización. A iniciativa que se describe a continuación é un bo exemplo de que todo aquel que sementa logo recolle e tamén do bo aproveitamento que o sector fai do eixo 4 para diversificar e estruturar a súa actividade. A proba está en que o estudo da época de asentamento da semente e das técnicas de cultivo adaptadas ás condicións da ría de Vigo, así como a utili-

zación dun método de traballo continuado e respectuoso na cría da volandeira, repercuten na mellora da produción deste molusco. Unha boa produción, debe ir acompañada dunha boa comercialización e esta premisa salta á vista neste proxecto, que tamén analiza as canles de comercialización deste produto e inclúe un amplo estudo de mercado. O obxectivo é potenciar a incorporación de novos sistemas de trazabilidade da volandeira da ría de Vigo e aportarlle valor engadido. Dende a administración vemos con bos ollos e apoiamos a posta en práctica de iniciativas que, coma esta, parten do sector e buscan dignificar e pór en valor a riqueza dos produtos nas nosas rías, xa que repercuten en rendibilidade para a profesión. A mellor forma de facelo é a través da divulgación do produto desde todas as súas arestas, a da calidade, a da súa importancia para a economía e a das súas propiedades nutricionais e culinarias. Toda esta labor divulgativa está presente nas accións que a confraría de Cangas, a través do GAC 7, puxo en marcha para sacar á luz o potencial da volandeira da ría de Vigo.

Rosa Quintana Carballo Conselleira do Medio Rural e do Mar

3


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.