Boletín de novidades adultos da biblioteca municipal: verán 2022

Page 1


00 Unha sinxela guía de lectura que pretende difundir as últimas incorporacións á colección da biblioteca municipal nas seccións para público adulto.


ÍNDICE

00 Presentación 01 Ficción en Lingua galega 02 Ficción en Lingua castelá 03 Obras informativas 04 Banda Deseñada


01 FICCIÓN EN LINGUA GALEGA


LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / DÁV/ ser

OS SERES QUERIDOS XXXVIII Premio Xerais de Novela Autoría: Berta Dávila Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / YÁÑ/ non

NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA Autoría: Antía Yáñez Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse.Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar.


01

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / AME/ cer

O CERVO E A SOMBRA

FICCIÓN GL

Premio da Crítica Española, 2022 - Premio Follas Novas (Narrativa), 2022 Autoría: Diego Ameixeiras Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. Na loita por superar a orfandade e non renderse ante as circunstancias, Mateo procura o apoio de Andrés, un sacerdote que anos atrás o axudou a desintoxicarse e agora insiste en solucionarlle as dúbidas de fe.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / QUE/ fin

FINAL FELIZ Autoría: Xavier Queipo Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en gloriosa promenade; vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha gran nevarada en Viena; notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova.Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensacións oníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, na observación da natureza, e que conforman un novo elo no universo literario do seu autor.


LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / IGL/ soñ

OS SOÑOS DE MIGUEL Autoría: Manuel Iglesias Turnes Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

Miguel é un mozo novo, orfo de nai, que será criado polos avós baixo unha disciplina férrea baseada na autoridade propia da ditadura franquista. Despois dun misterioso accidente sufrido polo pai, Miguel vese na obriga de levar o peso do traballo que se fai na casa duns bos labradores como son os de Branco.Con todo, el nunca deixa de soñar cun proxecto de vida que lle permita habitar a aldea dignamente. Nin o desengano amoroso, nin o tráxico acontecemento que lle cambia a vida conseguirán afastalo do camiño.Tras «As rapazas de Xan», un emotivo retrato do rural da Galicia de mediados do século XX, e «Que non te aten», un poderoso relato protagonizado por gandeiros, Manuel Iglesias Turnes escribiu «Os soños de Miguel», novela ambientada na década de 1970 para plasmar o momento en que Galicia pasaba do autoconsumo a figurar entre as zonas máis importantes de Europa en produción de leite.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / ARA/ ima

IMAXES ROUBADAS

XXIII Premio Ánxel Fole de narración Curta do Concello de Lugo Autoría: Nones Araújo Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, condúcennos ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes... As destes contos son palabras roubadas ás imaxes que nos mergullan na pobreza infantil, nos excesos dos ricos infelices, na crise, no incivismo, no fanatismo relixioso, no erotismo e no humor. As segundas oportunidades, que inzan de esperanza os amores serodios, e os individuos impresentables, convertidos en boas persoas por arte da maxia e da tolerancia, tamén forman parte deste fermoso catálogo literario.Nones Araújo é sabedora de que o camiño andado non sempre é a única opción. A escritora confía na capacidade da literatura para abrir portas cando a liberdade é roubada e se impón a desigualdade. Por iso nos proporciona estes relatos de ficción en tempos tramposos, con finais non sempre festivos e, ás veces, sorprendentes.


FICCIÓN GL

01

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / REI / mat

MATARÁN A REBOIRAS Autoría: Luís Rei Núñez Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza. Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia. Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade.En «Matarán a Reboiras», Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e proponnos unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / FUE / tra

O TRADUTOR DE SOMBRAS Autoría: Moncha Fuentes Edicións Xerais, 2022

SINOPSE

Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá entregándolle a palabra a personaxes tan relevantes que deseñarán a arquitectura coral de «O tradutor de sombras». Coñeceremos a Néstor, as súas vivencias políticas e a traxedia persoal que o envolve; vibraremos con Camila Ferro e coa súa turbadora historia de amor e morte; latexaremos coa experiencia psiquiátrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face máis esgazadora da doenza mental nas voces trémulas de Inés Lostre e Simón Cibeira. Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado; outras, frenético e mesmo, en ocasións, aloulado- na novela desprégase nunha polifonía de tons diversos e disonantes que acadan a harmonía no conxunto final.


LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / FER / bai

BAIXO AS ALAS DE ABRIL Autoría: Xoaquín Fernández Leiceaga Editorial Galaxia, 2021

SINOPSE

Febreiro de 1989. Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación. A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as consecuencias na vida dos militantes do grupo armado e dos seus achegados. Mariló rexenta o bar familiar e ten o seu irmán agonizando no hospital, onde unha visita do comisario Santos, que acaba de ser pai, vai desdebuxar os límites do convencionalmente esperable. Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da liberdade.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / LEM / paz

PAZO DE INVERNO Premio García Barros 2021 Autoría: Alberto Lema Editorial Galaxia, 2021

SINOPSE

Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establecerían con eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia? Nesa cidade, chamada Faro, as cousas non son tan sinxelas como parece. A Helena, a nova alcaldesa, a quen lle abonda un aceno para transmitir a vontade toda da transformación social, non lle chega con obter a maioría nunhas eleccións. Cómpre introducirse nas engrenaxes da administración; tratar con xornalistas coma Miranda, tan escéptico como para ser cínico, e manter a raia empresarios que levan toda a vida mandando, como Cosme Durán. Tampouco é suficiente inverter o protocolo patriarcal nin manter os compañeiros afastados da doenza infantil do esquerdismo.


FICCIÓN GL

01

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / PIT / ret

RETRATOS EN BRANCO E NEGRO Autoría: Charo Pita Editorial Galaxia, 2022

SINOPSE

Retratos fantasmais onde o extraordinario e o cotián, a fotografía e a palabra, o branco e o negro van da man para construíren realidades que, dalgún xeito, acaban apuntando á nosa.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / PEN / ent

EN TEMPO DE DESCONTO Autoría: Xosé Ramón Pena Editorial Galaxia, 2022

SINOPSE

Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. Un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico.


LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / MON / ete

ETERNITY

Premio Narrativa Breve Repsol 2021 Autoría: Xosé Monteagudo Editorial Galaxia, 2021

SINOPSE

Cando alguén morre, que queda, á parte dun nome nunha lápida? Canta xente e durante canto tempo se lembran del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha conservar perenne e indeleble, tal e como a lembran os seus achegados. A el únense Larisa, Daniel e Héitor. Catro enxeñeiros informáticos que precisan de alguén máis que domine varias linguas e saiba redactar: a protagonista desta novela. O que ela non sospeita é que a historia das vidas dos demais a ha levar a descubrir as orixes da súa propia e agochada historia.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / RIE / aqu

AQUÍ COMEZA O MAR Premio Blanco-Amor 2021 Autoría: Blanca Riestra Editorial Galaxia, 2022

SINOPSE

Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte do istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres. Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura. Aquí comeza o mar é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital del franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo.


FICCIÓN GL

01

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / ROD / ill

ILLOTE P, BARRACA 16 Autoría: Santiago Rodríguez Salinas Editorial Galaxia, 2021

SINOPSE

Tras a finalización da Guerra Civil española, miles de refuxiados tiveron que pasar polo purgatorio dos campos de concentración franceses. En Illote P, Barraca 16, Santiago Rodríguez Salinas, un deses exiliados forzosos, achéganos á vida neses campos de concentración, onde a súa longa estadía lle permitiu coñecer e vivir intensa e extensamente os feitos que se narran, todos reais, e que amosa o grande espírito de acomodación e de improvisación dun pobo que soubo sobrepoñerse á traxedia e, con estoicismo, moitas veces heroico, resolver con inventiva e graza innatas, situacións difíciles, convertendo en cómico o que doutro xeito puido ser tráxico.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-N / EIR / aus

AUSENTES Autoría: Afonso Eiré Hércules de Ediciones, 2022

SINOPSE

Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas. Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamén daqueles que verdadeirament se lucraron do gran negocio da emigración e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza á luz das últimas investigacións. Un libro imprescindíbel para saber quen somos.


LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-P/ CAL / abe

A ABERTURA DA BOCA Autoría: Carlos Callón Editorial Galaxia, 2021

Poesía

SINOPSE

No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que unha estatua cobrase vida. Carlos Callón convoca esta metáfora para se debruzar sobre unha “certa estadía nun certo inferno” e levarnos canda el polos lindes inmapeábeis dunha dor que non quere ser desterrada.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua galega | SINATURA: G-T / CAR / alu

AS ALUMNAS Autoría: Paula Carballeira Editorial Galaxia, 2022

SINOPSE

Teatro

Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comite de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que e o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.


02 FICCIÓN EN LINGUA CASTELÁ


LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua castelá | SINATURA: N / MAT/ cue

CUERPOS AJENOS Autoría: Gisela Mato Editorial Tandaia, 2020

Autora de Brión

SINOPSE

Posiblemente etiquetable bajo el género fosco, los relatos que componen este volumen mezclan el terror de lo cotidiano con la crítica a la deshumanización que vive nuestra sociedad. Humor y mala leche se mezclan para componer un patchwork de historias que se leen como quien se toma una ronda de chupitos: la garganta solo arde después del último trago.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua castelá | SINATURA: N / PÉR / sue

LA SUERTE DEL ENANO Autoría: César Pérez Gellida Editorial Suma de Letras, 2020

SINOPSE

Valladolid, 2019. Sara Robles es una inspectora singular. Encargada de resolver un macabro crimen, además tiene que lidiar con sus problemas cotidianos, estrechamente relacionados con la adicción al sexo y con un pasado que no termina de curar. Mientras tanto, El Espantapájaros, una misteriosa cabeza pensante, ha orquestado el robo perfecto junto a un exminero, un pocero y un sicario, y está a punto de llevarlo a cabo a traves del alcantarillado de la ciudad. Un gran golpe al Museo Nacional de Escultura de Valladolid, un asesinato repleto de incógnitas y una inspectora poco social y adicta al sexo empeñada en librar todas las batallas: así es la nueva novela de Cesar Perez Gellida.


FICCIÓN ESP

02

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua castelá | SINATURA: P / DIC / min

LA MINIATURA INCANDESCENTE Autoría: Emily Dickinson Selección, traducción y prólogo: María Negroni Imágenes: Lucila Biscione Editorial Libros del Zorro Rojo, 2021

Poesía

SINOPSE

«Los cuartetos que conforman este volumen constituyen una curiosidad. No forman parte de forma oficial de la obra poética de Dickinson. La poeta los escribía como pequeños amuletos y los enviaba modulándolos según su interlocutor como si fueran regalos, acompañando flores, o imbricados adentro de la prosa de sus cartas.» Así nos lo explica la doctora María Negroni, traductora y prologuista de esta singular obra: «El cuarteto es el sello que marca la poesía de Dickinson, su forma omnipresente y la más elaborada. A veces, de esas miniaturas incandescentes salían poemas propiamente dichos. Su importancia en el conjunto es, sin embargo, crucial». Esta edición bilingüe reúne 185 poemas inéditos en España, agrupados por la fecha de su escritura, y acompañados del elegante trabajo artístico en papel recortado de Lucila Biscione.

LOCALIZACIÓN: Sección de Literatura en lingua castelá | SINATURA: P / DIC / car

CARTA AL MUNDO Autoría: Emily Dickinson Traducción: María Negroni Ilustraciones: Isabelle Arsenault Editorial Libros del Zorro Rojo, 2019

SINOPSE

Poesía

Esta hermosa edición incluye una nueva y excelente traducción, así como una reinterpretación gráfica de siete de los poemas más famosos de Emily Dickinson, una gran poeta cuya vida continúa siendo un misterio. Sus poemas breves, intensos y contradictorios nos revelan un alma enigmática. Por ello su obra no puede abordarse con un criterio puramente textual. Isabelle Arsenault muestra una rica comprensión de su poesía, creando una meditación sutil sobre la vida de Dickinson y la intersección de esta con su verso.



03 OBRAS INFORMATIVAS


LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua castelá | SINATURA: 37 / CAR

CARTILLA ESCOLAR ANTIFASCISTA Autoría: Berta Dávila Editorial Libros del Zorro Rojo, 2020

SINOPSE

La educación popular fue uno de los pilares fundamentales de la transformación social en tiempos de la II República, y la Cartilla escolar antifascista fue sin duda la herramienta más eficaz para definir e implantar sus valoresentre las milicias republicanas por parte del Ministerio de Instrucción Pública en su lucha contra el analfabetismo. La primera edición fue impresa en Valencia en 1937, con un tiraje de 150.000 ejemplares. La Cartilla escolar antifascista, concebida y distribuida durante la contienda bélica, pretendía iniciar en el conocimiento de las operaciones aritméticas básicas y de la lectoescritura a los soldados del bando republicano y, a su vez, concienciarlos y comprometerlos con la lucha antifascista.

LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-615 / BER / set

7 HERBAS MÁXICAS: PARA A TÚA SAÚDE, BELEZA E BENESTAR Autoría: Rosalía Bermúdez Santos Hércules de Ediciones

SINOPSE

Se es amigo das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudable, coidarte de maneira natural, se estás preocupado polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY, e vives tanto nunha contorna rural como nunha urbana? este libro é para ti. Desfrutarás das historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal: a melisa, a herba luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera. Poderaste achegar ás súas propiedades e usos máis estendidos. E sobre todo, á súa aplicación práctica moi fácil. Poderás descubrir por ti mesmo todo o potencial que as plantas gardan para ti. Este é un libro apetecible, agradable de ver e de ler e, asemade, moi útil. Ademais de numerosos trucos herbais, levarás cinco preparados moi doados.


OBRAS INFORMATIVAS

03

LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-51 / GON / boc

BOCADOS MATEMÁTICOS Autoría: Paulo González Ogando Edicions Xerais, 2022

SINOPSE

As matemáticas están presentes no día a día, aínda que ás veces non nos decatemos. Unha mirada adestrada consegue identificar elementos xeométricos, numéricos, lóxicos ou estatísticos ao seu arredor en multitude de situacións. Desde a forma do balón de fútbol ata o número que nos asignaron no noso DNI, nestas páxinas explícanse exemplos variados de aplicacións das matemáticas. Algunha delas é ben insospeitada e incluso pode producir abraio. A ciencia leva a formular preguntas porque sen preguntas non hai respostas. Bocados matemáticos dá respostas, fomenta a curiosidade e persegue que se perda o medo a facer uso das matemáticas.

LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-74 / BLA / deb

DEBUXAR O MUNDO

Premio Marta Mata de Pedagoxía, 2020 Autoría: Vicente Blanco, Salvador Cidrás Editorial Galaxia, 2021

SINOPSE

Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas. Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamén daqueles que verdadeirament se lucraron do gran negocio da emigración e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza á luz das últimas investigacións. Un libro imprescindíbel para saber quen somos.


LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-641 / FEL / doc

DOCES E LAMBETADAS Autoría: Matilde Felpeto Lagoa Edicións Xerais, 2021

SINOPSE

Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos nos que, paralela á historia da humanidade, se vai forxando a historia da gastronomía. Estas elaboracións culinarias naceron ligadas a unha cultura, a un pobo, e outras foron creación dunha cociñeira ou cociñeiro, pero todas se espallaron polo mundo e perduran no tempo. Cada unha das receitas ten unha historia e unha evolución que se conta no libro.

LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-785 / GEN / dis

DISCOTECA ATLÁNTICA: 100 DISCOS GALEGOS (1970-2020) Autoría: Marcos Gendre Editorial Galaxia, 2022

SINOPSE

Unha travesía polo labirinto identitario da vangarda musical galega da man de Marcos Gendre, un dos autores máis prolíficos da literatura musical. Entre os trinta ensaios musicais que publicou en diversas editoriais, destacan Pata Negra. Anarquía e liberdade dos Amador (2018), Manchester. El sonido de la ciudad (2018) e Miles Davis. O Big Bang oceánico (2017). Como xornalista cultural, escribe habitualmente para publicacións como Zona de Obras, El Salto, Rockdelux, Vinte, Luzes e Mondosonoro. Ademais, é coordinador do colectivo Ruido de Fondo e do selo discográfico Esquío. Discoteca atlántica é unha selección caleidoscópica da música galega do último medio século.


OBRAS INFORMATIVAS

03

LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-811 /ROD/ lin

LINGUA, PODER E ADOLESCENCIA Autoría: Miguel Rodríguez Carnota Edicions Xerais, 2022

SINOPSE

O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte dunha tese doutoral co mesmo título, é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do noso país. Os seus relatos, radiografados a través de técnicas de análise do discurso, sitúannos enteiramente fóra do paradigma oficial do «bilingüismo harmónico». Hai ataques, padecementos, renuncias, resistencias, pequenos triunfos e amargas derrotas onde o que menos abonda é a «cordialidade lingüística» que habitualmente se proclama como emblema de Galicia. É dicir, na práctica existe unha incomprensible oposición a querer facer do galego unha lingua tan normal coma calquera outra.

LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-711 / BAA / nov

UNHA NOVA OLANDA Autoría: Antón Baamonde Editorial Galaxia, 2021

SINOPSE

A trama urbana do país, ese heptágono fenomenal, está inmersa en procesos planetarios, onde as súas grandes empresas teñen a mirada posta en horizontes globais que son fiestras de oportunidade. Galicia terá un horizonte se sabe combinar co Norte de Portugal un eixe atlántico que sexa un imán de atracción de investimentos, poboación, recursos e talento. A Galicia vénlle ben unha España en rede que tome en consideración a Portugal, onde o seu futuro será urbano, ou non, o que non é unha idea novidosa, pois xa Antolín Faraldo reclamaba no século XIX unha gran cidade como modo de promover o progreso e rachar o dominio das vellas elites. Cada cidade galega ten o seu propio carácter. As identidades urbanas —A Coruña, Vigo, Santiago…— son un país ignoto por explorar.


LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-314 /ALO/ mig

MIGRANTAS: A NOVA DIÁSPORA GALEGA CONTADA POR MULLERES Autoría: María Alonso Alonso Editorial Galaxia, 2021

SINOPSE

Un libro de historias en primeira persoa sobre a nova diáspora galega onde falan as súas protagonistas, e que intenta romper coa idea patriarcal da emigración galega. Os testemuños das mulleres que aquí participan abordan temas relacionados cos sentimentos de pertenza e de desarraigamento, a idea de fogar, o concepto de tránsito ou o do regreso imposible. As historias que dan forma a este libro son historias dispares condicionadas por variadas causas e con diferentes resultados, historias de superación e de frustración, en moitos casos, que quedarán como memoria oral dunha xeración e dunha época.

LOCALIZACIÓN: Sección de monografías en lingua galega | SINATURA: G-305 / CAS / ist

ISTO SI É UN HOME: UNHA MIRADA MASCULINA CONTRA O PATRIARCADO Autoría: Francisco Castro Editorial Galaxia, 2022

SINOPSE

Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio onde o autor ironiza sobre os mitos irracionais do patriarcado para demostrar, desde unha respectuosa seriedade, como o machismo é mundialmente destrutivo, eticamente peor e cunha decidida e indesexable tendencia á infelicidade. Hai aquí un manifesto contra a violencia que reivindica insistentemente a liberdade e a diversidade como dereitos irrenunciables de calquera ser humano, sexa el, ela ou ele. A súa lectura é obrigada para quen desexe entender mellor esta revolución ideolóxica do século XXI, a chamada Cuarta Onda do Feminismo.


04 BANDA DESEÑADA COMITECA


LOCALIZACIÓN: Sección BD - Comiteca | SINATURA: BD-B / BAR / llu

LLUVIA DE PRIMAVERA Autoría: Paolina Baruchello e Andrea Rivola Tradución: Marta Tutone Liana Editorial, 2019

AVENTURAS FEMINISMO AMISTADE KUNG-FU

SINOPSE

Una historia de sororidad, empoderamiento y kung-fu. Una historia con dos protagonistas: Shu Mei, una monja guerrera, y Chun Yu, una joven huérfana que vive y trabaja con su tío. Wong El Tigre amenaza a la pequeña Chun Yu con convertirla en su esposa. La chica encuentra en la misteriosa monja una aliada y una guía. Shu Mei no luchará por la libertad de Chun Yu, sino que transmitirá a la joven su conocimiento y su arte para que, a través del kung fu, pueda encontrar la fuerza para enfrentarse a Wong. Una historia que nos enseña a buscar en nosotros mismos la fuerza necesaria para resolver los problemas y superar las barreras.

LOCALIZACIÓN: Sección BD - Comiteca | SINATURA: BD-D / ANT / lee

LEE MILLER: CINCO RETRATOS Autoría: Eleonora Antonioni Tradución: Marta Tutuone Liana Editorial, 2021

SINOPSE

BIOGRAFÍA FEMINISMO FOTOGRAFÍA GUERRA

Lee Miller, que nació en Estados Unidos en 1907, fue modelo para Vogue y Vanity Fair, fue fotógrafa y fue reportera de guerra en Europa durante la Segunda Guerra Mundial, documentando el papel de las mujeres en el periodo bélico. Eleonora Antonioni retrata a Lee Miller en cinco momentos de su vida: su infancia y sus comienzos en Vogue tras el fortuito encuentro con Condé Nast y el escándalo comercial que causó en 1928 una publicidad de compresas en la que ella aparecía; su vida en Europa y su relación con Man Ray; su mudanza a El Cairo; sus reportajes de la Guerra (Lee fotografió la llegada de los aliados a Dachau y se hizo una fotografía en la bañera del bunker privado de Hitler); sus últimos años y su dedicación a la cocina. Una mujer que sorprende por sus elecciones siempre difíciles y a contracorriente, todas encaminadas a la búsqueda continua de conocimiento y de vida.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.