A administración electrónica nos concellos galegos 2007

Page 1



Edición © 2007 Xunta de Galicia Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Elaboración Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas Dirección Xeral de Administración Local

Coordinación Observatorio da Calidade e da eAdmistración de Galicia

Análise de datos EOSA Consultores

Deseño e impresión Tórculo Artes Gráficas, S.A.

Depósito Legal C 1182-2007

Versión on-line dispoñible en www.ocegobservatorio.eu


PRESENTACIÓN

O desenvolvemento da administración electrónica é unha das prioridades que se fixou o goberno de Galicia como factor clave para a mellora da calidade dos servizos que a Administración lles presta aos cidadáns, ao tempo que representa un incentivo para aumentar o número de persoas que acceden aos servizos da sociedade da información. O avance das tecnoloxías da información e as comunicacións e, en particular, o uso da internet e a xeneralización das redes de banda larga, fan posible este novo modelo de relación dos cidadáns coas administracións públicas. Non obstante, contar con tecnoloxías é unha condición necesaria pero non é suficiente para completar o proceso de transformación que se require. O cambio a nivel tecnolóxico debe estar acompañado por un redeseñar dos procesos administrativos e a correspondente adaptación das competencias do persoal. Así mesmo, a difusión dunha cultura innovadora dentro do equipo de persoal das administracións é un aspecto importante que condiciona a innovación nos procesos e o desenvolvemento da administración electrónica. Neste sentido, o uso das TIC debería servir para reorganizar e modernizar os servizos que presta a Administración pública, así como para cumprir os obxectivos de eficiencia, eficacia, transparencia e participación cidadá. Así mesmo, co fin de evitar toda marxinación no acceso aos servizos públicos, as administracións deberían utilizar un enfoque multicanle que lle permita ao usuario interactuar utilizando o medio que considere máis conveniente (portelo físico, sitios web, televisión dixital, telefonía móbil, etc.)


Para facer chegar á sociedade os beneficios que ofrecen os servizos da administración electrónica, é necesario incidir tanto na oferta coma na demanda dos servizos. De nada serve contar con bos servizos se estes non son coñecidos pola sociedade ou se non se facilita o acceso aos devanditos servizos. Avanzar na implantación da administración electrónica require esforzos para pór en marcha os sistemas, pero tamén supón investir en accións de divulgación, sensibilización e, por suposto, formación para dar a coñecer eses servizos aos cidadáns e potenciar a súa utilización. Os investimentos neste tipo de servizos teñen importantes retornos, que se poden cuantificar en termos de aforro de tempo para os cidadáns e as empresas e maior eficiencia e produtividade da Administración pública. Así mesmo, a administración electrónica achega importantes vantaxes cualitativas como a mellora da satisfacción dos usuarios respecto dos servizos recibidos ou a participación e transparencia da Administración pública na súa relación cos cidadáns. O marco legal tamén é, o mesmo que as tecnoloxías, un facilitador e mesmo un elemento de tracción importante neste proceso de cambio cara a este novo modelo. Merece especial mención a Lei de acceso electrónico dos cidadáns á Administración, tamén coñecida como Lei de administración electrónica, que asegurará a validez xurídica das transaccións coa Administración, e garantirá ao mesmo tempo a calidade, seguridade e confidencialidade das devanditas transaccións. O papel dos concellos resulta clave en todo este proceso, por ser o punto de contacto máis próximo aos cidadáns para a realización de moitos dos trámites e servizos que estes demandan. Estes servizos poden incluír, entre outros, a xestión de impostos, padrón, axuda á busca de emprego, sanidade, seguridade social, vehículos, urbanismo, solicitude de certificados, inscrición en centros educativos, etc. Trátase de servizos dirixidos tanto aos cidadáns coma ás empresas e nos que, ademais dos propios concellos, poden estar implicadas a Administración autonómica ou a central.


Este estudo constitúe un paso importante para identificar accións e proxectos que impulsen o desenvolvemento da administración electrónica na Administración local. Os resultados obtidos poñen de manifesto a existencia de importantes diferenzas na situación actual en función da dimensión do concello, sendo necesarias accións diferentes en cada caso. Os concellos de menor dimensión, que por outra parte son os máis numerosos, son os que maior apoio requirirán neste proceso de modernización dos servizos. O diagnóstico realizado apunta a necesidade de mellorar en aspectos como a seguridade e a adaptación ao marco legal, a extensión do acceso dos concellos á banda larga, a mellora dos sistemas de tramitación electrónica ou a mellora da interoperatividade entre a Xunta de Galicia e os concellos. Este diagnóstico é a base dun conxunto de liñas de actuación en que xa se está a traballar e sobre as que se pretende seguir actuando nos próximos anos, xa que aínda queda moito camiño por percorrer. Así mesmo, e en coherencia co modelo descrito, as actuacións en sistemas e tecnoloxías que se poñan en marcha deberanse complementar con actuacións en materia de calidade e organización para que se produza un verdadeiro cambio na orientación dos servizos públicos. Para medir o nivel de avance e o impacto das actuacións en materia de administración electrónica en Galicia, en xaneiro de 2007 púxose en marcha o Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica que ofrecerá un cadro de mando permanentemente actualizado para poder controlar o avance na implantación da administración electrónica na nosa comunidade. Este traballo é un dos primeiros resultados ofrecidos por este Observatorio. Quero finalmente transmitir o máis sincero agradecemento a todos os concellos, polo seu nivel de implicación, que fixo posible a realización deste informe, que servirá de referencia para o deseño das liñas de actuación para mellorar a calidade dos servizos que a nosa Administración lles presta aos cidadáns.

José Luis Méndez Romeu Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza



ÍNDICE

00



A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Índice de contidos

1

INTRODUCIÓN ........................................................................................ 13 1.1 Os concellos galegos ...........................................................................................................15 1.2 Factores clave da administración electrónica..................................................................17 1.3 Estrutura e contido do documento....................................................................................21

2

MARCO NORMATIVO E PROGRAMAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA ............. 25 2.1 Servizos comúns de administración electrónica .............................................................26 2.2 Marco legal e normativo para o desenvolvemento da administración electrónica ....28 2.2.1 Lexislación sobre sinatura electrónica ....................................................................28 2.2.2 Protección da privacidade e dos datos de carácter persoal..................................29 2.2.3 A Lei de acceso dos cidadáns á Administración....................................................31 2.3 Marco europeo para o desenvolvemento da administración electrónica.....................33 2.4 Iniciativas a nivel estatal para o desenvolvemento da administración electrónica nos concellos ...................................................................................................35 2.4.1 Programa PISTA.........................................................................................................35 2.4.2 Plan Moderniza ..........................................................................................................37 2.4.3 Plan Avanza ...............................................................................................................39 2.4.4 O programa Cidades Dixitais....................................................................................40 2.4.5 O programa Cidades Singulares ...............................................................................42

3

IMPORTANCIA DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN ............. 45 3.1 Infraestruturas de acceso: a dispoñibilidade de banda larga ........................................47 3.2 O uso das TIC polos cidadáns ............................................................................................50 3.3 As empresas galegas na administración electrónica ......................................................56 3.4 A administración electrónica e o software libre .............................................................59

4

A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS .... 65 4.1 Metodoloxía de estudo .......................................................................................................66 4.2 Principais indicadores da administración electrónica nos concellos galegos .............67 4.2.1 Equipamento nos concellos ......................................................................................67 4.2.2 Conectividade e dispoñibilidade de redes de comunicación nos concellos .......74

7


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.3 Conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia ................................................78 4.2.4 Infraestrutura de uso público; os telecentros .........................................................82 4.2.5 Conexión á internet...................................................................................................84 4.2.6 Aplicacións informáticas ..........................................................................................85 4.2.7 Sitio WEB..................................................................................................................100 4.2.8 Seguridade ................................................................................................................ 110 4.2.9 Mecanismos de autentificación; especial referencia á sinatura electrónica..............................................................................................115 4.2.10 Xestión das actividades informáticas nos concellos .........................................117

5

RESUMO E CONCLUSIÓNS .................................................................. 135 5.1 Resumo da situación actual ............................................................................................ 137 5.1.1 Análise do contorno ............................................................................................... 137 5.1.2 Análise interna; situación actual dos concellos ................................................. 142 5.2 Liñas de actuación ........................................................................................................... 150 5.2.1 Difusión, seguimento e avaliación .............................................................................. 150 5.2.2 Mellora de infraestruturas ......................................................................................151 5.2.3 Aplicacións de administración electrónica ......................................................... 152 5.2.4 Implantación e xestión do cambio nos concellos .............................................. 153 5.2.5 Soporte aos concellos............................................................................................. 154 5.3 Consideracións derradeiras ............................................................................................. 155

6

BIBLIOGRAFÍA ..................................................................................... 157

7

APÉNDICES ........................................................................................... 161 A.1. Glosario de termos e principais conceptos sobre a Administración electrónica ............................................................................. 162 A.2. Descrición do Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica .................................................................................. 172 A.3. Metodoloxía e ficha técnica do traballo de campo .................................................... 175

8


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Índice de figuras Figura 1.

Segmentos de poboación nos concellos galegos ............................................16

Figura 2.

Empresas con banda larga ................................................................................48

Figura 3.

Fogares con banda larga ...................................................................................49

Figura 4.

Fogares con ordenador ......................................................................................50

Figura 5.

Fogares con internet ..........................................................................................51

Figura 6.

Cidadáns que usaron internet nos últimos tres meses...................................52

Figura 7.

Interacción dos cidadáns coas administracións públicas a través da rede (% dos usuarios da internet) .................................53

Figura 8.

Interacción dos cidadáns coas administracións públicas a través da rede (% dos cidadáns) ....................................................54

Figura 9.

Servizos da administración electrónica utilizados polos usuarios da internet en Galicia (comparativa nacional) .....................55

Figura 10.

Interacción das empresas coas administracións públicas a través da rede ...................................................................................59

Figura 11.

Distribución de empresas de servizos sobre software libre...........................62

Figura 12.

Equipamento informático nos concellos .........................................................69

Figura 13.

Sistemas operativos empregados nos concellos .............................................71

Figura 14.

Software libre nos concellos .............................................................................72

Figura 15.

Mapa de distribución de software libre nos concellos ..................................73

Figura 16.

Telecomunicacións e conectividade nos concellos ........................................76

Figura 17.

Concellos con convenio con Eido Local. .........................................................78

Figura 18.

Mapa da rede corporativa da Xunta de Galicia por tipo de liña .................79

Figura 19.

Mapa da rede corporativa da Xunta de Galicia por largo de banda ...........80

Figura 20.

Mapa da Rede corporativa da Xunta de Galicia por largo de banda ..........80

Figura 21.

Mapa da Rede corporativa da Xunta de Galicia. Número de liñas por concello ...........................................................................81

Figura 22.

Acceso remoto aos sistemas informáticos dos concellos ..............................82

Figura 23.

Concellos con centros de acceso público á internet ......................................83

Figura 24.

Tipo de acceso á rede corporativa da Xunta para o sistema Eido Local.....84

Figura 25.

Paquetes ofimáticos empregados nos concellos .............................................86

Figura 26.

Navegadores da internet empregados nos concellos .....................................87

Figura 27.

Aplicación de xestión interna nos concellos ..................................................91

Figura 28.

Aplicacións de interoperatividade Xunta-concellos ......................................94

Figura 29.

Funcionalidade do actual portal Eido Local ...................................................95

9


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Figura 30.

10

O sistema Galimap; xestión cartofigura e envíos SMS .................................99

Figura 31.

Sitio WEB nos concellos..................................................................................100

Figura 32.

Mapa de distribución dos concellos que teñen unha páxina web oficial ...............................................................101

Figura 33.

Nivel de transacción das web dos concellos .................................................103

Figura 34.

Mapa de distribución do nivel de transacción das web dos concellos .....................................................................................104

Figura 35.

Soporte a contratación electrónica nas WEB dos concellos .......................106

Figura 36.

Idiomas das páxinas web dos concellos ........................................................107

Figura 37.

Mapa de distribución dos idiomas das páxinas web dos concellos ...........108

Figura 38.

Xestión dos contidos nas web dos concellos; frecuencia media de actualización ................................................................. 110

Figura 39.

Medidas de seguridade nos concellos ............................................................ 111

Figura 40.

Problemas de seguridade experimentados nos concellos............................113

Figura 41.

Mecanismos de autenticación nos concellos ................................................116

Figura 42.

Responsable da xestión técnica informática nos concellos ....................... 120

Figura 43.

Responsable da xestión económica en materia informática nos concellos............................................................121

Figura 44.

Entidades que prestan soporte informático aos concellos ......................... 122

Figura 45.

Provedor dos servizos de correo electrónico nos concellos ....................... 123

Figura 46.

Medios de contacto preferidos para o soporte informático nos concellos .................................................... 124

Figura 47.

Valoración da existencia dun interlocutor único en materia de TIC cos concellos .................................................................... 125

Figura 48.

Procedencia dos provedores TIC nos concellos ........................................... 126

Figura 49.

Nivel de satisfacción cos provedores TIC ..................................................... 127

Figura 50.

Areas da formación recibida polos concellos .............................................. 128

Figura 51.

Áreas de interese en materia de formación dos concellos ......................... 129

Figura 52.

O desenvolvemento da Administración electrónica: factores clave ......... 136

Figura 53.

Liñas de actuación para o impulso da administración electrónica nos concellos ............................................................................... 150

Figura 54.

Observatorio da Calidade e da e-Administración de Galicia ..................... 173

Figura 55.

Boletín de noticias do Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia ................................................. 174


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Índice de táboas Táboa 1.

Distribución dos concellos de Galicia por provincia e por dimensión .........................................................................16

Táboa 2.

Efectos positivos do impacto da administración electrónica .......................19

Táboa 3.

Dificultades ou demandas derivadas do impacto da administración electrónica ..........................................................................20

Táboa 4.

Resumo dos 20 servizos básicos descritos pola iniciativa e-Europe 2005 ..........................................................................27

Táboa 5.

Distribución dos concellos con páxina web de Galicia por dimensión e detalle da poboación correspondente aos ditos concellos ...........................................................................................101

Táboa 6.

Distribución dos concellos con páxina web de Galicia por provincia e detalle da poboación correspondente aos ditos concellos ...........................................................................................102

Táboa 7.

Freos á implantación de cambios nos concellos ..........................................131

Táboa 8.

Resumo da análise do contorno: ameazas e oportunidades .......................141

Táboa 9.

Resumo interno; fortalezas e debilidades..................................................... 149

Táboa 10.

Programa de difusión, seguimento e avaliación ..........................................151

Táboa 11.

Programa de mellora de infraestruturas ........................................................151

Táboa 12.

Programa: aplicacións de administración electrónica ................................ 152

Táboa 13.

Programa: implantación e xestión do cambio ............................................ 153

Táboa 14.

Programa: soporte aos concellos................................................................... 154

11



INTRODUCIÓN

01


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Facer a Administración máis transparente e próxima á cidadanía é un dos principais obxectivos da Xunta de Galicia na actualidade. A demanda que hoxe existe por parte dos cidadáns, relativa á calidade dos servizos públicos prestados, provoca a necesidade de definición de novos marcos de actuación e mellora dos procedementos administrativos tanto a nivel autonómico como a nivel local nos propios concellos. Neste sentido, a evolución da sociedade da información e do coñecemento representa, tamén nos concellos, un cambio esencial nas relacións sociais, e iso como consecuencia das facilidades que poden ter os cidadáns para acceder de forma inmediata a recursos da información con independencia do seu contido e orixe. Isto é posible polas capacidades que permiten o uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, materializadas principalmente nas novas canles de comunicación que posibilitan o uso da internet. As devanditas facilidades de acceso inmediato á información están desencadeando profundas transformacións nas relacións empresariais e nas relacións entre os cidadáns e as administracións públicas. Neste contexto, e pola súa maior proximidade ao cidadán, os concellos galegos xogan un papel fundamental para impulsar iniciativas que fomenten os hábitos dos cidadáns e empresas no uso das novas canles de comunicación, e dese xeito fomentar o desenvolvemento e consolidación da sociedade da información e do coñecemento na súa contorna xeográfica. Os avances das tecnoloxías da información e as comunicacións permiten optimizar o funcionamento interno das administracións locais e axilizar a comunicación co resto de administracións públicas, o que facilita a obtención de importantes beneficios económicos e sociais. De igual forma, o desenvolvemento tecnolóxico permite un maior contacto cos cidadáns e favorece a integración das zonas rurais e illadas na corrente de desenvolvemento promovida polo uso das TIC. As administracións máis dinámicas e que mellor saiban aproveitar as oportunidades tecnolóxicas, constituiranse en focos de atracción de recursos cos cales desenvolver a economía local e mellorar as condicións de vida dos cidadáns. A cidadanía solicita que se lle preste un servizo integral, que ofreza por unha banda respostas en prazos de tempos reducidos ás peticións que manifesta, e doutra banda deman-

14


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

da un servizo que reduza a desorientación que sente cando inicia a procura dun servizo público determinado, principalmente cando o servizo implica varias administracións. Para a propia Administración o impacto é moi positivo, xa que se diminúen os erros, melloran as relacións cos empregados e con outras administracións públicas, se aforran custos e se reduce o uso de papel. En definitiva, podemos concluír que esta orientación cara ao cidadán, pasa pola definición de sistemas e procesos de xestión e atención integral, personalizados e con capacidade para múltiples canles e linguas, que ofrezan respostas rápidas á súa poboación. Estes configuran os factores clave da necesidade dos servizos de administración electrónica.

1.1

Os concellos galegos

Os concellos galegos teñen unha importancia fundamental na transmisión cultural do noso país. En Galicia hai tantos topónimos como no resto de España; isto pon de manifesto o carácter de arraigamento de costumes, culturas, crenzas e folclore a núcleos de poboación pequenos que son os que dan a Galicia un patrimonio cultural e social característicos. Nesta variedade os concellos, desde sempre, teñen un papel primordial na transmisión destes valores e, polo tanto, na proximidade á poboación galega. En Galicia hai 315 concellos, dos cales un 62% non chegan a 5.000 habitantes. Os concellos son unha referencia para garantir a modernización administrativa e lograr un equilibrio entre os diferentes territorios. Por iso os concellos desempeñan un papel fundamental no proceso de achegamento á sociedade da información, por seren as institucións máis próximas aos cidadáns e aos axentes produtivos locais.

15


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

POBOACIÓN DOS CONCELLOS POR PROVINCIAS CONCELLOS Nº

CONCELLOS %

POBOAC. HAB.

POBOACIÓN %

A Coruña

94

30%

1.126.707

41%

Lugo

67

21%

357.625

13%

Ourense

92

29%

339.555

12%

Pontevedra

62

20%

938.311

34%

Total

315

100%

2.762.198

100%

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia a partir de datos IGE.

POBOACIÓN DOS CONCELLOS POR DIMENSIÓN CONCELLOS Nº

CONCELLOS %

POBOAC. HAB.

POBOACIÓN %

<5.000 hab

196

62%

478.373

17%

de 5.000 a 10.000 hab

64

20%

437.625

16%

de 10.000 a 50.000 hab

48

15%

859.051

31%

> 50.000 hab

7

2%

987.149

36%

Total

315

100%

2.762.198

100%

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia a partir de datos IGE.

Táboa 1. Distribución dos concellos de Galicia por provincia e por dimensión

Figura 1. Segmentos de poboación nos concellos galegos

16


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Na actualidade existe unha grande oferta de servizos electrónicos a nivel nacional e autonómico, servizos fronte aos cales moitos cidadáns teñen certas barreiras culturais e formativas. O papel dos concellos no desenvolvemento da administración electrónica non é unicamente fornecer unha serie de servizos polas canles electrónicas, senón que a súa proximidade ao cidadán lles outorga un papel moi relevante na dinamización da cidadanía para o acceso a este tipo de servizos. Ademais dos servizos locais propios do concello, é importante destacar o papel que o concello pode ter como portelo para o acceso ao resto das administracións e, en especial, coa Administración autonómica. Neste sentido, potenciar a interoperatividade dos concellos coa Xunta de Galicia é un aspecto clave para o desenvolvemento da administración electrónica nos concellos. Este estudo pretende servir de base para identificar accións e proxectos que impulsen o desenvolvemento da administración electrónica na administración local, partindo dun diagnóstico no cal se contou coa participación da totalidade dos concellos.

1.2

Factores clave da administración electrónica

A administración electrónica (e-Administración) é un concepto que aparece como consecuencia da converxencia entre as tecnoloxías da información e as técnicas clásicas de Administración. Este termo fai referencia a aqueles mecanismos electrónicos que permiten a prestación de servizos públicos da Administración tanto aos cidadáns como ás empresas. Poderíase asimilar á creación dun “portelo virtual” único que permitise a prestación de todos os servizos públicos facendo uso da interactividade, rapidez, eficiencia e personalización que ofrecen as novas tecnoloxías. Este concepto xorde xunto con outros termos como e-goberno e e-democracia, por analoxía cos conceptos máis populares de e-commerce (comercio electrónico) e e-business. A definición que dá a Comisión Europea en relación a esta cuestión é a seguinte: “administración electrónica é o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións nas administracións públicas, combinando cos cambios organizativos e as novas aptitudes, co fin de mellorar os servizos públicos e os procesos democráticos e reforzar o apoio ás políticas públicas”

17


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

O concepto de e-Administración é aplicable a todos os niveis da Administración, tanto ao Goberno central como ás comunidades autónomas e aos concellos, así como aos diferentes servizos públicos, entre os que destacan a educación, a sanidade e a xustiza. As necesidades de relación entre os cidadáns e a Administración pública son moi grandes xa que existe gran cantidade de trámites administrativos que os cidadáns deben realizar na súa vida cotiá. As dúas deficiencias máis correntes neste sentido son: ◗ O elevado número de organismos diferentes que hai que visitar para realizar certas xestións. Grazas ás TIC xa foron introducidos servizos de portelo único que axudan a simplificar este problema. ◗ O número de veces que se solicita a mesma información por parte dos organismos públicos. Ocorre que na maioría dos casos adoita ser información que xa se atopa na Administración. Estes aspectos poden ser atendidos grazas ás TIC; no entanto a aplicación das novas tecnoloxías á Administración tamén pode ofrecer un impacto moi importante na sociedade no seu conxunto, permitindo que para certos servizos se poida favorecer a integración de colectivos con necesidades especiais (persoas con dificultades motoras e sensoriais, persoas que residen en zonas rurais, persoas traballadoras cuxo horario laboral coincide co da Administración, persoas que residen noutras cidades, etc.) O impacto da administración electrónica presenta, polo tanto, un conxunto de efectos positivos relacionados coa comodidade, flexibilidade e simplificación dos trámites burocráticos, o cal se traduce nunha maior proximidade e participación cidadá.

18


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

EFECTOS POSITIVOS DO IMPACTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EFECTO

DESCRICIÓN

Rapidez, comodidade e flexibilidade

A tramitación en liña reduce o tempo de resposta da Administración e o tempo que debe empregar o cidadán no desprazamento e na espera en colas ou en oficinas. Un dos exemplos máis comúns en canto a rapidez e comodidade dos servizos en liña, refírese aos servizos tributarios, posiblemente polo seu alto grado de desenvolvemento e dispoñibilidade en todo o mundo.

Simplificación dos trámites burocráticos e aumento da eficiencia

Ao integrarse todos os elementos nun sistema de información global, pódense prestar servizos máis eficientes e personalizados e simplificar as operacións. As empresas son un dos axentes máis favorecidos por esta simplificación.

Maior proximidade e participación cidadá

Grazas ao uso da e-Administración é posible unha maior interacción co cidadán, o cal pode participar activamente no desenvolvemento e mellora dos servizos. O papel da Administración local é vital neste sentido. A gran maioría dos portais dos concellos fornecen información moi próxima ao cidadán: rueiros, transporte público, programa de festas, etc.

Seguimento dos trámites

Unha das achegas máis valorada polos cidadáns en mellóraa dos procesos administrativos é a posibilidade de coñecer en cada momento o estado dos mesmos.

Participación na Sociedade da Información e integración social

A través dos novos servizos, a Administración pode acelerar a entrada dos usuarios na Sociedade da Información. Con eles, a Administración dispón dunha ferramenta importante para familiarizar e concienciar á sociedade neste tema.

Táboa 2. Efectos positivos do impacto da administración electrónica

Pero ao mesmo tempo, debido ao impacto da administración electrónica, preséntanse certas dificultades ou demandas por parte dos usuarios, relacionadas con problemas de acceso e uso, formación e falta de confianza.

19


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

DIFICULTADES OU DEMANDAS DERIVADAS DO IMPACTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DIFICULTADE

DESCRICIÓN

Necesidade de conectividade á Sociedade da Información

Aínda que o desenvolvemento da e-Administración é un feito positivo para a sociedade hai que destacar que non sempre é fácil dispoñer de acceso aos servizos que esta proporciona. Este acceso, desde un punto de vista físico, enténdese como a dispoñibilidade de conectividade a Internet e dun terminal desde o que poder acceder aos servizos, fundamentalmente un PC. En moitos casos, aínda que o acceso ás infraestructuras non é un problema, a formación e o interese polo uso das novas tecnoloxías si que parece ser un obstáculo importante neste sentido.

Usabilidade e Accesibilidade

Unha das principais barreiras que se dan á hora de estender o uso dos servizos electrónicos en Internet é a falta de experiencia dos potenciais usuarios no uso das novas tecnoloxías, neste caso, o uso de ordenadores e Internet. Hai que ter en conta que os servizos da Administración van dirixidos ao gran público e non a sectores da poboación familiarizados coas novas tecnoloxías. En numerosas ocasións os potenciais usuarios non son conscientes da dispoñibilidade dos servizos a través de Internet e polo tanto non os usan. A Administración ten a misión de poñer en coñecemento dos usuarios devanditos servizos e explicar as vantaxes que supón utilizalos.

Falta de experiencia e descoñecemento

Grazas ao uso da e-Administración é posible unha maior interacción co cidadán, o cal pode participar activamente no desenvolvemento e mellora dos servizos. O papel da Administración local é vital neste sentido. A gran maioría dos portais dos concellos fornecen información moi próxima ao cidadán: rueiros, transporte público, programa de festas, etc.

Seguridade e falta de confianza

Á marxe das habilidades no uso das TIC, outra das barreiras que poden atoparse no uso das novas tecnoloxías en xeral e de Internet en particular, é a desconfianza na seguridade do medio, sobre todo cando implica información persoal ou susceptible de uso fraudulento.

Táboa 3. Dificultades ou demandas derivadas do impacto da administración electrónica

Para que os servizos teñan o maior alcance posible, debe facerse especial fincapé na facilidade de uso e aprendizaxe. Non se poden esquecer os grupos desfavorecidos, por exemplo, persoas con minusvalidez ou grupos sociais con ingresos reducidos, que poden atopar maior dificultade para acceder aos servizos. Por iso, débense cumprir uns requi-

20


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

sitos mínimos que lles permitan aos usuarios de toda condición o uso e desfrute dos servizos electrónicos.

1.3

Estrutura e contido do documento

Este documento pretende ser unha concisa exposición dunha análise de situación da administración electrónica nos concellos galegos, así como a importancia do desenvolvemento de servizos de administración electrónica para a consolidación da sociedade da información. Para atender a esta exposición, o contido deste documento está estruturado en tres capítulos principais, nos cales se atende, respectivamente, ao marco normativo, á importancia da administración electrónica para o desenvolvemento da sociedade da información e aos indicadores da situación da administración electrónica nos concellos galegos. Asemade remata o documento cun capítulo dedicado a resumo e conclusións. O documento salienta as políticas europeas e nacionais relacionadas co impulso da administración electrónica, así como enumera certas iniciativas de axudas e subvencións para o desenvolvemento de servizos de administración electrónica por parte dos concellos. Para reflectir a importancia da administración electrónica para o desenvolvemento da sociedade da información atenderase principalmente á influencia dos servizos en liña ofrecidos polas administracións, fronte aos indicadores de dispoñibilidade de infraestruturas, o uso das TIC polos cidadáns, o impacto nas empresas galegas e o papel incipiente do software libre. A análise da situación da administración electrónica nos concellos galegos faise de acordo cunha serie de indicadores que nos van permitir facer estudos comparativos a nivel nacional e europeo, e que cobre os seguintes aspectos básicos relativos á sociedade: ◗ Equipamento e conectividade ◗ Conexión á internet ◗ Aplicacións informáticas internas ◗ Sitio web e servizos da administración electrónica ◗ Seguridade ◗ Xestión dos sistemas

21


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Na bibliografía deste documento recóllense as principais fontes de información manexadas que serviron de guía ao longo de todo o traballo. O informe incorpora un conxunto de anexos nos cales se inclúen os seguintes contidos: ◗ Glosario de termos relacionados coa administración electrónica, que facilita a consulta dos diferentes termos usados neste informe que puidesen resultar descoñecidos para o lector. ◗ Descrición do Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica que vén de pór en marcha a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. ◗ Metodoloxía empregada para o traballo de campo nos concellos.

22




MARCO NORMATIVO E PROGRAMAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

02


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A promoción e o desenvolvemento dos servizos de e-Administración constitúen unha tarefa esencial para asegurar unha sociedade máis desenvolvida, con maior calidade de vida e cun tecido empresarial máis competitivo e dinámico. A converxencia entre as tecnoloxías da información e as técnicas clásicas de administración xeraron un novo modelo de administración: a e-Administración ou administración electrónica. Este modelo modifica os patróns ata o de agora existentes na relación entre as administracións e os seus clientes, é dicir, os cidadáns. Como consecuencia, as administracións a todos os niveis son as primeiras interesadas en mellorar a forma en que prestan os seus servizos á sociedade. Isto redunda tanto nunha mellor imaxe como nunha maior axilidade e eficiencia dos seus procesos internos e unha maior transparencia e participación da sociedade na vida pública.

2.1

Servizos comúns de administración electrónica

Coas novas tecnoloxías, a valoración dos servizos ofrecidos pola Administración modificouse cara a unha visión máis ampla, tendo en conta aspectos tales como: a prestación de servizos orientados ao cidadán, a solidez das áreas de servizo ao cliente (Administración multicanle interconectada), a capacidade de adoptar as demandas cidadás na prestación de servizos e a adecuación dos investimentos que se deben realizar para atender estas demandas. En Europa, a referencia oficial para medir o grao de desenvolvemento da administración electrónica son os 20 servizos básicos que xa estaban incluídos no programa e-Europe 2005. Trátase dun conxunto de servizos básicos definidos pola Comisión Europea, elixidos por agrupar un conxunto de accións que os cidadáns realizaban habitualmente na súa relación coa Administración, e de aí a importancia do seu desenvolvemento en todos os países da Unión Europea. Na seguinte táboa recóllense os 20 servizos a que fai referencia a devandita iniciativa e que están organizados en dous grupos: servizos para o cidadán e servizos para as empresas.

26


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

SERVIZOS BÁSICOS DESCRITOS POLA INICIATIVA E-EUROPE 2005 SERVIZOS DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DIRIXIDOS AOS CIDADÁNS

SERVIZOS DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DIRIXIDOS ÁS EMPRESAS

Impostos

Seguros sociais

Procura de emprego

Impostos

Seguridade Social

IVE

Documentos persoais

Alta de actividade empresarial

Rexistro de coches

Entrega de datos á oficina nacional de estatística

Permisos de edificación

Declaración de alfándegas

Declaracións policiais

Licenzas relacionadas co ambiente

Bibliotecas públicas

Aprovisionamentos

Certificados de nacemento e matrimonio Matriculación en ensino superior Censos e empadroamento Servizos de saúde

Táboa 4. Resumo dos 20 servizos básicos descritos pola iniciativa e-Europe 2005

Segundo datos da Comisión Europea, nestes momentos están dispoñibles en España aproximadamente o 70% dos servizos que a iniciativa e-Europe considera prioritarios, valor case dez puntos superior ao da media europea e cunha tendencia de crecemento similar. Porén, estes servizos presentan unha maior proporción de servizos ofertados ás empresas fronte aos ofertados para os cidadáns, presentando uns índices de crecemento similares.

27


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

2.2

Marco legal e normativo para o desenvolvemento da administración electrónica

Nestes últimos anos o ámbito legal e normativo veuse adaptando ás novas exixencias derivadas dos avances tecnolóxicos e do desenvolvemento da sociedade da información. Así, poderiamos considerar aspectos legais tan importantes como a protección dos datos de carácter persoal, a regulación da prestación de servizos da sociedade da información, o uso da sinatura electrónica e os servizos de certificación, a loita contra os novos delitos informáticos, o control de contidos, a defensa da propiedade Intelectual e dos dereitos de autor no mundo dixital, etc. Así mesmo, débese destacar a importancia que terá a entrada en vigor da Lei de acceso electrónico dos cidadáns á Administración que establece o dereito de todos os cidadáns a se relacionaren electrónicamente coas administracións públicas, así como a obriga destas a garantilo. Esta lei convértese nun punto de partida dunha nova xeración de dereitos dos cidadáns, os dereitos dixitais, e inicia a súa andaina nas Cortes Xerais co apoio de numerosas comunidades autónomas e dos representantes das entidades locais, que tamén participaron activamente na súa elaboración.

2.2.1 Lexislación sobre sinatura electrónica En Europa podemos destacar o papel da Directiva 1999/93/CE, do 13 de decembro de 1999, pola que se establece un marco europeo para a sinatura electrónica. Esta directiva pretende impulsar os servizos de certificación no ámbito da Unión Europea, flexibilizando os requisitos necesarios para actuar como autoridade de certificación. Así mesmo, facilita o recoñecemento de certificados dixitais de países terceiros, sempre e cando estes fosen emitidos en condicións equivalentes de seguridade. En España, o Real decreto lei 14/1999, aprobado o 17 de setembro de 1999, recoñecía por primeira vez o papel da denominada “sinatura electrónica avanzada”, que se equiparaba á sinatura manuscrita en canto aos seus efectos xurídicos se se cumprían unhas determinadas características técnicas e formais. No texto deste decreto lei diferenciábase entre dous tipos de sinatura: a “sinatura electrónica simple” e a “sinatura electrónica avanzada”. Á primeira, máis sinxela desde o punto de vista técnico e formal, non se lle podía negar o valor como proba, pero sería o xuíz o encargado de determinar o seu grao de fiabilidade. Pola súa parte, a “sinatura avanzada” é a que tería exactamente o mesmo

28


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

valor que a sinatura manuscrita e, para iso, o creador da sinatura electrónica debía estar en posesión dun certificado dixital expedido por unha autoridade de certificación. A Lei 59/2003, do 19 de decembro, define na actualidade o marco regulador da sinatura electrónica e os servizos de certificación en España, tras a súa entrada en vigor o 20 de marzo de 2004, derrogando o Real decreto lei 14/1999 e a Orde Ministerial do 21 de febreiro de 2000. Entre as características máis destacadas desta nova lei de sinatura electrónica, poderiamos destacar que prevé a posibilidade de que a sinatura electrónica poida ser utilizada directamente por persoas xurídicas e non só polos cidadáns, mediante a emisión de certificados dixitais outorgados a persoas xurídicas. Tamén se modifican os requisitos para poder ofrecer servizos de certificación, tal e como recomenda a Directiva Europea 1999/93/CE, co cal se pretende alcanzar unha maior liberdade de actuación e protagonismo do sector privado, eliminando o Rexistro de prestadores de servizos de certificación dependente do Ministerio de Xustiza. Por último, nesta Lei de sinatura electrónica prevese a utilización do DNI electrónico como unha tarxeta de identificación dixital que poderá ter cada cidadán e que producirá os mesmos efectos que un DNI tradicional, permitíndolles aos cidadáns identificarse e asinar documentos no ámbito telemático, facilitando deste modo a relación coas administracións públicas e as empresas.

2.2.2 Protección da privacidade e dos datos de carácter persoal A protección dos datos persoais e da privacidade é unha cuestión que xera bastante polémica na actualidade, debido a que existen posturas manifestamente encontradas, a pesar de que este dereito fundamental de todo cidadán xa fora recoñecido na Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948. Así, por unha parte, un grupo de países liderados pola Unión Europea son partidarios dunha estrita regulación estatal, con fortes sancións para aquelas organizacións que incumpran as normas establecidas (postura coñecida como “hardlaw”). Tamén en moitos países de Latinoamérica se recoñeceu o dereito fundamental á protección dos datos persoais dos cidadáns.

29


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Por outra parte, outros países como Estados Unidos son moito máis permisivos coas actuacións das empresas, avogando pola autorregulación e a elaboración de códigos éticos de conduta, sen a intervención por parte dos Estados (postura coñecida como “softlaw”). Habería que ter en conta, ademais, as fortes presións das empresas e de certos grupos de poder para impedir a intervención estatal sobre esta cuestión. Na Unión Europea este marco normativo vén determinado pola Directiva 95/46/CE do Parlamento Europeo, relativa á protección das persoas físicas no que se refire ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes por parte de empresas, administracións públicas e cidadáns da Unión Europea. Deste modo, os gobernos europeos móstranse claramente decididos a promover a cultura da protección de datos entre as administracións públicas e as empresas, establecendo, ademais, a existencia de autoridades independentes de control (como as axencias de protección de datos en España), con funcións executivas (rexistro de ficheiros, control, inspección e sanción), funcións normativas e de carácter consultivo, como garantes do respecto deste dereito fundamental nos Estados membros da Unión Europea. En definitiva, esta situación con dúas posturas claramente enfrontadas provocou nos últimos anos fortes tensións entre Estados Unidos e a Unión Europea, sobre todo desde a aprobación da Directiva 95/46/CE do Parlamento Europeo, que entrou en vigor en outubro de 1998, impedindo expresamente a cesión de datos persoais a empresas doutros países que, como Estados Unidos, non dispoñan dunhas normas equivalentes. En España, o artigo 18.4 da Constitución xa prevé que o Estado debe limitar o uso da informática para garantir o honor, a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o lexítimo exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, no artigo 10 da propia Constitución conságrase o dereito á dignidade das persoas. A publicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal (en diante LOPD), define o marco legal da protección dos datos de carácter persoal no Estado español. Ten por obxecto garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas e, especialmente, do seu honor e intimidade persoal e familiar.

30


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A LOPD constitúe, polo tanto, a norma fundamental que regula o tratamento e a protección dos datos de carácter persoal en España, desde a súa entrada en vigor o 15 de xaneiro de 2000. Esta lei adapta o marco normativo español aos novos requisitos da Directiva Europea 46/1995, do 24 de novembro de 1995. Ademais, a súa entrada en vigor supuxo a derrogación da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro (LORTAD), ampliando o ámbito de aplicación desta normativa aos datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, que os faga susceptibles de tratamento, así como a toda modalidade de uso posterior deses datos, é dicir, xa non se limita unicamente aos ficheiros que reciben un tratamento informático ou automatizado. A LOPD aplícase a organizacións públicas e privadas e incluso a profesionais independentes (como médicos, avogados o enxeñeiros) que dispoñan de fontes de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, que os faga susceptibles de tratamento, uso ou explotación posterior. En calquera caso, o tratamento dos datos persoais (automatizado ou non) débese efectuar no territorio español. O Regulamento de medidas de seguridade dos fichei ros automatizados (Real decreto 994/1999, do 11 de xuño), que entrou en vigor o 26/6/1999, determina cales deberán ser as medidas de índole técnica e organizativa que garantan a integridade e seguridade de ficheiros automatizados, centros de tratamento, locais, equipamentos, sistemas, programas, así como das persoas que interveñan no tratamento automatizado dos datos. O incumprimento destas medidas de seguridade pode ser obxecto dunha sanción por parte da Axencia de Protección de Datos, de carácter grave ou moi grave.

2.2.3 A Lei de acceso dos cidadáns á Administración Recentemente foi aprobado o borrador da Lei de acceso electrónico dos cidadáns á Administración, tamén coñecida como Lei de administración electrónica, cuxo alcance se resume a continuación: ◗ Os cidadáns poderán realizar todas as súas xestións administrativas por medios electrónicos. ◗ As administracións públicas, obrigadas a ofrecer os seus servizos pola internet, móbiles, televisión ou calquera medio electrónico futuro.

31


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Trátase o réxime xurídico da administración electrónica en relación ao establecemento de sedes electrónicas e boletíns ou diarios electrónicos, canto ás formas de identificación e autenticación de cidadáns, empresas e órganos da Administración e, así mesmo, dáse validez e establécense as condicións para os rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. ◗

Establécese, finalmente, o marco de tramitación electrónica tanto no que se refire á iniciación como nas fases de instrución e terminación de procedementos por medios electrónicos.

◗ Finalmente, a lei establece o marco e as condicións para a cooperación e interoperabilidade entre administracións. ◗ A lei conta co apoio de numerosas comunidades autónomas, concellos e representantes do sector privado e usuarios. ◗ Está lei entrará en vigor o 1-1-2010 para as administracións públicas e, polo tanto, tamén para a Administración local. O Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes Xerais do proxecto de Lei para o acceso electrónico dos cidadáns ás administracións públicas, unha norma que establece o dereito de todos os cidadáns a se relacionaren electronicamente coas administracións públicas, así como a obriga destas a garantilo. A lei, que se converte nun punto de partida dunha nova xeración de dereitos dos cidadáns, os dereitos dixitais, ten o apoio de numerosas comunidades autónomas e dos representantes das entidades locais, que participaron na súa elaboración con suxestións e achegas. Cando esta norma entre en vigor, os cidadáns terán garantido poder realizar todas as súas xestións por medios electrónicos, independentemente da Administración a que competan, a través da canle que queiran, as 24 horas do día os 365 días do ano. A partir dese momento serán eles os que tomen o mando na súa relación coas administracións. A lei beneficiará os cidadáns, xa que aforrarán tempo e diñeiro nas súas xestións. Entre outras cosas, a nova norma garantirá: ◗ Acceder aos servizos públicos a través da internet, do teléfono móbil, da televisión ou de calquera outro medio electrónico que poida aparecer no futuro.

32


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Poder consultar o estado de tramitación dos procedementos que se teñan en marcha. ◗ Non ter que presentar papeis que xa estean en poder das administracións. ◗ Concederlles a mesma validez xurídica ás comunicacións electrónicas que ás que se realizan en papel. Establécese a validez e as condicións de documentos electrónicos e as súas copias. ◗ Realizar un trámite ou recibir información a través da internet ou dun teléfono terá a mesma validez que da forma tradicional. ◗ Asegurar todas as garantías de calidade, seguridade e confidencialidade. ◗ Poder utilizar os idiomas cooficiais para comunicarse coas administracións. Esta lei, xunto coa introdución do DNI electrónico, situará España á cabeza de Europa nesta materia.

2.3

Marco europeo para o desenvolvemento da administración electrónica

O Consello Europeo de marzo de 2005, ao pór en marcha a asociación para o crecemento e o emprego co fin de relanzar a Estratexia de Lisboa, determinou que o coñecemento e a innovación eran os motores para un crecemento sustentable e afirmou que é indispensable desenvolver unha sociedade da información baseada na inclusión electrónica (e-Inclusion) e na xeneralización das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) dentro dos servizos públicos, as PEME e os fogares. En termos operativos, as referencias comunitarias, que seguen as liñas estratéxicas de e-Europe 2005, recóllense na iniciativa “2010 – Unha sociedade da información para o crecemento e o emprego” con que a Comisión Europea afronta de maneira integrada a sociedade da información e as políticas en materia audiovisual dentro da UE. O novo marco estratéxico 2010 establece as orientacións estratéxicas xerais, promove unha economía dixital aberta e competitiva e confire ás TIC un papel de primeira orde no impulso da inclusión e a calidade de vida. Entre os programas principais que inclúe este marco 2010 encóntranse o de extensión da banda larga e o relativo ao desenvolvemento da administración electrónica.

33


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A Comisión Europea propón tres obxectivos prioritarios que as políticas europeas da sociedade da información e os medios de comunicación deben alcanzar antes de 2010: ◗ a construción dun espazo único europeo da información que promova un mercado interior aberto e competitivo para a sociedade da información e os medios de comunicación. ◗ o reforzo da innovación e o investimento na investigación sobre as TIC co fin de fomentar o crecemento e a creación de máis empregos e de máis calidade. ◗ o logro dunha sociedade europea da información baseada na inclusión que fomente o crecemento e o emprego dunha maneira coherente co desenvolvemento sustentable e que dea prioridade á mellora dos servizos públicos e da calidade de vida. A posibilidade de construír unha sociedade europea da información e de desenvolver a administración electrónica en Europa só se pode garantir mediante a dispoñibilidade xeneralizada de accesos á banda larga en todo o territorio europeo, e especialmente nas zonas rurais, e dedicando especial atención ás zonas con desvantaxes xeográficas e naturais permanentes. A fenda dixital por motivos xeográficos que separa as zonas rurais e as zonas urbanas non é, de feito, máis que un aspecto dun asunto máis amplo intimamente ligado aos problemas que suscita a necesidade de garantir un desenvolvemento socioeconómico harmonioso nas áreas rurais de zonas desfavorecidas económica e xeograficamente. O “Plan de acción sobre administración electrónica 2010: acelerar a administración electrónica en Europa en beneficio de todos”, publicado o 25 de abril de 2006, quere contribuír a lograr os obxectivos de Lisboa e de 2010 a partir de dúas consideracións: que unha Administración moderna, eficaz e innovadora sexa no sucesivo un factor clave de competitividade na economía global; que os retos da ampliación de Europa aos novos Estados membros e dos cambios internos (envellecemento da poboación, mobilidade das persoas, multiculturalidade, etc.) tamén requiren unha Administración mellor. O Plan tamén dá resposta a outras preocupacións: acelerar a achega de beneficios tanxibles para os usuarios; garantir que as iniciativas de administración electrónica nacionais e locais non interpoñan novas barreiras (por exemplo, de interoperabilidade) nin frag-

34


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

menten a realización do mercado único; aproveitar as economías de escala con accións a nivel europeo, etc.

2.4

Iniciativas a nivel estatal para o desenvolvemento da administración electrónica nos concellos

A cidadanía cada vez demanda a prestación de máis servizos, así como unha maior calidade dos ditos servizos, o que supón para os concellos un esforzo de financiamento e de medios cada vez maior e máis difícil de afrontar cos recursos de que dispoñen. Os pequenos concellos teñen frecuentemente graves carencias de recursos que lles impiden mellorar o seu funcionamento interno e os servizos aos seus cidadáns mediante o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións. Na actualidade todos os gobernos europeos orientan as súas políticas públicas cara á provisión de todo tipo de servizos nos pequenos concellos, de modo que a súa carencia non incida na despoboación do mundo rural cara ao urbano. Este principio tamén é aplicable aos novos servizos da sociedade da información. A fenda dixital para a extensión da administración electrónica aos pequenos concellos ten, principalmente, dous motivos: ◗ As carencias en infraestruturas de comunicacións sobre todo condicionadas pola xeografía. ◗ A dificultade para implantar as aplicacións da administración electrónica, debido á limitación nos recursos (económicos e de persoal) de que dispón o concello. As actuais posibilidades da administración electrónica fan moi necesario un proxecto horizontal que provexa unha solución para os concellos que non poidan impulsar autonomamente a implantación de servizos avanzados baseados na administración electrónica.

2.4.1 Programa PISTA O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, no contexto do programa PISTA (Promoción e identificación de servizos de telecomunicacións avanzadas), impulsou o deseño das funcionalidades e capacidades esenciais deste sistema, orientado sobre todo

35


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

a un enfoque de implantación nunha entidade supramunicipal que faría posible a economía de escala dos sistemas e os recursos humanos especializados para un conxunto de concellos. As actuais posibilidades da administración electrónica fan moi necesario un proxecto horizontal que provexa unha solución para os concellos que non poidan impulsar autonomamente a implantación de servizos avanzados baseados na administración electrónica. Este proxecto é Pista Administración Local ou PISTALocal. Xa é coñecido que as administracións locais son as provedoras da maioría das relacións e servizos dos cidadáns coa Administración pública. Non haberá verdadeira administración electrónica mentres o Concello máis pequeno non poida dispor dos sistemas e a tecnoloxía necesarios para lles ofrecer aos seus cidadáns os mesmos servizos avanzados da sociedade da información que os concellos das grandes cidades ou do resto de administracións. Este proxecto, dirixido principalmente aos concellos de pequenos e medianos núcleos de poboación, ten por obxecto proporcionarlles aos concellos interesados un conxunto de ferramentas de interese común que permitan ofrecer servizos de administración electrónica aos cidadáns, tanto desde o punto de vista simplemente informativo como o de posibilitar a tramitación en liña. Así pois, a misión dos desenvolvementos deberá ser o fornecemento aos cidadáns de información da Administración e servizos de administración electrónica. Con iso, os cidadáns, utilizando as telecomunicacións, poderán facer uso dos servizos da Administración de ámbito local sen necesidade de desprazarse fisicamente aos seus centros, facendo un mellor uso e explotación da información. Nesa dirección, é preciso mencionar como principal antecedente dela o Convenio Marco de Colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para o Impulso da administración electrónica nas entidades locais, subscrito en xaneiro de 2005. Na súa virtude, o Ministerio e a FEMP comprométense a colaborar na definición e desenvolvemento de proxectos de administración electrónica para os concellos.

36


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

O devandito convenio recolle o financiamento de tales proxectos por parte da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, a través dos instrumentos de promoción que esta xestiona, así como a difusión por parte da FEMP dos seus resultados entre os seus membros. O convenio marco parte da colaboración xa existente nos proxectos PISTALocal e GeoPISTA e recolle o acordo dos compromisos referidos a cada actuación concreta.

2.4.2 Plan Moderniza Neste sentido, en decembro de 2005 aprobouse o Plan Moderniza de medidas para a mellora da Administración, co obxectivo de dar un impulso aos servizos públicos, facendo unha aposta decidida pola implantación da administración electrónica. Neste plan o Ministerio de Administracións Públicas (MAP), en particular, a Dirección Xeral de Modernización Administrativa e o Consello Superior de Administración Electrónica (CSAE), no exercicio das súas competencias en materia de coordinación de política de tecnoloxías da información na Administración e impulso da administración electrónica, definiu para o período 2006-2008 unha serie de medidas que persegue mellorar e modernizar a Administración para poñela á altura das necesidades dos cidadáns, entre as cales se encontra a modernización das entidades locais. Os concellos prestan servizos públicos de carácter primordial aos seus cidadáns e ás empresas radicadas no seu ámbito. Por todo iso, unha mellora nos seus sistemas e aplicacións redundará nun beneficio inmediato na xestión e prestación dos servizos. Ademais, contribuirá ao intercambio de información entre as diferentes administracións públicas. Así mesmo, a modernización tecnolóxica e, polo tanto, a extensión da administración electrónica aos concellos, é unha peza clave á hora de achegar os servizos telemáticos aos cidadáns e proporcionar un catálogo de servizos públicos en liña acordes coas directrices europeas. O cofinanciamento de proxectos de modernización administrativa a través da utilización de tecnoloxías da información responde á necesidade de facilitarlles ás entidades locais a utilización interactiva das tecnoloxías da información e a comunicación. Co obxecto de alcanzar os fins aludidos, o ministro de Administracións Públicas aprobou a Orde APU/293/2006, do 31 de xaneiro, con que se estableceu unha liña de axudas para

37


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

cofinanciar, ata un máximo do 50%, a execución de proxectos que teñan por obxecto a modernización da Administración local a través da utilización das tecnoloxías da Información, con tres obxectivos claros: ◗ Mellorar os servizos de xestión e atención ofrecidos aos cidadáns. ◗ Simplificar os procedementos administrativos e integrar estes cos de responsabilidade estatal e autonómica. ◗ Mellorar as infraestruturas tecnolóxicas e de comunicacións precisas para o cumprimento dos obxectivos anteriores. Estas axudas foron destinadas: ◗ Aos municipios con poboación superior a 5.000 habitantes. ◗ Aos municipios con poboación inferior a 5.000 habitantes, sempre que o proxecto obxecto de subvención afecte un conxunto de municipios que superen os 5.000 habitantes. ◗ Ás deputacións provinciais para proxectos propios ou que afecten un conxunto de municipios que superen os 5.000 habitantes, suposto previsto na epígrafe anterior. A concesión destas axudas efectuouse en réxime de concorrencia competitiva atendendo a criterios que consigan maximizar o impacto dos proxectos seleccionados en canto a: ◗ Mellora da interoperabilidade dos sistemas de información das administracións. ◗ Reutilización dos produtos e desenvolvementos resultantes. ◗ Utilización de estándares libres e software de fontes abertas. ◗ Utilización de sistemas comúns de información. ◗ Adecuación do proxecto aos obxectivos fixados no Plan de acción eEurope2005. É importante destacar que só se financiaron a través destas axudas aqueles gastos que teñen a consideración de investimentos relacionados coas tecnoloxías da información, e coa modernización dos servizos ofrecidos aos cidadáns. Para a obtención da subvención foi necesaria a contribución no seu financiamento dos concellos e demais entidades locais titulares do proxecto, cunha achega destes superior ao 15% do importe do investimento.

38


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

O prazo para a solicitude destas axudas finalizou recentemente; non obstante son previsibles actuacións similares para a mellora das entidades locais para o próximo exercicio.

2.4.3 Plan Avanza O Plan 2006-2010 para o desenvolvemento da sociedade da información e de converxencia con Europa e entre as nosas comunidades autónomas (Plan AVANZA), recoñece o papel das entidades locais no desenvolvemento da sociedade da información, incluíndo entre as súas prioridades o impulso da administración electrónica nos concellos, con especial atención aos pequenos e medianos. Para iso, dentro da área de actuación “Servizos públicos dixitais”, inclúe a medida denominada “Concellos na internet”. A devandita medida plásmase nun conxunto integrado de actuacións que abarquen todos os aspectos necesarios para levar o desenvolvemento da administración electrónica nos concellos pequenos e medianos a un nivel equiparable ao dos municipios de gran tamaño. Estas actuacións interrelacionadas constitúen un impulso á administración electrónica nos concellos que prevén os seguintes obxectivos: ◗ Garantir o dereito de cidadáns e empresas a relacionarse de forma electrónica coas administracións públicas. ◗ Manter unha oferta de servizos en liña que se corresponda coa demanda existente. ◗ Garantir a existencia de canles adecuadas con cidadáns e empresas. ◗ Modernizar as administracións públicas españolas promovendo o uso intensivo das TIC. ◗ Crear estruturas de cooperación entre as distintas administracións públicas. Todo iso dentro dun concepto da administración electrónica onde o centro é o usuario e non o provedor do servizo, e que debe permitir superar dous dos problemas máis graves dos servizos electrónicos ofrecidos polas administracións públicas: o seu desigual grao de desenvolvemento e calidade e a falta de integración dos servizos ofrecidos por diferentes organismos e administracións.

39


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A consecución destes obxectivos favorecerá un desenvolvemento homoxéneo por parte das distintas entidades locais, na prestación de servizos públicos electrónicos e evitará que se produzan grandes diferenzas no acceso á administración electrónica entre os concellos, en función dos recursos humanos e económicos dispoñibles. A estratexia de implantación da e-Administración na Administración local complementa outras actuacións e iniciativas postas en marcha nos últimos anos polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no fomento da sociedade da información en España, que teñen especial incidencia nas áreas de menor densidade de poboación, por exemplo: Internet Rural, o Programa de Extensión de Banda Larga en zonas rurais e illadas, PISTA e ARTE/PEME. De igual forma, levarase a cabo de forma coordinada con outras iniciativas e actuacións postas en marcha polos diferentes organismos implicados na incorporación e a expansión das tecnoloxías da información nas entidades locais, principalmente o Ministerio de Administracións Públicas, as comunidades autónomas e as deputacións provinciais.

2.4.4 O programa Cidades Dixitais O programa Cidades Dixitais, posto en marcha polo Ministerio de Industria, ten como obxectivo pór en marcha proxectos piloto en cidades que sexan extensibles ao resto. Galicia adheriuse a este programa no ano 2004, que finalizará en 2007. En Galicia encóntranse adheridas a este programa as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Verín, Redondela, Ribeira, Monforte de Lemos, As Pontes de García Rodríguez, Vilalba e A Estrada. Os proxectos incorporados a esta iniciativa adoitan incluír accións moi diversas, entre as cales cabería citar as seguintes: ◗ Formación a cidadáns. ◗ Mellora do acceso dos cidadáns ás novas tecnoloxías e á internet. ◗ Apertura de centros especializados en novas tecnoloxías ◗ Asesoramento e formación a empresas. ◗ Fomento da creación de empresas do sector TIC.

40


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Axudas a proxectos de empresa que incentiven o desenvolvemento da sociedade da información na área de influencia. ◗ Mellora dos propios sistemas municipais. Así mesmo, algúns proxectos teñen un carácter sectorial, incorporando accións dirixidas a sectores específicos como pode ser o sector primario ou a saúde. As conclusións máis relevantes que se extraen deste programa resúmense a continuación1; ◗ Ponse de manifesto a importancia da necesidade de contar nos organismos municipais cunha unidade específica para a xestión das TIC, aspecto transversal de importancia vital para o funcionamento do concello e a prestación de servizos da administración electrónica. ◗ Obsérvase unha importancia crecente nos portais municipais como porta de acceso á información e á participación cidadá. ◗ O uso das TIC é máis intenso naquelas actividades relacionadas co censo ou padrón, económico-financeiras e de recadación, así como nas relacionadas coa xestión do persoal. ◗ Notable proxección das vantaxes asociadas ao uso das TIC, en especial pola súa incidencia directa na mellora da calidade de servizo aos cidadáns, a aceleración na tramitación de expedientes ou na mellora da comunicación interna. ◗ Os obxectivos prioritarios dos responsables municipais en materia de novas tecnoloxías nestes momentos céntranse nos aspectos relativos á administración electrónica. ◗ Resulta insuficiente o nivel de coordinación e apoio entre os distintos ámbitos de goberno, tanto nas accións postas en marcha como nas achegas necesarias para iso.

1

Conclusións tiradas do informe e-España 2006 publicado pola Fundación France Telecom España

41


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

2.4.5 O programa Cidades Singulares O Programa Cidades Singulares, aprobado polo Consello de Ministros do 12 de maio de 2006, nace como unha nova aposta do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio de cara á continuación do Programa Cidades Dixitais, e ten como obxectivo a promoción e implantación da sociedade da información en entidades locais. Os obxectivos que se pretenden alcanzar con esta actuación son: ◗ O acceso e o uso das TIC nos fogares e a inclusión dos cidadáns na sociedade da información. ◗ O desenvolvemento do sector TIC en España e a adopción das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas españolas, especialmente das pequenas e medianas empresas. ◗ Unha educación orientada e cimentada na sociedade da información, na cal se utilicen as TIC de forma intensiva, así como a incorporación destas no proceso educativo. ◗ O desenvolvemento e a utilización de servizos públicos dixitais que permitan mellorar os servizos prestados polas administracións públicas. ◗ A creación dun contorno favorable ao desenvolvemento da sociedade da información, mediante a extensión de infraestruturas de banda larga, a televisión dixital, a xeración de confianza en cidadáns e empresas no uso das novas tecnoloxías e a promoción de contidos e servizos. Este programa aplicarase en dous ou máis municipios de cada comunidade autónoma mediante cofinanciamento das administracións territoriais implicadas, de acordo co nivel de desenvolvemento da cidade no ámbito da sociedade da información, así como as súas condicións socioeconómicas, xeográficas e o potencial de crecemento e impacto. O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio realizará un investimento de 20 millóns de euros que se transferirán mediante acordos de colaboración coas correspondentes cidades. Os proxectos incorporados a esta iniciativa adoitan incluír accións diversas, entre as que cabería destacar as seguintes liñas:

42


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Modernización da Administración. Administración electrónica. ◗ Accións de inclusión da cidadanía na sociedade da información. ◗ Creación ou mellora substancial de servizos públicos que utilicen unha canle telemática: telemedicina e educación. ◗ Formación e sensibilización de axentes sobre o uso eficiente das tecnoloxías da información. ◗ Infraestrutura de telecomunicacións necesaria para a divulgación de contidos. ◗ Respecto da difusión e a comunicación, segundo os seguintes elementos: -

Realización de seminarios, encontros, campañas e outras formas de comunicación e difusión destinadas ao intercambio de experiencias e á elaboración de novas propostas para enriquecer a implantación da sociedade da información.

-

Desenvolvemento de materiais e soportes para a avaliación de políticas e programas de promoción da sociedade da información.

◗ Accións de coordinación sobre pequenas e medianas empresas (Pemes) por parte de entidades locais, no ámbito da sociedade da información. Todo equipamento e aplicacións informáticas do proxecto terán que incorporar criterios de facilidade de uso e accesibilidade. Os destinatarios deste programa son as entidades locais, que no seu censo no ano 2005 se encontre entre os 20.000 e os 200.000 habitantes. Os beneficiarios son todos os habitantes, empresas e institucións das entidades locais obxecto de proxecto. En Galicia encóntrase adherida a este programa a cidade de Lugo.

43



IMPORTANCIA DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

03


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A introdución das novas tecnoloxías nas diferentes áreas da actividade humana constituíu a verdadeira revolución do século XXI. A sociedade da información e a comunicación orixinou cambios esenciais na vida e no comportamento dos cidadáns, as empresas, colectivos de toda natureza e ata na relación entre os diferentes pobos e nacións da Terra. A expresión “sociedade da información” é unha extensión do modelo de información á sociedade e, en definitiva, a entrada no mundo globalizado da dixitalización electrónica. As TIC, constitúen unha ferramenta –que por si mesma non achega valor-, pero a aplicación destas aos diferentes sistemas de información que existen nas organizacións constitúe un feito que ocasiona unha repercusión social, promovendo unha sociedade en que a información pasa a ser un aspecto básico a considerar, ademais dun activo estratéxico para as propias organizacións que deben xestionar. Por iso, as tecnoloxías por si mesmas non son suficientes para favorecer as transformacións a nivel económico e social, sendo preciso que conflúan outros factores relacionados con aspectos como a normativa, os cambios na organización e formas de traballo e sobre todo a capacitación das persoas para utilizar de forma axeitada estas novas tecnoloxías. Pódese definir a sociedade da información2 como un “novo sistema tecnolóxico, económico e social; unha economía en que o incremento da produtividade non depende do incremento cuantitativo dos factores de produción (capital, traballo, recursos naturais), senón da aplicación de coñecementos e información á xestión, produción e distribución, tanto nos procesos como nos produtos”. Chegou o momento de garantir que estes avances tecnolóxicos, tan beneficiosos para todos os cidadáns, cheguen a todos nas mellores condicións e, o que é máis importante, que todos estean preparados para utilizalos e sacarlles o máximo proveito. Trátase de avanzar cara á sociedade do coñecemento a través da accesibilidade e a alfabetización dixital; pero non abonda co feito de que os cidadáns poidan acceder ás novas tecnoloxías da información e a comunicación, e posúan a suficiente formación, senón que é necesario crear o clima de confianza adecuado para que ferramentas como a internet, o

2

46

CASTELLS, M. (1998): “A era da información, economía, sociedad e cultura”. Alianza Editorial, Madrid.


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

comercio electrónico, a sinatura electrónica, a telefonía UMTS, a televisión dixital ou o correo electrónico, constitúan ferramentas da vida ordinaria, de uso habitual no tratamento e intercambio de coñecementos nas relacións humanas. O impacto da e-Administración na sociedade facilita un acceso máis flexible, cómodo e rápido aos servizos, simplifica os trámites burocráticos e aumenta a eficiencia, proporciona unha maior proximidade aos cidadáns, permite o seguimento dos trámites e acelera a entrada na sociedade da información tanto dos cidadáns como das empresas ao mesmo tempo que fomenta a integración dos colectivos con necesidades especiais. Polo tanto, a administración electrónica é un dos factores que condicionan o desenvolvemento da sociedade da información, da mesma maneira que tamén o son o uso das TIC polos cidadáns, as infraestruturas, a utilización das TIC polas empresas ou mesmo a utilización do software libre. As administracións públicas, polo tanto, xogan un dobre papel: como exemplo a seguir na adopción e uso das tecnoloxías e como axente con capacidade de fomentar e dinamizar a aparición de innovacións así como a adopción xeneralizada delas polo conxunto da economía, mediante a adecuada xestión dos resortes políticos, orzamentarios e fiscais.

3.1

Infraestruturas de acceso: a dispoñibilidade de banda larga

Resulta fundamental asegurar que todos os cidadáns teñan acceso á Sociedade Dixital e do Coñecemento, para se poderen beneficiar por igual das vantaxes e oportunidades que se brindan cos seus servizos, grazas á información obtida e aos coñecementos con ela adquiridos. A igualdade de acceso implica a extensión da banda larga a todo o territorio da Comunidade, facendo realidade a consideración do acceso á internet como un novo servizo integrante do servizo universal, cuxa premisa esencial consiste nunha conexión á rede telefónica que permita a transmisión de datos a gran velocidade. De acordo cos datos achegados polo Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual, en 2005 o 74% dos fogares e o 79% das empresas tiñan a posibilidade de contratar un acceso de banda larga e a dita poboación atópase en soamente o 20% do territorio. É

47


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

dicir, existía en 2005 un 80% do territorio sen cobertura da banda larga. Así mesmo, soamente no 15% dos núcleos de poboación existe oferta por máis dun fornecedor. O Programa nacional de extensión da banda larga, desenvolvido conxuntamente polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, as comunidades autónomas e as administracións locais constitúe, xunto coas propias accións dos gobernos autonómicos, o marco de cooperación público e privado para o achegamento da banda larga ao medio rural. A demanda actual da banda larga por parte das empresas é moi alta, de feito practicamente a totalidade das empresas dispoñen de banda larga. Empresas con banda larga

Galicia España Europa-15

% Empresas

100% 75% 50% 25% 0% 2002

2003

2004

2005

2006

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: Empresas con internet

EMPRESAS CON BANDA LARGA ANO

GALICIA

ESPAÑA

2002

61,5%

62,4%

2003

68,0%

81,2%

2005

74,1%

83,7%

2006

91,4%

94,0%

2004

EUROPA-15

GAL-EU

-0,9% 46,0%

-13,2%

22,0%

71,0%

-9,7%

3,1%

82,0%

-2,7%

9,4%

61,0%

Figura 2. Empresas con banda larga

48

GAL-ESP


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

No entanto, como xa se tiraba dos datos que achegabamos, no caso dos fogares a cifra é moito menor, xa que tan só un de cada cinco fogares ten conexión á internet mediante banda larga. Ponderando este dato e considerando só as zonas onde está dispoñible, teriamos que tan só nun de cada catro fogares é posible ter conexión de banda larga. Unha cifra moi baixa, e cun crecemento moito menor que a media nacional.

Fogares con banda larga Galicia España Europa-15

% Fogares

100% 75% 50% 25% 0% 2003

2004

2005

2006

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: fogares totais

FOGARES CON BANDA LARGA (S/ TOTAL FOGARES) ANO

GALICIA

ESPAÑA

2003

2,3%

3,6%

EUROPA-15

GAL-ESP

GAL-EU

2004

13,5%

13,8%

2005

16,7%

22,5%

25,0%

-5,8%

-8,4%

2006

19,4%

29,3%

34,0%

-9,9%

-14,6%

-1,3% -0,2%

Figura 3. Fogares con banda larga

49


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

3.2

O uso das TIC polos cidadáns

Neste eido é no que existen maiores diferenzas entre Galicia con respecto a España ou a Europa no desenvolvemento da sociedade da información. Segundo datos do INE, nos últimos anos conseguiuse reducir lixeiramente estas diferenzas. A redución desas diferenzas era un dos obxectivos que se estableceron a nivel nacional; no entanto, é importante salientar que os datos sobre uso de novas tecnoloxías cambian notablemente cando comparamos os datos dunha cidade de certa importancia (por exemplo as sete principais cidades galegas), cos dos núcleos de menor poboación. Nas cidades importantes as diferenzas entre comunidades autónomas e incluso as diferenzas con outros países redúcense de forma significativa.

Fogares con ordenador Galicia España Europa-15

100%

% Fogares

75% 50% 25% 0% 2002

2003

2004

2005

2006

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: Fogares totais

FOGARES CON ORDENADOR (S/ TOTAL FOGARES) ANO

GALICIA

ESPAÑA

2002 2003

EUROPA-15

GAL-EU

35,1%

43,3%

56,0%

-8,2%

-20,9%

2004

41,9%

53,3%

58,0%

-11,4%

-16,1%

2005

47,3%

54,9%

63,0%

-7,6%

-15,7%

2006

50,1%

57,2%

64,0%

-7,1%

-13,9%

Figura 4. Fogares con ordenador

50

GAL-ESP

50,0%


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Un aspecto salientable que podemos tirar destes datos, dado que as características de crecemento son similares en canto á utilidade do ordenador no fogar, é que Galicia levaría un atraso de dous anos respecto a España, e de catro anos respecto a Europa.

Fogares con internet

Galicia España Europa-15

% Fogares

100% 75% 50% 25% 0% 2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: Fogares totais

FOGARES CON INTERNET (S/ TOTAL FOGARES) ANO

GALICIA

2000 2001

ESPAÑA

EUROPA-15

9,6%

18,3%

23,4%

36,1%

17,4%

39,0%

GAL-ESP

GAL-EU

-5,1%

-26,7% -26,1%

2002

12,3%

2003

16,9%

25,2%

43,0%

-8,3%

2004

21,1%

33,6%

45,0%

-12,5%

-23,9%

2005

24,0%

35,5%

53,0%

-11,5%

-29,0%

2006

29,6%

39,1%

54,0%

-9,5%

-24,4%

Figura 5. Fogares con internet

No que se refire ao acceso á internet por parte dos cidadáns, na seguinte figura preséntase a evolución da porcentaxe de cidadáns entre 16 e 74 anos que utilizaron a internet nos últimos tres meses. Obsérvase que o diferencial con respecto a Europa tende a reducirse con respecto aos anos anteriores, sendo en 2006 do 14,1%. Así mesmo, convén sinalar que este diferencial é menor que o existente na porcentaxe de fogares con acceso

51


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

á internet, o que posiblemente estea relacionado cun maior acceso á internet desde fóra do fogar (traballo, centro educativo, etc.). En calquera caso, ambas as variables son importantes; potenciar o acceso desde os fogares e o número de usuarios que accede á internet son medidas necesarias, que pasan por actuacións diversas, entre as cales destacan a oferta de servizos de administración electrónica e a difusión destes aos cidadáns. Por suposto outras medidas son igualmente importantes como asegurar a accesibilidade, potenciando medidas como a extensión da banda larga, o fomento da adquisición de equipamentos informáticos por parte dos cidadáns ou a dotación de centros públicos para o acceso á internet. Cidadáns que usaron a internet nos últimos 3 meses

Galicia España Europa-15

% Cidadáns

100% 75% 50% 25% 0% 1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: Cidadáns totais

CIDADÁNS QUE USARON A INTERNET NOS ÚLTIMOS 3 MESES ANO

ESPAÑA

EUROPA-15

1997

GALICIA

2,8%

5,2%

1998

4,4%

9,7%

1999

7,0%

14,9%

2000

13,7%

24,5%

2001

(S/TOTAL CIDADÁNS)

GAL-ESP

GAL-EU

18,3%

31,4%

2002

15,3%

18,7%

41,0%

-3,4%

-25,7%

2003

27,8%

34,2%

47,0%

-6,4%

-19,2%

2004

29,4%

37,5%

50,0%

-8,0%

-20,6%

2005

36,5%

42,1%

55,0%

-5,6%

-18,5%

2006

41,9%

47,9%

56,0%

-6,0%

-14,1%

Figura 6. Cidadáns que usaron internet nos últimos tres meses

52


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Un dos factores clave para incentivar a demanda de servizos da sociedade da información por parte dos cidadáns pasa entón pola formación e a información, dando a coñecer aos cidadáns as posibilidades a que xa teñen acceso e as vantaxes que os servizos da sociedade da información lles poden ofrecer en calquera dos ámbitos da vida cotiá: na educación, na saúde, no ocio ou no campo profesional. Incídese deste xeito no primeiro dos factores que supoñen un freo ao desenvolvemento da demanda de servizos da sociedade da información por parte dos cidadáns. Porén, é importante sinalar un indicador que cobra maior importancia a nivel galego e nacional ca europeo; este é a interacción dos cidadáns coas administracións públicas a través da internet. Por iso, dásellelle especial importancia a falar do fenómeno da e-Administración en Galicia e España como unha situación fundamental para o desenvolvemento da sociedade da información.

% Usuarios da internet

Interacción dos internautas coas administracións públicas pola internet (2006) Galicia España Europa-15

100% 75% 50%

54,1% 49,4% 39,8% 30,9% 28,4% 25,3%

25%

14,1% 14,6% 16,1%

0% Buscan información

Descargan formularios xenéricos

Consultan ou retornan información persoal

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: Usuarios da internet nos últimos 3 meses

NIVEIS DE INTERACCIÓN DOS INTERNAUTAS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS POLA INTERNET. 2006 GALICIA

ESPAÑA

EUROPA-15

GAL-ESP

GAL-EU

Buscan información

54,1%

49,4%

39,8%

9,6%

14,3%

Descargan formularios xenéricos

30,9%

28,4%

25,3%

3,1%

5,6%

Consultan ou retornan información persoal

14,1%

14,6%

16,1%

-1,5%

-2,0%

Figura 7. Interacción dos cidadáns coas administracións públicas a través da rede (% dos usuarios da internet)

53


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Na figura anterior, débese ter presente que as porcentaxes se refiren aos usuarios da internet, que en Galicia son significativamente menos a nivel porcentual que no resto de España ou na Unión Europea. Non obstante, apréciase que Galicia se encontra por riba da media nacional e da media europea no que se refire á porcentaxe de usuarios da internet que buscan información da Administración na internet ou que descargan formularios. É inferior, no entanto, a porcentaxe de usuarios da internet que tramitan electronicamente, o que se podería xustificar nunha falta de oferta suficiente. De se considerar a totalidade dos cidadáns, o resultado que se obtén é o que se presenta na seguinte figura.

Interacción dos cidadáns coas administracións públicas pola internet (2006) Galicia España Europa-15

% Cidadáns

100% 75% 50% 25%

22,7% 23,7% 22,3%

12,9% 13,6% 14,2%

5,9%

7,0%

9,0%

0% Buscan información

Descargan formularios xenéricos

Consultan ou retornan información persoal

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: Cidadáns totais

NIVEIS DE INTERACCIÓN DOS CIDADÁNS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS POLA INTERNET. 2006 GALICIA

ESPAÑA

EUROPA-15

GAL-ESP

GAL-EU

Buscan información

22,7%

23,7%

22,3%

1,4%

0,4%

Descargan formularios xenéricos

12,9%

13,6%

14,2%

-0,6%

-1,2%

Consultan ou retornan información persoal

5,9%

7,0%

9,0%

-2,0%

-3,1%

Figura 8. Interacción dos cidadáns coas administracións públicas a través da rede (% dos cidadáns)

54


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

É importante, en calquera caso, indicar que unha boa parte dos servizos da administración electrónica aos cales acceden os cidadáns son servizos da Administración central o autonómica, tal como se mostra na figura. Servizos das administracións públicas usados polos cidadáns a través da internet (2006). (% sobre usuarios da internet) Galicia España 28,8% 26,8%

Declaración da renda 14,4%

Servizos relacionados coa saúde

22,7% 15,5% 19,9%

Acceso ás bibliotecas públicas

15,7% 17,7%

Beneficios sociais: bolsas, axuda fillos, desemprego...

15,3% 15,9%

Traballo ofrecido polas oficinas de emprego

11,7% 13,3%

Documentos persoais: carné conducir, pasaporte...

11,7% 11,5%

Certificados (Rexistro Civil, etc): petición e entregas

14,4% 11,3%

Matriculación de estudos (universitarios e outros) 2,0% 2,8%

Declaracións / denuncias á policía

3,6% 1,9%

Empadroamento

0%

25%

50%

75%

100%

% Cidadáns usuarios da internet

Figura 9. Servizos da administración electrónica utilizados polos usuarios da internet en Galicia (comparativa nacional)

Se completamos esta análise co grao de coñecemento sobre dereitos e obrigas no relativo ás novas tecnoloxías, obsérvase unha carencia moi destacable neste campo, xa que máis da metade dos usuarios sinala que o seu nivel de coñecemento nesta materia é moi baixo. A velocidade, aínda que non se revelou como un dato especialmente negativo, si que se considera un problema para dous de cada tres usuarios, seguramente vinculado a determinados servizos. Ségueo en orde de importancia o custo derivado do uso. O resto de problemas teñen unha incidencia moderada. Un dos aspectos importantes que cómpre destacar en relación ao uso da internet é a seguridade, considerado como un factor clave a potenciar segundo a Unión Europea. Case a metade dos usuarios da internet experimentaron algún problema de seguridade relacionado co uso da internet.

55


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Un dos factores clave para incentivar a demanda de servizos da sociedade da información por parte dos cidadáns pasa entón pola formación e a información, dando a coñecer aos cidadáns as posibilidades a que xa teñen acceso e as vantaxes que os servizos da sociedade da información lles poden ofrecer en calquera dos ámbitos da vida cotiá: na educación, na saúde, no ocio ou no campo profesional; neste eido, o labor de información e apoio técnico, complementario á oferta de servizos en liña por parte de moitos concellos, está a contribuír de xeito moi positivo no nivel de penetración no uso das TIC no fogar.

3.3

As empresas galegas na administración electrónica

O nivel de avance das empresas no que se refire ás TIC é moi diferente nos distintos segmentos empresariais, segundo o número de empregados. En todo caso, pódese observar que o grao de incorporación das novas tecnoloxías ten relación directa co tamaño das empresas, concluíndo que canto maior é a empresa, maior é o seu nivel de uso das tecnoloxías da información e as comunicacións. Segundo datos do INE, o uso das novas tecnoloxías comeza a xeneralizarse nas empresas españolas e galegas, poñéndose de manifesto que aínda queda un importante camiño por percorrer para a incorporación á sociedade da información das empresas de menor dimensión. A sensibilización e a formación son as principais ferramentas para a introdución das TIC nas empresas de menor dimensión. Sen dúbida son as microempresas as que aínda non perciben as vantaxes do uso da internet para a marcha do seu negocio, pese a ser -xunto coas Pemes- maioritarias no noso país, o que inflúe na taxa de penetración da sociedade da información nas empresas españolas. O uso masivo das TIC no funcionamento diario das organizacións estase a considerar xeral. A capacidade de definición e xestión dunha estratexia TIC acorde cos obxectivos e a estrutura organizativa dunha institución transformouse nunha obriga ineludible para o seu persoal directivo. As TIC crean un grande impacto no funcionamento das organizacións e incluso alteran a súa propia estrutura. As TIC xeran diversos efectos, dependendo da función que desempeñan no seo da organización. Polo tanto TIC, estrutura organizativa e procedementos

56


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

operativos deben pensarse conxuntamente para conseguir os obxectivos da organización. A utilización das TIC para conseguir vantaxes competitivas (por diferenciación, mellor servizo ou menor custo) é frecuente. Outro grupo importante de iniciativas son as ligadas á re-enxeñaría global de procesos dunha organización (Business Process Reingeneering, BPR). A re-enxeñaría de procesos de negocio facilita a análise profunda e o redeseño de todo o relacionado cunha área de negocio para conseguir melloras radicais, así como para asegurar a xestión do proceso de cambio asociado. Paralelamente, o contorno tecnolóxico segue avanzando. Estes fenómenos danse nun marco de cambio social importante que afecta a globalización da economía, producindo un cambio de estrutura nos sectores produtivos que se apoian cada vez máis en redes de colaboración de produción, xestión e intercambio de información. Ao longo da última década prodúcese unha explosión tecnolóxico - financeira, motivada por un aspecto clave na sociedade, este é o de que o cidadán pasa a estar conectado á rede. O cliente final na maioría das organizacións vai enganchándose, de maneira progresiva pero con gran rapidez, á internet. A informática doméstica e persoal é un feito cun peso económico moi importante. Consecuentemente, as organizacións tamén se transforman, deixando de ter fronteiras claras co exterior. Unha organización potente non só o é pola súa estrutura interna, senón cada vez máis polo papel como nodo dunha rede de relacións de produción, distribución e intercambio de información. O sistema de produción de valor dunha organización dun sector determinado queda alterado. A conexión entre a cadea de valor da organización co exterior vese alterada polo papel que desempeñan as TIC no cometido de permitir enlaces coas cadeas de valor doutras organizacións, provedores e clientes en múltiples puntos. O comercio electrónico é un fenómeno que xorde neste contexto. Esta dinámica reforza a tendencia de evolución das TIC, conseguindo a incorporación destas definitivamente a todos os produtos de gran consumo. A converxencia de sectores de informática, comunicacións e nos últimos anos tamén o audiovisual, faise total nos usos actuais da internet, reforzando tamén a confluencia entre a cultura de información

57


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

e o entretemento. Neste contexto as organizacións necesitan xestionar información e coñecemento (non só datos) utilizando as TIC. As TIC non se superpoñen á organización moderna, son parte integrante dela. As estratexias, os criterios operativos e as fórmulas organizativas deben pensarse conxuntamente e de maneira integrada coa estratexia de uso das TIC. As análises da cadea de produción de valor dunha organización e da súa conexión co sistema de valor do contorno en que opera son xa insuficientes, deben complementarse coa análise da cadea de produción de valor das redes que forman parte da organización. Así mesmo, a cadea de produción propia dunha organización deixa de ter unha representación lineal para adoptar unha estrutura de rede. A descentralización organizativa dá un salto cualitativo para adaptarse ao contorno cambiante, a organización convértese nunha serie de nodos de información cada vez máis estreitamente vinculados ao cliente. O factor humano é, quizais, o elemento máis importante que se deberá ter en conta para o desenvolvemento das empresas na sociedade da información. Esta importancia está xustificada porque, tanto cando falamos de xestión dos sistemas e tecnoloxías da información nas empresas como cando falamos da percepción dos usuarios respecto ao sistema de información e ás TIC en xeral, estamos a falar de factores humanos de coordinación e xestión e de aspectos da interacción home-máquina que, en definitiva, poden impulsar ou diminuír a velocidade con que as empresas entran na sociedade da información. Este conxunto de aspectos humanos da organización, moitos autores xa o deron en chamar orgware, en contraposición a hardware e software, e moitos xa o consideran como un aspecto indispensable para ter en conta dentro dos sistemas de información. Un feito significativo e xa comentado é a evolución do acceso á internet nas empresas, converxendo cos niveis nacionais e europeos, e o que supón un importante feito acadado para o desenvolvemento da administración electrónica en Galicia, xa que, do mesmo xeito que os cidadáns, as empresas tamén están a demandar unha importante oferta de servizos en liña, sendo a demanda destas máis forte, xa que, como se sinalou, practicamente a totalidade das empresas dispoñen de acceso de banda larga.

58


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Interacción das empresas coas administracións públicas pola internet (2006) Galicia España Europa-15

100%

% Cidadáns

75% 51%

57% 59%

53%

58% 60%

50%

37% 41%

47% 24% 26%

25% 0% Buscan información

Descargan formularios xenéricos

Consultan ou retornan información persoal

Xestión electrónica completamente en liña

Fonte: Elaboración propia OCEG Observatorio a partir de datos INE (Galicia, España) e Eurostat (Europa). Base: Empresas con internet

NIVEIS DE INTERACCIÓN DAS EMPRESAS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS POLA INTERNET (2006) (S/ EMPR. CON INTERNET) GALICIA

ESPAÑA

EUROPA-15

GAL-ESP

GAL-EU

Buscan información

51,3%

57,3%

59,0%

-1,7%

-7,7%

Descargan formularios xenéricos

52,7%

58,0%

60,0%

-2,0%

-7,3%

Consultan ou retornan información persoal

36,6%

41,2%

47,0%

-5,8%

-10,4%

Xestión electrónica completamente en liña

24,1%

26,6%

Figura 10. Interacción das empresas coas administracións públicas a través da rede

3.4

A administración electrónica e o software libre

O software libre é un software que, unha vez obtido, pode ser usado, copiado, estudado, modificado e redistribuído libremente. Este software libre habitualmente está dispoñible de forma gratuíta na rede ou a prezo de custo da distribución a través doutros medios; no entanto, non é obrigatorio que sexa así e, malia conservar o seu carácter de libre, pode ser vendido comercialmente. De xeito análogo, o software gratuíto (denominado usualmente freeware) inclúe nalgunhas ocasións o código fonte; porén, este tipo de software non é considerado libre no mesmo sentido que o software libre, a menos que se garantan uns dereitos de modificación e redistribución das ditas versións modificadas do programa.

59


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

O software libre está empezando a captar a atención e o interese de forma significativa da Administración pública na Europa do século XXI. Empeza a ser integrado nas liñas de acción de I+D, promóvense novos proxectos, incorpórase aos plans tecnolóxicos e comézase a lexislar nalgúns Estados da Unión Europea. O software libre xa empeza a estar presente en todos os niveis da Administración: europeo, estatal, rexional e local. Este auxe do software libre na Administración pública obedece á percepción cada vez máis nítida do seu potencial como ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da sociedade da información europea e, especialmente, para a construción da nova administración electrónica. O potencial do software libre como ferramenta estratéxica vén determinado polos seguintes factores fundamentais, entre outros: ◗ a reutilización sistemática de código. ◗ fácil adaptabilidade por medio da modificación de código existente. ◗ o modelo de desenvolvemento cooperativo de software. ◗ a libre distribución sen o pagamento de licenzas, reducindo a fenda dixital. ◗ o fortalecemento do capital humano técnico europeo. ◗ a redución/eliminación da fuga de capitais cara a fóra da Unión. ◗ a “estandarización” de recursos de uso colectivo definibles como infraestrutura básica da sociedade da información europea. ◗ a facilidade de internacionalización das aplicacións. Eses factores son posibles e existen como tales en función das chamadas catro liberdades que lles proporciona o software libre aos usuarios e desenvolvedores, que foron definidas pola FSF (Free Software Foundation http://www.fsf.org/licensing/essays/free-sw.html) e recollidas na Licenza xeral pública GPL. Ambas din así: O software libre é un asunto de liberdade, non de prezo. Software libre refírese á liberdade dos usuarios para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software. De modo máis preciso, refírese a catro liberdades dos usuarios do software: ◗ A liberdade de usar o programa, con calquera propósito (liberdade 0).

60


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ A liberdade de estudar como funciona o programa, e adaptalo ás túas necesidades (liberdade 1). O acceso ao código fonte é unha condición previa para isto. ◗ A liberdade de distribuír copias, co que podes axudar o teu veciño (liberdade 2). ◗ A liberdade de mellorar o programa e facer públicas as melloras aos demais, de modo que toda a comunidade se beneficie (liberdade 3). O acceso ao código fonte é un requisito previo para isto. Neste eido, é ben certo que as dimensións deste movemento superaron xa de abondo as expectativas que xeraran na súa orixe, do mesmo xeito que tamén é certo que como movemento teñen un carácter global que non ten parangón noutro tipo de iniciativas. En España, a emerxencia e o rápido desenvolvemento do software libre esperta grandes expectativas debido ao impacto que xa tiveron as tres grandes iniciativas públicas na materia: LinEx, na Xunta de Extremadura, Guadalinex en Andalucía e Molinux en Castilla-La Mancha. Ao mesmo tempo, tamén son salientables os proxectos máis específicos que se desenvolveron en determinados sectores públicos, como son: LinSAN para o Servizo Andaluz de Saúde, LinBix para a rede de bibliotecas de Barcelona, e Lliurex e Max dentro do sistema educativo das comunidades autónomas de Valencia e Madrid, respectivamente. Segundo o proxecto “Libro branco do software libre en España” 3 (www.libroblanco.com) con data de novembro de 2006 figuran un total de 564 empresas que prestan soporte e servizos neste segmento, o que supón un incremento medio do 40% con relación aos datos contidos na mesma fonte no primeiro semestre do 2005. Estas empresas atópanse maioritariamente nas comunidades autónomas de Andalucía, Cataluña e Madrid.

3

O rexistro e consulta das bases de datos do libro blanco é gratuíto e de libre acceso. As bases de datos pódense rexistrar e consultar en http://www.libroblanco.com/html/index.php

61


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

17

14

13

12

10

9

5

5

Extremad.

C. León

Murcia

Baleaers

Navarra

Cantabria

La Rioja

20 Aragón

22

Canarias

29

Asturias

32

Valencia

33

P. Vasco

GALICIA

36

C. Mancha

70

Andalucía

Cataluña

140 120 117 120 100 80 60 40 20 0 Madrid

Nº Empresas

Empresas que dan soporte e servizos en software libre

Fonte: Libro branco de software libre en España 2006.

Figura 11. Distribución de empresas de servizos sobre software libre

Polo xeral, as vantaxes asociadas ao custo dos desenvolvementos de software libre están relacionadas non só co menor custo das licenzas de uso que se empregan no sector, senón tamén co acceso a novas versións, así como coa calidade final destes produtos. Ao mesmo tempo, a maior flexibilidade do software libre tradúcese en xeral para os clientes en menores custos de mantemento e un maior rendemento dos investimentos realizados. Con respecto ás desvantaxes ou barreiras, podemos destacar as seguintes: o proceso continuo de substitución das versións instaladas, que forma parte das estratexias dos provedores; a capacidade dos sistemas para funcionaren con normalidade ante as incidencias cotiás e a prestación dun servizo de asistencia garantido; e a capacidade das solucións de software adoptadas para integrar as actividades de desenvolvemento internas da propia empresa.

62




A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

04


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.1

Metodoloxía de estudo

As tecnoloxías da información e a comunicación presentes nos concellos pódense clasificar en dous grandes grupos: ◗ Infraestruturas, que inclúen fundamentalmente o hardware, software básico (sistemas operativos, bases de datos, etc.) e as redes de comunicacións. ◗ Aplicacións informáticas: ferramentas ofimáticas, aplicacións de área técnica específicas para un determinado cometido, aplicacións de xestión interna do concello (ERP municipais, xestión do workflow) e aplicacións para o soporte de administración electrónica. Encadrado na clasificación anterior, estarían incluídos unha enorme variedade de tecnoloxías e sistemas que poden ter os concellos. No traballo de campo realizado nos concellos galegos centrouse o interese nos sistemas e tecnoloxías de maior aplicabilidade con carácter xeral na maior parte dos concellos. Neste capítulo presentaranse os resultados correspondentes aos principais indicadores relativos ao nivel de utilización das TIC e á administración electrónica nos concellos. Estes resultados baséanse nun amplo traballo de campo realizado nos meses de xuño e xullo de 2006, téndose recollido información na totalidade dos concellos. Por iso, os resultados na maior parte das variables non son aproximacións estatísticas, senón resultados exactos que, ademais, permitirán a representación cartográfica, ao se contar cunha mostra completa de concellos. Así mesmo, e con carácter xeneralizado, considerouse oportuno presentar a información de cada un dos indicadores, desagregada nos seguintes segmentos: ◗ Concellos de menos de 5.000 habitantes. ◗ Concellos de 5.000 a 10.000 habitantes. ◗ Concellos de 10.000 a 50.000 habitantes. ◗ Concellos de máis de 50.000 habitantes. Os resultados en cada un destes segmentos son claramente diferentes como se presentará ao longo deste capítulo. Trátase dunha agrupación que permitirá identificar accións de mellora dirixidas fundamentalmente aos concellos de menor dimensión, que por outra parte son os máis numerosos.

66


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

No apéndice 3 descríbense a metodoloxía e ficha técnica correspondente ao traballo de campo realizado, así como os detalles do tratamento de datos posterior.

4.2

Principais indicadores da administración electrónica nos concellos galegos

4.2.1 Equipamento nos concellos O equipamento informático dun concello está formado polo conxunto de equipamentos, dispositivos e periféricos, utilizados como infraestrutura para o procesamento e almacenamento da información. Quedan recollidos dentro desta clasificación tanto os ordenadores centrais como os equipamentos de usuario, periféricos e elementos para a interconexión da rede local. Na figura preséntase a porcentaxe de concellos que conta cos distintos tipos de ordenador. A partir dunha dimensión mínima, un concello necesita operar con aplicacións e datos en modo centralizado, soportados nun equipamento central denominado “servidor”. Estes equipamentos centrais existen nun 68% dos concellos. A existencia de ordenadores centrais nos concellos é un aspecto importante, xa que a existencia deste tipo de equipamentos permite centralizar aplicacións e sobre todo constitúe un elemento importante na seguridade da información, ao contaren normalmente estes equipamentos con maior capacidade neste sentido; ◗ O máis habitual na actualidade é contar con servidores dotados de subsistemas redundantes; fontes de alimentación e discos duros fundamentalmente. ◗ Con frecuencia os sistemas de alimentación ininterrompida cobren unicamente os equipamentos centrais-servidores e non os postos de traballo, xa que a instalación deste tipo de proteccións adoita ser posterior á instalación eléctrica inicial e a súa extensión ao conxunto de equipamentos adoita resultar custosa. ◗ Os ordenadores centrais-servidores adoitan contar con dispositivos de almacenamento masivo, adecuados para as copias de seguridade. Habitualmente estes dispositivos son cintas que permiten a envorcadura de toda a información almacenada nos discos duros do sistema central.

67


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Así mesmo, os servidores adoitan contar con sistemas operativos máis robustos que os existentes nos equipamentos dos usuarios, que sobre todo incorporan moitas máis opcións relacionadas coa seguridade no referente ao control de accesos tanto de usuarios internos como de comunicacións procedentes de fóra da organización. Este aspecto presentarase posteriormente. Convén destacar que a infraestrutura informática difire de forma importante en función da dimensión do concello. Os datos recollidos poñen de manifesto que son os concellos de menor dimensión os que contan con menos infraestrutura central nos servidores. Da mesma maneira, nos concellos de maior dimensión a infraestrutura central adoita ser moito máis complexa e cóntase con configuracións de múltiples servidores aos cales se lles asignan cometidos especializados; servidores de ficheiros, servidores de aplicacións, comunicacións e correo electrónico, servizos web ou mesmo servidores de salvagarda. Outro aspecto igualmente importante na actualidade é o relativo á mobilidade, que fundamentalmente está facilitada por equipamento portátil e por dispositivos tipo PDA e dispositivos de telefonía móbil. Na figura preséntase a porcentaxe de concellos que conta con este tipo de dispositivos. Obsérvase que os ordenadores portátiles son xa habituais nos concellos e que están presentes nun 51% do total dos concellos, mentres que os PDA só están presentes nun 5%. Xustifícase esta baixa porcentaxe nas seguintes razóns: ◗ Trátase dunha tecnoloxía relativamente nova, presente no mercado desde hai aproximadamente cinco anos, o que leva a que tampouco exista nestes momentos unha grande oferta de aplicacións. ◗ Trátase dun tipo de dispositivos, cuxo desenvolvemento e implantación depende en moitas ocasións da existencia de sistemas de comunicación que permitan un cómodo intercambio de datos. Este tipo de sistemas, fundamentalmente baseados en estándares de comunicación móbil GPRS ou UMTS, experimentaron un notable crecemento nos últimos dous anos. Os avances tecnolóxicos dos últimos anos posibilitan que este tipo de tecnoloxía poida ofrecer nestes momentos un importante potencial a todo tipo de organizacións, sobre todo no que se refire á informatización do persoal que require mobilidade e, por tanto, trátase dunha variable que, aínda que presente un valor baixo nestes momentos, deberá

68


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

ser observada nos próximos anos pola súa importancia e potencial. Así mesmo, constitúe este tema unha área de divulgación e formación importante para os concellos; é importante que os concellos poidan visualizar as oportunidades que as tecnoloxías relacionadas coa mobilidade brindan para o soporte dos procesos de traballo da organización. Posteriormente referirémonos de novo á importancia destas tecnoloxías ao falar da administración electrónica. A enorme penetración da telefonía móbil na sociedade (as liñas de móbil xa superan as do servizo fixo no noso país), ofrece igualmente un enorme potencial no que se refire ao deseño de servizos ao cidadán orientado a este tipo de dispositivos, modalidade que se denominou a m-administración, que fai alusión ao termo inglés “mobile administration”

Equipamento informático nos concellos 100%

% Concellos

100% 68%

75% 51% 50% 25%

5% 0% Ordenadores sobremesa

Ordenadores portátiles

Servidores

Ord. persoais de man PDA

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

EQUIPAMENTO INFORMÁTICO NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Ordenadores sobremesa

100%

100%

100%

100%

100%

Ordenadores portátiles

51%

41%

53%

82%

100%

Servidores

68%

57%

82%

91%

100%

Ord. persoais de man PDA

5%

3%

2%

12%

50%

Figura 12. Equipamento informático nos concellos

69


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Un aspecto importante á hora de caracterizar o equipamento existente nos concellos é a identificación dos sistemas operativos máis utilizados. O sistema operativo é o programa que actúa de interface entre os usuarios e o hardware dun sistema informático, ofrecendo un contorno para que se poidan executar outros programas. O seu principal obxectivo é facilitar o uso do sistema informático e garantir que os seus recursos se utilizan de forma eficiente. Podemos considerar que todo sistema informático está constituído por catro compoñentes ou elementos: ◗ O hardware (CPU, memoria, discos duros, periféricos, etc.). ◗ O sistema operativo. ◗ Os programas de aplicación (xestores de bases de datos, aplicacións de xestión para o cometido específico da organización, follas de cálculo, procesadores de textos…). ◗ Os usuarios (persoas ou outros ordenadores). Polo tanto, o sistema operativo actúa como un asignador dos recursos dispoñibles (tempo de CPU, memoria, dispositivos de entrada/saída de datos, espazo de almacenamento en disco…) para facilitar a execución doutros programas e ofrecer unha serie de servizos aos usuarios mediante o intérprete de comandos e un contorno gráfico. Na figura preséntase a porcentaxe de concellos que utiliza cada un dos sistemas operativos máis habituais. É importante destacar que un concello pode ter instalados distintos sistemas operativos tanto no posto como no servidor.

70


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Sistemas operativos empregados nos concellos

% Concellos

100%

89%

75%

58% 45%

50% 25%

11%

9%

Linux

Outros sist. operativos

0% Windows XP

Windows NT, 2000

Windows 95, 98, Millenium

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

SISTEMAS OPERATIVOS EMPREGADOS NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Windows XP

89%

88%

84%

94%

100%

Windows NT, 2000

45%

32%

56%

82%

83%

Windows 95, 98, Millenium

58%

57%

64%

58%

33%

Linux

11%

1%

20%

30%

83%

Outros sist. operativos

9%

6%

9%

15%

50%

Figura 13. Sistemas operativos empregados nos concellos

O sistema máis utilizado nos concellos é o sistema Windows XP, cun nivel de penetración do 89%, seguido das versións anteriores de Windows. O sistema Windows NT ou Windows 2000 Server está presente no 58% dos concellos, valor bastante próximo ao total de concellos que contan con ordenador central, o que permite concluír que na maior parte dos concellos que contan con ordenadores centrais tamén se conta con algún dos sistemas de microsoft, orientados a equipamentos servidores. O sistema operativo Linux constitúe o principal expoñente do software libre na actualidade. Trátase dun sistema de moi elevadas prestacións e seguridade, soportado pola maior parte dos fabricantes de software de bases de datos ou de comunicacións. O 11% dos concellos dispón deste tipo de sistemas.

71


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Software libre nos concellos

% Concellos

100% 75% 50% 22%

25%

10%

0% En ordenadores de usuario

En servidores

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

SOFTWARE LIBRE NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

En ordenadores de usuario

22%

15%

27%

42%

33%

En servidores

10%

2%

13%

30%

50%

Figura 14. Software libre nos concellos

Tal e como se observa na figura, a porcentaxe de concellos con software libre nos servidores é practicamente coincidente coa porcentaxe de concellos que utilizan o sistema operativo Linux. Así mesmo, convén destacar que existen outras aplicacións de software libre tanto no nivel de servidor como de usuario (xestores de contidos, bases de datos, navegadores, antivirus, etc.).

72


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Figura 15. Mapa de distribución de software libre nos concellos

A categoría “outros sistemas operativos” refírese a sistemas propios de fabricantes de ordenadores específicos, máis frecuentes na informática das décadas anteriores, xa que nestes momentos os sistemas máis habituais en servidor son os pertencentes á familia Windows ou Linux. De cara a mellorar os distintos aspectos mencionados en relación co equipamento dos concellos, as propostas están orientadas cara a un apoio á dotación de equipamento TIC.

73


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.2 Conectividade e dispoñibilidade de redes de comunicación nos concellos Na actualidade as telecomunicacións adquiriron unha importancia clave en calquera organización, xa que posibilitan a interconexión dos sistemas existentes e sobre todo a accesibilidade a estes por parte dos usuarios, mediante o acceso ao que hoxe se denomina de forma xeneralizada “redes”. A clasificación destas redes de comunicación pódese facer atendendo a diversos criterios; ámbito do despregamento, tipo de tecnoloxía utilizada, topoloxía, etc. Atendendo ao ámbito do despregamento, distínguense habitualmente as redes de área local (LAN) das redes de área estendida (WAN), en función do ámbito a que se refire o dito despregamento. As redes locais teñen como ámbito un contorno de oficina ou un edificio e o seu despregamento e control recae na propia organización usuaria. Cando o alcance das redes excede o dominio privado, é necesario recorrer ás redes de operadores para facilitar a conectividade, dando lugar ás redes que denominamos de área estendida. A internet é unha rede de ordenadores de ámbito mundial (WAN) na cal non hai ningún ordenador encargado de funcións de control. En realidade a internet é unha rede de redes, xa que a maior parte dos seus nodos están pola súa vez formados por unha rede. Unha intranet é un sitio web interno e privado da empresa á cal os usuarios poden acceder mediante un navegador e que permite múltiples funcionalidades encamiñadas a mellorar a eficiencia da organización en que se implanta. Os servizos que se poden ofrecer nunha intranet son moi similares aos da internet, pero con dúas vantaxes fundamentais: maior seguridade, ao se tratar dun contorno pechado e de acceso restrinxido, e maior velocidade, xa que non está supeditada ao funcionamento da rede internet. Unha extranet é unha rede externa de colaboración que utiliza tamén a tecnoloxía internet. Para algúns é unha parte das intranets da empresa que se fan accesibles a outras empresas ou organizacións. É unha conexión entre empresas a través da internet, unha ferramenta que permite a colaboración entre empresas. Son comunicacións entre empresa e provedores, de empresa a empresa, de empresas a consumidores. As extranets son a ponte entre a rede pública internet e as redes privadas corporativas ou intranets, é dicir, unha canle que conecta múltiples e diversas organizacións en liña, onde as que

74


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

comparten información se poidan comunicar co fin de conseguir os obxectivos comerciais sinalados. O sistema SARA (Sistema de Aplicacións e Redes para as Administracións) que puxo en funcionamento o Ministerio de Administracións Públicas e sobre o cal as comunidades autónomas poderán intercambiar datos entre si e coa Administración central, permite a conexión das diferentes administracións a través dunha extranet. Este sistema, ao cal recentemente se conectou a Xunta de Galicia, contribuirá ao propósito de ter as tres administracións (local, autonómica e central) abertas 24 horas ao día, permitirá un aforro importante de diñeiro aos cidadáns e ás distintas administracións. No que se refire á tecnoloxía, a principal diferenciación nestes momentos atende ao medio de transmisión utilizado, convivindo redes de distintas tecnoloxías de cable con redes sen fíos. No que se refire ao ámbito das redes públicas, a clasificación atende normalmente ao criterio da tecnoloxía, podendo ser redes fixas de diversas tecnoloxías ou redes móbiles, con tamén diferentes tecnoloxías. A rede converteuse na columna vertebral das operacións en calquera organización e por iso resulta clave a súa planificación e a súa correcta xestión. Isto dá lugar a que a administración da rede se convertese nunha tarefa clave, que está integrada nas funcións relacionadas coas TIC, adquirindo tamén un papel primordial os provedores dos servizos de telecomunicación. Neste novo contexto, en que as telecomunicacións adquiriron un papel clave, son dous os parámetros que condicionan a calidade; por unha parte o nivel de dispoñibilidade e acceso ao servizo e por outra parte o largo de banda dispoñible. ◗ A dispoñibilidade da rede depende de factores moi diversos, incluíndo o propio deseño de rede, o dimensionamento, o servizo dos provedores e tamén factores de tipo organizativo, como a correcta asignación da responsabilidade deste tema dentro da organización, os procedementos que se establezan e o seguimento e xestión continuo que se faga deste tema.

75


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Por outra parte, o largo de banda é a capacidade que nos ofrece a rede para transmitir información. Nas redes de datos, esta capacidade mídese na cantidade de bits por segundo que se poden transmitir e nestes momentos trátase dun factor clave para a produtividade en calquera organización. Neste documento referirémonos novamente a este concepto, xa que se trata non só dun aspecto que afecte as operacións do propio concello a nivel interno, senón que é un elemento clave na comunicación do concello con outros organismos e tamén na relación cos propios cidadáns. Unha rede deficiente non fai posible a implantación de servizos de administración electrónica.

Telecomunicacións e conectividade nos concellos

% Concellos

100%

85%

75% 50% 26% 25% 8%

5% 0% Videoconferencia

Rede de área local LAN

Acceso sen cables

Telefónia pola internet IP

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

TELECOMUNICACIÓNS E CONECTIVIDADE NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Videoconferencia

5%

2%

4%

15%

0%

Rede de área local LAN

85%

79%

91%

97%

100%

Acceso sen cables

26%

20%

33%

42%

33%

Telefónia pola internet IP

8%

5%

9%

18%

17%

Figura 16. Telecomunicacións e conectividade nos concellos

Na figura preséntanse os índices de penetración de diferentes sistemas e servizos de telecomunicación nos concellos.

76


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

As aplicacións de videoconferencia están presentes unicamente nun 5% dos concellos. Trátase dun índice relativamente baixo e similar ao que poden presentar outro tipo de organizacións como as empresas. No caso dos concellos é importante destacar que existe un potencial importante para este tipo de servizos, que posibilitan manter certas reunións ou realizar actividades como formación reducindo os desprazamentos necesarios. Hai anos, a implantación de solucións de videoconferencia exixían un importante investimento, xa que os sistemas eran complexos e as capacidades de transmisión exixidas requirían o despregamento de redes que non sempre estaban dispoñibles. Hoxe é posible acceder a este tipo de servizos con investimentos moi inferiores; requírese unicamente unha conexión de banda larga, un hardware moi simple e unha conexión a un servizo web para a xestión da videoconferencia. Obsérvase que a maior parte dos concellos contan cunha rede de área local, destacando que xa son un 25% os concellos que afirman ter accesos sen fíos nas súas redes de área local interna do concello. Este tipo de acceso sen fíos permite unha maior comodidade no acceso mediante equipamentos portátiles, facilitando a mobilidade dentro do concello, pero tamén teñen maior vulnerabilidade no que se refire á seguridade, o que exixe maiores controis. Outro servizo que se analizou na enquisa é a telefonía IP, que utiliza a mesma rede para o envío de datos e para a comunicación telefónica. Esta comunicación pódese basear en terminais propios de telefonía IP e un provedor deste servizo ou na utilización de programas de telefonía IP e do propio ordenador como terminal telefónico. Unha das vantaxes dos sistemas de telefonía IP é a redución de custos que poden supor as chamadas que utilicen a propia rede de datos da empresa (intranet) ou que se baseen no acceso á internet, que na gran maioría dos casos se realiza na modalidade de “tarifa plana”. Obsérvase que se trata dun servizo que xa ten un certo nivel de aceptación nos concellos, cun 8% sobre o total e un 18% dos concellos de máis de 10.000 habitantes. No que se refire ao acceso á internet, o 100% dos concellos se encontran conectados á rede. A diferenza nestes momentos radica na velocidade da conexión, que depende tanto da oferta das redes ofrecidas polos operadores privados como pola dispoñibilidade de acceso á rede da Xunta de Galicia.

77


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Co obxecto de mellorar os aspectos relacionados coa conectividade nos concellos galegos proponse, entre outras, a mellora no largo de banda na conexión coa rede corporativa.

4.2.3 Conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia No seguinte mapa móstrase o nivel de conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia e obsérvase que o nivel de acceso a esta rede é practicamente total no que se refire ao número de concellos conectados. Este nivel de conectividade ofrécese en virtude do convenio establecido para o acceso ao Portelo Único.

Figura 17. Concellos con convenio con Eido Local.

78


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Facilitar este nivel de conectividade comporta unha elevada complexidade a nivel tecnolóxico, tanto no que se refire ao despregamento da rede como á súa posterior xestión. De feito, a Xunta acaba de certificar a conformidade do seu Sistema de Xestión da Calidade da Rede Corporativa coa norma UNE-EN ISO 9001:2000. A implantación desta norma na rede informática da Administración galega pretende cumprir con parámetros de calidade que permitan unha maior eficiencia na comunicación interna e cos cidadáns. Nas seguintes figuras preséntase a estrutura actual da rede corporativa da Xunta de Galicia.

Figura 18. Mapa da rede corporativa da Xunta de Galicia por tipo de liña

79


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Figura 19. Mapa da rede corporativa da Xunta de Galicia por largo de banda

Figura 20. Mapa da Rede corporativa da Xunta de Galicia por largo de banda 80


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Figura 21. Mapa da Rede corporativa da Xunta de Galicia. Número de liñas por concello

A existencia de redes adecuadas de telecomunicación fai posible o acceso remoto aos sistemas internos do concello. Na figura obsérvase como un 19% dos concellos afirma que pode acceder de forma remota aos sistemas do concello.

81


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Accesos remotos ao sistema informático nos concellos

% Concellos

100% 75% 50% 19%

25%

1% 0% Accesos remotos ao S.I. desde fóra dos centros

Teletraballadores regulares

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

ACCESOS REMOTOS AO SISTEMA INFORMÁTICO DESDE O EXTERIOR TODOS <5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Accesos remotos ao S.I. desde fóra dos centros

19%

14%

18%

33%

67%

Teletraballadores regulares

1%

1%

0%

3%

0%

Figura 22. Acceso remoto aos sistemas informáticos dos concellos

4.2.4 Infraestrutura de uso público; os telecentros Nos últimos anos, a maior parte dos concellos participaron en proxectos orientados a lles ofrecer aos cidadáns un espazo público para o acceso á internet, denominado habitualmente “telecentro”. Os telecentros compóñense dunha rede de ordenadores e os seus periféricos correspondentes, con conexión á internet. En boa parte dos concellos o acceso á internet realízase mediante unha conexión vía-satélite, que facilita o acceso á banda larga, que nalgúns casos non facilitan os operadores privados. Os telecentros encóntranse en locais de acceso público do concello, ben nos propios locais do concello ou en ocasións en centros de cultura, colexios públicos ou nas bibliotecas.

82


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Na maior parte dos concellos, o acceso á internet nos telecentros é mediante conexión sen fíos, o que facilita que persoas que contan co seu propio ordenador portátil poidan acceder á internet desde o telecentro desde o seu propio equipamento, o que supón unha importante vantaxe en moitos casos. No mapa móstrase a distribución actual da rede de telecentros.

Figura 23. Concellos con centros de acceso público á internet

83


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.5 Conexión á internet A conexión á internet nos concellos pode estar proporcionada por provedores xestionados desde o propio concello, pola Xunta de Galicia ou por outras entidades, tal como as deputacións, etc. A Xunta de Galicia proporciona o servizo de correo electrónico a un total de 305 concellos, con máis de 2.300 usuarios do sistema Eido Local, que inclúe as correspondentes direccións de correo electrónico. Na epígrafe anterior presentouse a distribución de concellos que teñen subscrito o convenio coa Xunta de Galicia para o acceso ao sistema Eido Local. Na seguinte figura móstrase o tipo de liña proporcionado a cada concello.

Figura 24. Tipo de acceso á rede corporativa da Xunta para o sistema Eido Local

A maior parte dos accesos realízanse mediante tecnoloxía ADSL ou RDSI.

84


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

En relación coa conexión á rede corporativa da Xunta, considérase que a oferta actual se debería ampliar para dar soporte á totalidade dos equipamentos instalados e non unicamente a aqueles que utilizan o sistema Eido Local. Así mesmo, sería moi importante darlles conexión á rede corporativa ao resto dos centros dependentes do concello.

4.2.6 Aplicacións informáticas Analízanse neste punto as aplicacións informáticas utilizadas nos concellos por parte dos usuarios. Os sistemas operativos utilizados polo concello presentáronse no punto 4.2.1 por considerar que o sistema operativo son aplicacións estreitamente vinculadas cos ordenadores tanto dos usuarios como dos equipamentos centrais-servidores. Presentaranse as seguintes aplicacións; ◗ Ofimática e outras aplicacións de usuario final ◗ Aplicacións de xestión do concello ◗ Interoperatividade Concello-Xunta; o portal Eido-Local 4.2.6.1 Ofimática e outras aplicacións de usuario final Na seguinte figura preséntanse as aplicacións ofimáticas implantadas nos concellos de Galicia. Obsérvase que o paquete máis implantado é o Microsoft Office cun 85% de concellos que contan con esta aplicación, seguido de Lotus Smartsuite cun 24% e Open Office cun 15%. Convén indicar que nalgúns concellos poden convivir varios paquetes ofimáticos simultaneamente, é dicir, as opcións que se preguntaron aos concellos non son excluíntes.

85


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Paquetes ofimáticos empregados nos concellos

% Concellos

100%

85%

75% 50% 24% 25%

15%

9%

0% Microsoft Office

Lotus Smartsuite

OpenOffice

Outros paquetes ofimáticos

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

PAQUETES OFIMÁTICOS EMPREGADOS NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Microsoft Office

85%

84%

82%

88%

100%

Lotus Smartsuite

24%

17%

44%

33%

0%

OpenOffice

15%

8%

24%

30%

33%

Outros paquetes ofimáticos

9%

9%

4%

12%

33%

Figura 25. Paquetes ofimáticos empregados nos concellos

Outra das aplicacións xeneralizada nestes momentos a nivel informático son os navegadores da internet. Na figura preséntase a distribución das aplicacións implantadas nos concellos.

86


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Navegadores da internet empregados nos concellos 96%

% Concellos

100% 75% 50%

22%

25% 3%

3%

0% Microsoft Explorer

Netscape Navigator

Mozilla Firefox

Outros navegadores

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

NAVEGADORES INTERNET EMPREGADOS NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

Microsoft Explorer

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

96%

96%

93%

97%

100%

Netscape Navigator

3%

2%

2%

9%

0%

Mozilla Firefox

22%

13%

27%

46%

50%

Outros navegadores

3%

2%

4%

3%

17%

Figura 26. Navegadores da internet empregados nos concellos

O navegador da internet máis implantado é o Explorer de Microsoft, existente no 96% dos concellos, seguido de Mozilla cun 22%. É importante ter en conta este dato no que se refire á compatibilidade das aplicacións dirixidas a concellos, que deberán poder operar adecuadamente en calquera destes navegadores, que á vista dos datos teñen unha presenza considerable. Non hai dúbida de que os paquetes ofimáticos e as aplicacións relacionadas coa internet (correo electrónico e navegadores principalmente) son as aplicacións software máis presentes en calquera organización, xa que a súa aplicación se pode considerar xeneralizada á totalidade dos usuarios.

87


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Adicionalmente poden existir outras aplicacións de carácter máis departamental, que son igualmente importantes; a modo de exemplo poderíanse citar as seguintes; ◗ Aplicacións de banca electrónica, orientadas ás áreas de xestión económica. ◗ Aplicacións GIS: que teñen un enorme potencial na xestión municipal para relacionar os datos co territorio. Trátase de aplicacións que engaden ás bases de datos relacionais a capacidade de referenciar xeograficamente a información e sobre todo de presentala en forma de mapa ou plano, utilizando simboloxía que facilite a interpretación da información. Este tipo de aplicacións ofrece importantes vantaxes en áreas como a xestión do catastro, mobiliario urbano, tráfico ou para o propio padrón. Trátase dunha tecnoloxía dispoñible desde hai case 20 anos pero que tivo o seu maior despregamento nos últimos cinco anos e que xa se encontra implantada na maior parte dos concellos de maior dimensión nestes momentos. A súa extensión a concellos de menor dimensión constitúe unha clara oportunidade. ◗ Aplicacións de deseño e enxeñaría para a área técnica. Os paquetes máis frecuentes nesta categoría son as aplicacións CAD (deseño asistido por ordenador) utilizados polo persoal dos departamentos de proxectos e arquitectura. Así mesmo, inclúense nesta categoría aplicacións orientadas ao deseño de redes de saneamento ou de abastecemento. ◗ Sistemas de xestión documental ou de xestión de arquivos. A documentación é un aspecto importante en calquera Administración e por suposto tamén o é para os concellos. A xestión da documentación converteuse nun problema importante non só pola cantidade de documentación que se chega a manexar, senón pola variedade desta tanto en formatos (imaxe, texto, audiovisual), como na súa procedencia (fontes externas, documentación de cidadáns, documentación xerada informaticamente no propio concello) e na súa custodia, na cal interveñen diversas áreas da organización. Para dar resposta a esta problemática existen no mercado aplicacións que axudan á clasificación e á xestión completa dos documentos, desde a súa entrada ao sistema ata a súa posible destrución no caso que proceda. Este tipo de sistemas soamente existe nun reducido número de concellos. ◗ Aplicacións para a elaboración de informes e cadros de mando. Trátase de aplicacións moi vinculadas co control da xestión e co seguimento das actividades. Con

88


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

frecuencia os sistemas operacionais non están adaptados ás exixencias dos “usuarios da información”, que son normalmente os responsables das distintas áreas funcionais, secretario, interventor ou os cargos electos. Este tipo de aplicacións responden á denominación de sistemas de apoio á toma de decisións, en ocasións denominados como aplicacións de “business Intelligence”. 4.2.6.2 Software de xestión Os procesos operativos nun concello son polo xeral similares, podendo existir diferenzas no que se refire aos volumes de información manexado dependendo da dimensión do concello. Estas diferenzas son as que xustifican tamén a existencia de diferentes niveis de informatización destes procesos. Así, nun concello de maior dimensión o volume de operacións exixe que a maior parte dos procesos estean soportados por unha aplicación centralizada de xestión en que residen os datos relativos a esta xestión. Nos concellos de menor dimensión é menor o nivel de informatización e non están informatizados algúns dos procesos ou teñen aplicacións menos integradas entre si en comparación coa situación dos concellos de maior dimensión. Na actualidade, a tendencia é a integración das solucións no que se denominou o ERP municipal, seguindo un certo paralelismo co que ocorreu no sector privado, en que a tendencia actual son os programas de xestión integrados (denominados ERP) con gran capacidade de parametrización4. Este tipo de aplicacións son habitualmente máis complexas e amplas que o que serían programas “a medida” desenvolvidos para un só concello, polo que os seus provedores adoitan ser empresas dunha certa dimensión e cunha traxectoria consolidada no mercado das administracións locais. Un paso máis neste tipo de sistemas son as ferramentas de workflow/BPM. Estas ferramentas xogan un importante papel hoxe en día para a tramitación nunha Administración

4

A capacidade de parametrización refírese á posibilidade de definir o modo de funcionamento do programa, adaptándoo ás necesidades específicas de cada organización, sen que se requira programación. Os parámetros actúan neste sentido como variables que permiten establecer esta personalización.

89


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

pública xa que, dado que para un importante desenvolvemento da Administración electrónica se fai necesaria a continua evolución da organización de cada proceso no que a modernización se refire, permitindo pór en marcha un contorno de tramitación de expedientes homoxéneo cun conxunto de servizos normalizados que favorecen a interacción co cidadán, aspecto que se fai practicamente imprescindible para xestionar adecuadamente un contorno público de servizos e procesos. Na seguinte figura preséntanse as opcións que se poden considerar xerais en relación coa xestión e cun concello, e analízase o nivel de informatización actual en cada unha desas opcións.

90


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Aplicacións de xestión interna nos concellos 100%

98%

93%

38% 33%

25%

26% 23% 22%

14% 14% 12% 11% 10% 9%

7%

5% Xestión dos cemiterios

60%

50%

Contratación

% Concellos

77% 75%

Xestión Policía

Outros

Inventario patrimonio

Urbanismo

Base datos documentais

Xestión de multas

Xestión de arquivo

Xestión expedientes

Xestión Secretaría

Banca electrónica

Xestión tributaria

Persoal e nóminas

Concello Rexistro do

Contabilidade

Padrón habitantes

0%

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

APLICACIÓNS DE XESTIÓN INTERNA NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

Padrón habitantes

98%

98%

98%

97%

100%

Contabilidade

93%

92%

93%

97%

100%

Rexistro do Concello

77%

72%

76%

97%

100%

Persoal e nóminas

60%

48%

73%

88%

100%

Xestión tributaria

38%

29%

40%

64%

100%

Banca electrónica

33%

30%

44%

33%

33%

Xestión Secretaría

26%

23%

38%

21%

50%

Xestión expedientes

23%

18%

27%

36%

33%

Xestión de arquivo

22%

19%

27%

24%

50%

Xestión de multas

14%

2%

20%

46%

83%

Urbanismo

14%

6%

16%

39%

50%

Base datos documentais

12%

9%

13%

15%

50%

Inventario patrimonio

11%

9%

7%

18%

67%

Outros

10%

8%

11%

18%

0%

Xestión Policía

9%

0%

4%

42%

67%

Contratación

7%

2%

7%

21%

33%

Xestión dos cemiterios

5%

0%

7%

12%

67%

Figura 27. Aplicación de xestión interna nos concellos

91


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A primeira conclusión que se pode obter con carácter xeral é que as aplicacións máis implantadas na totalidade dos concellos son o padrón de habitantes e a contabilidade, e nos concellos de maior dimensión a aplicación de rexistro. No que se refire á aplicación de rexistro, identificouse a existencia de varias aplicacións, en función do cometido, podendo convivir a aplicación do propio concello coa da Xunta de Galicia (portelo único) e o rexistro das deputacións provinciais, existindo a oportunidade de integrar unha única aplicación de rexistro que contribuiría a simplificar de forma importante esta tarefa. A xestión de persoal, fundamentalmente a nómina, está presente no 60% dos concellos, cun nivel importante tanto nos concellos de menor dimensión, cun 48% como nos concellos máis grandes, en que a porcentaxe se aproxima ao 100%. Cun nivel lixeiramente inferior ao das anteriores aplicacións, destacan as aplicacións de xestión tributaria, xestión de expedientes ou a xestión do arquivo. O resto das aplicacións teñen unha menor incidencia nos concellos pequenos (menores de 5.000 habitantes) cunha porcentaxe de concellos menor do 10%. Non obstante, convén observar a diferenza que existe nos concellos de maior dimensión (maiores de 10.000 habitantes), en que existen aplicacións de xestión para a maior parte dos procesos nunha porcentaxe significativa de concellos. En todo caso, existen oportunidades de mellora á vista dos datos recollidos, xa que con independencia do tamaño do concello, resulta importante a xestión de aspectos de grande importancia como o inventario e patrimonio do concello (soamente existente nun 11% do total dos concellos) ou a xestión da contratación (un 7% do total dos concellos e pouco máis do 20% dos concellos de máis de 10.000 habitantes). Outra das melloras potenciais en relación coa situación actual sería a integración dos procesos que supoñen tramitación por parte dos usuarios (cidadáns, empresas e outras administracións), para poder levar a cabo estes trámites a través da web, desenvolvendo así verdadeiras aplicacións que impulsen a administración electrónica.

92


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Así mesmo, este enfoque permitiría que a WEB do concello fose a “interface de entrada e saída de información” cara ao cidadán, pero a xestión dos datos propiamente dita residiría na aplicación integrada de xestión do concello. No que se refire ás aplicacións de xestión, de acordo coa análise dos datos obtidos a través do estudo realizado, os concellos presentan necesidades que se poden materializar nas liñas de actuación seguintes: ◗ Tratar de estandarizar unha solución probada e válida para a xeneralidade de concellos, en especial para os de menor dimensión. ◗ Realizar un repositorio de aplicacións de xestión aplicables ao ámbito local, que lles permita aos concellos acceder a estes recursos, que con frecuencia quedan fóra do alcance de moitos concellos. As medidas que se aplicarán en relación ao software de xestión deberán ter en conta a base de produtos actualmente instalados nos concellos. 4.2.6.3 Aplicacións de interoperatividade dos concellos coa Xunta de Galicia Para o desenvolvemento das súas funcións, os concellos manteñen unha relación continuada con outras administracións e dun modo particularmente elevado coa Xunta de Galicia. Esta relación supón un intercambio de información bidireccional, que está soportado por un importante número de aplicacións. Na consulta formulada aos concellos analizáronse as aplicacións de interoperatividade Xunta-Concellos máis utilizadas e afondouse na aplicación máis utilizada na actualidade, que é o portal de concellos Eido Local. Os datos obtidos preséntanse na seguinte figura.

93


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Aplicacións de interoperatividade coa Xunta nos concellos

% Concellos

100%

96% 72%

75%

69%

65%

50% 25% 6%

2%

0% EIDOLOCAL

SIUSS

SIXPAC

MATIASS

SICAS

SIEGA

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

APLICACIÓNS DE INTEROPERATIVIDADE COA XUNTA NOS CONCELLOS EIDOLOCAL

TODOS

<5000 HAB.

96%

96%

5.000-10.000 10.000-50.000 98%

94%

>50.000 100%

SIUSS

72%

70%

76%

73%

100%

SIXPAC

69%

72%

71%

61%

17%

MATIASS

65%

66%

71%

58%

50%

SICAS

6%

2%

7%

18%

33%

SIEGA

2%

1%

4%

3%

0%

Figura 28. Aplicacións de interoperatividade Xunta-concellos

En relación co portal de concellos Eido Local, na seguinte figura preséntanse os valores obtidos.

94


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Funcionalidades de Eidolocal nos concellos 100%

98%

92%

% Concellos

75% 64%

61%

50%

59% 40%

36%

35% 23%

25%

20%

16%

11%

7%

4% Simulador orzamentario

Heráldica

Tramitación electrónica de expedientes

Certificado do rexistro xeral de contratistas

Xestión de contidos do portal

Novas do portal

Envíos de disposicións ao DOG

Envíos de documentación á DXAL

Guía do cidadán

Consulta bases datos documentais

Correo electrónico de EidoLocal

Consulta de expedientes

Rexistro de entradas e saídas

Consulta do DOG

0%

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Concellos con Eido Local

FUNCIONALIDADES DE EIDOLOCAL NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB. 5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Consulta do DOG

98%

100%

100%

79%

100%

Rexistro de entradas e saídas

92%

94%

86%

86%

100%

Consulta de expedientes

64%

67%

74%

48%

25%

Correo electrónico de EidoLocal

61%

72%

52%

35%

25%

Consulta bases datos documentais

59%

64%

71%

21%

100%

Guía do cidadán

40%

48%

31%

28%

0%

Envíos de documentación á D.X. Adm. Local

36%

42%

38%

14%

0%

Envíos de disposicións ao DOG

35%

36%

43%

21%

25%

Novas do portal

23%

26%

17%

21%

25%

Xestión de contidos do portal

20%

25%

21%

0%

0%

Certificado do rexistro xeral de contratistas

16%

11%

24%

21%

50%

Tramitación electrónica de expedientes

11%

12%

12%

7%

0%

Heráldica

7%

10%

7%

0%

0%

Simulador orzamentario

4%

3%

7%

3%

0%

Figura 29. Funcionalidade do actual portal Eido Local

95


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

O desenvolvemento da administración electrónica é unha das prioridades que se fixou o novo Goberno de Galicia como factor clave para a mellora da calidade dos servizos que a Administración lles presta aos cidadáns. O papel dos concellos neste sentido resulta clave, por ser en moitas ocasións o punto de contacto máis próximo aos cidadáns para a realización de moitos dos trámites e servizos que estes demandan. Conscientes desta importancia, a Consellería de Presidencia proponse potenciar o portal da Administración local galega, potenciando moitas das funcionalidades do actual sistema, en especial as relativas á tramitación electrónica. Na actualidade, a maior parte dos concellos acceden aos servizos que ofrece este portal, cun total de 2.300 usuarios do sistema, ofrecendo contidos e servizos electrónicos que melloran os procesos e a comunicación entre a Xunta de Galicia e os concellos. No portal considérase necesario incluír servizos avanzados de información como o soporte mediante sistemas de información xeográfica (GIS) para o acceso a información xeral sobre os servizos municipais ou servizos que permitan o envío de información ao cidadán a través de mensaxes SMS. Esta funcionalidade constitúe unha aplicación que se describe no seguinte punto. Así mesmo, considérase necesario potenciar o servizo de noticias relativas á Administración local, cunha énfase especial no que se refire á divulgación de novos servizos de “administración electrónica”, co obxecto de dalos a coñecer a todos os cidadáns e tamén como referencia para as propias administracións. O persoal das administracións deberá ter acceso a contidos e servizos de alto valor engadido, facilitando a tramitación electrónica, consulta de expedientes de cidadáns ou de empresas, acceso a rexistros administrativos, soporte á contratación electrónica ou servizos de directorio da Xunta e dos concellos entre outras funcionalidades. A nova plataforma de administración electrónica pretende constituírse como o sistema de referencia no referente aos servizos que impliquen a Xunta de Galicia e os concellos, co obxectivo principal de funcionar como un verdadeiro portelo único de cara ao cidadán ou ás empresas. No sistema deberanse incorporar, ademais, contidos e servizos orientados ao propio persoal da Administración, relativos a aspectos como a formación ou a convocatoria de

96


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

prazas, funcionando neste sentido como un portal do empregado público en materia de Administración local. Para soportar este novo desenvolvemento, considérase que a mellor opción tecnolóxica sería basearse nunha plataforma de software libre, que ofrece importantes vantaxes desde o punto de vista tecnolóxico e sobre todo permitirá ofrecer un contorno aberto para que os concellos poidan incorporar novas funcionalidades. Así mesmo, e para xestionar este novo sistema, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas puxo en marcha unha nova unidade denominada Centro de Soporte Técnico aos Concellos, que pretende centralizar todo o servizo que demanden os concellos en relación con este novo sistema, e que proporcionará soporte continuado e formación no manexo do sistema e en temas relacionados con administración electrónica como a certificación e sinatura electrónica o a seguridade e protección de datos. No novo portal da Administración local galega deberase potenciar de forma especial o uso da sinatura electrónica nas distintas opcións ofrecidas. Así mesmo, deberíase dar soporte ao concepto de “Personalidade administrativa dixital do concello”, mediante a creación dun rexistro de entidades locais, que recolla un expediente completo para cada concello, que englobará: información xeral sobre o concello, datos fiscais, alcalde, secretario, enderezo, certificacións etc. Desta forma evitaríase que se teña que pedir esta información por parte de calquera consellería cada vez que se interactúe cun concello (por exemplo en materia de subvencións). O expediente podería mantelo o propio concello desde unha opción na Zona Privada do Portal de Administracións Locais. Para isto sería necesario o correspondente apoio legal para que esta base de datos tivese total validez. Considérase prioritaria para mellorar o nivel de interrelación entre os concellos e a Xunta de Galicia a potenciación dos servizos de soporte a concellos. En concreto, as actuacións para mellorar os distintos aspectos poderían ser, entre outras, as seguintes: ◗ Asesoramento aos concellos en materia TIC ◗ Soporte integrado telefónico a usuarios CAU ◗ Soporte en materia de calidade e administración electrónica ◗ Soporte á presentación de axudas

97


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.6.4 Sistema de mapas de servizos dispoñibles nas administracións locais: Galimap Trátase dun novo sistema, que permite acceder a unha gran cantidade de información sobre as administracións locais, presentando a información en forma de mapas e permitindo combinar diversos criterios de busca para filtrar a información que o usuario desexa obter. Así mesmo, conta con servizos innovadores que permiten o envío desta información de contacto ao usuario a través dunha plataforma de mensaxería que integra tanto o envío de correos electrónicos como o envío de SMS. Neste sistema inclúense en formato xeográfico informacións de diversos ámbitos como o da xustiza, calidade, administración electrónica, infraestruturas de comunicacións e por suposto a información de contacto e os datos principais dos concellos (habitantes, superficie, teléfonos, WEB, nome do alcalde, etc.). Este proxecto responde a unha demanda de información por parte do cidadán, continuándose nun futuro inmediato con proxectos complementarios que introduzan novos recursos de información relacionados con rueiros, vídeo e outras áreas de información específicas. Na actualidade este tipo de servizos de información sobre mapas xeográficos están experimentando unha gran demanda. xa sexan os navegadores para automóbiles con tecnoloxía GPS, as guías electrónicas de estradas, os rueiros electrónicos, o certo é que numerosas entidades públicas e privadas están ofrecendo unha variedade de servizos desta natureza. No ámbito xudicial represéntanse a dispoñibilidade nos concellos dos diferentes xulgados e tribunais, dos rexistros civís e das notarías. Dentro do ámbito da xestión da calidade, visualízanse os concellos que teñen algunha carta de servizo, que teñen algunha certificación de calidade, que realizan enquisas de satisfacción dos usuarios, ou que teñen mecanismos de recolla de suxestións ou queixas vía a internet. En canto ao ámbito da administración electrónica mediante Galimap, é posible ter unha visualización da distribución xeográfica da dispoñibilidade na internet dos trámites ou procedementos básicos (impostos e taxas, licenzas de obras, certificados de empadro-

98


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

amento, cambios de enderezo, creación de empresas ou contratación pública, etc.), do equipamento informático e das infraestruturas de comunicacións dos concellos, dos servizos básicos de comunicación tales como a páxina web, os caixas de correo electrónicas e as votacións e participación electrónica. Por exemplo en canto aos trámites públicos básicos ofrecidos pola internet, visualízase por medio de cores o nivel de sofisticación de cada un dos trámites segundo unha escala: o nivel 0 indica que non se proporciona ningunha información a través da internet de cada servizo concreto; o nivel 1 sinala que soamente se dá unha información de tipo básico; o nivel 2 indica que se permite a descarga de formularios xenéricos para cubrir of-line; o nivel 3 permite o acceso para consultar ou actualizar información persoal; e o nivel 4 indica que se permite o pagamento ou a realización do trámite completo pola internet sen necesidade de ningún tipo de desprazamento. Respecto ao ámbito das infraestruturas de comunicacións o servizo proporciona informacións sobre os diferentes tipos de liñas (básicas, RDSI, ADSL, punto a punto etc.) proporcionados pola Xunta de Galicia aos concellos e a outros organismos públicos.

Figura 30. O sistema Galimap; xestión cartográfica e envíos SMS

99


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.7 Sitio WEB O sitio WEB do concello é a canle de comunicación do concello cos cidadáns e o soporte para o acceso ás aplicacións de administración electrónica ofrecidas polos concellos. A primeira variable analizada é a presenza en WEB dos concellos. Na figura móstranse os resultados obtidos. Sitio web nos concellos 100%

% Concellos

100% 90%

80%

75% 58% 42%

50% 25% 0% Todos

<5000 hab.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

SITIO WEB NOS CONCELLOS Ten páxina web

TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

58%

42%

80%

90%

100%

Figura 31. Sitio WEB nos concellos

Un 58% dos concellos galegos teñen páxina web oficial. O valor difire de forma importante en función da dimensión do concello; así, nos concellos de menos de 5.000 habitantes a porcentaxe é de soamente un 43% fronte ao 100% dos concellos de maior dimensión como cabía esperar. En todo caso obsérvase que en concellos de 10.000 a 50.000 habitantes a porcentaxe é dun 90%, o que se pode considerar baixo, xa que se trata de concellos dunha relativa dimensión en que a carencia dunha páxina web non soamente é negativo desde o punto de vista do turismo ou da cultura, senón que tamén supón unha limitación importante para aspectos como os servizos ou a participación cidadá.

100


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Figura 32. Mapa de distribución dos concellos que teñen unha páxina web oficial

Nos concellos en que hai páxina web residen un 85% do total de habitantes de Galicia, o que implica que hai 420.200 persoas que non poden acceder á páxina web do concello en que residen. TIPOS DE CONCELLOS

CONCELLOS CON PÁXINA WEB

C. SEN WEB

CONCELLOS Nº

CONCELLOS %

POBOAC.HAB.

POBOACIÓN %

POBOAC.HAB.

<5.000 hab

83

42%

227.825

48%

250.548

de 5.000 a 10.000 hab

51

80%

351.221

80%

86.404

de 10.000 a 50.000 hab

43

90%

775.803

90%

83.248

> 50.000 hab

7

100%

987.149

100%

0

184

58%

2.341.998

85%

420.200

Total

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

Táboa 5. Distribución dos concellos con páxina web de Galicia por dimensión e detalle da poboación correspondente aos ditos concellos

101


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

TIPOS DE CONCELLOS

CONCELLOS CON PÁXINA WEB CONCELLOS Nº

C. SEN WEB

CONCELLOS %

POBOAC.HAB.

POBOACIÓN %

POBOAC.HAB. 142.120

A Coruña

66

70%

984.587

87%

Lugo

33

50%

264.861

75%

92.764

Ourense

38

41%

233.847

69%

105.708

Pontevedra

47

76%

858.703

92%

79.608

Total

184

58%

2.341.998

85%

420.200

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

Táboa 6. Distribución dos concellos con páxina web de Galicia por provincia e detalle da poboación correspondente aos ditos concellos

4.2.7.1 Nivel de transacción das web dos concellos Atendendo ao nivel de sofisticación dos servizos ofrecidos pódense diferenciar catro niveis, que habitualmente os distintos departamentos ou administracións van adquirindo de xeito gradual: ◗ Nivel 1: informar o cidadán ou a empresa, facilitando o acceso á información sobre os servizos públicos ◗ Nivel 2: permitir a interacción do usuario que accede ao servizo, facilitando polo menos a descarga de formularios, que é o procedemento habitual de solicitar un determinado servizo ◗ Nivel 3: permitir que o usuario se identifique e cubra os formularios. ◗ Nivel 4: facilitar a realización dunha xestión completa, incluíndo a resolución de incidencias e, se é o caso, a liquidación ou pagamento dos servizos prestados. Segundo os datos obtidos, un 56% dos concellos galegos teñen páxina web, e a maior parte deles están incluídos no primeiro dos niveis descritos (información ao cidadán), xa que o nivel de desenvolvemento da e-Administración a nivel local aínda é baixo. Ademais do interese que os contidos e servizos ofrecidos poden ter para os cidadáns galegos, é importante destacar o importante papel que estas web oficiais xogan en aspectos como a difusión do patrimonio cultural ou do turismo.

102


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Ademais de potenciar a oferta dos propios contidos e servizos da e-Administración, o impulso da demanda e utilización destes servizos pasa por facilitar o acceso público a todos os cidadáns, tanto aos que xa son usuarios habituais da internet como aos que aínda non o son. Contar con estes espazos públicos engade unha nova canle de acceso a estes servizos, de grande importancia para o seu desenvolvemento. Nivel de interacción das web dos concellos

% Concellos

100% 75%

69%

50%

36%

25% 3%

1%

0% Mostrar información xeral

Descargar formularios xenéricos

Consultar ou actualizar Realizar o pagamento ou a información persoalizada transacción completa

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Concellos con páxina web.

NIVEL DE INTERACCIÓN DAS WEB DOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB. 5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Mostrar información xeral

69%

65%

68%

79%

86%

Descargar formularios xenéricos

36%

31%

36%

53%

86%

Consultar ou actualizar información persoalizada

3%

0%

9%

3%

29%

Realizar o pagamento ou a transacción completa

1%

0%

0%

0%

29%

Figura 33. Nivel de transacción das web dos concellos

Dado que a resposta dada polos concellos foi unha resposta múltiple, as porcentaxes correspondentes ás distintas opcións suman máis de 100. É importante por tanto observar en cada un dos segmentos o nivel de transacción máximo que se alcanza. Así, nos concellos de menos de 5.000 habitantes o máximo nivel alcanzado é ofrecer a descarga dalgún formulario (nivel 2), cun 31% dos concellos con páxina web que permiten realizar este tipo de transacción.

103


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Nos concellos de 5.000 a 10.000 habitantes un 9% alcanzan xa o nivel 3, supón xestionar información personalizada, o que habitualmente implica que o usuario poida introducir datos na páxina web para facer algún tipo de solicitude personalizada. Así mesmo, neste tipo de concellos o nivel 2 alcánzano un 36% dos concellos. Nos concellos de 10.000 a 50.000 habitantes o nivel 2 alcánzano un 53% dos concellos, aínda que o nivel 3 o alcanzan soamente un 3%. Finalmente, os concellos de máis de 50.000 habitantes presentan unha situación moi diferente aos anteriores. Un 29% alcanzan o nivel 4, o máximo nivel, que indica que a WEB permite a xestión de tramitacións completas. Así mesmo, son a maior parte, un 86%, os que permiten descargar formularios. No seguinte mapa preséntanse os resultados por concello, tendo en conta o nivel máximo alcanzado, de acordo coa clasificación anterior.

Figura 34. Mapa de distribución do nivel de transacción das web dos concellos

104


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

No que se refire ás posibles transaccións que poden ofrecer os concellos a través da web, pódense distinguir os servizos a cidadáns e os servizos ás empresas. Na enquisa consideráronse os seguintes servizos: ◗ Servizos a cidadáns: Impostos e taxas Busca de emprego Licenzas de obras Denuncia e atestados Certificados de empadroamento Notificación de cambios de enderezo Matriculación en cursos, gardarías, etc. Participación cidadá ◗ Servizos a empresas: Taxas corporativas; declaración e notificación Creación e rexistro de novas empresas Permisos de calidade ambiental Contratación pública (licitación, relación con provedores) En xeral pódese indicar que o nivel alcanzado nestes servizos foi baixo na maior parte dos concellos, coa excepción dos concellos de maior dimensión. En materia de tramitación electrónica, require especial atención todo o referido á contratación pública. Foron consultados os concellos sobre este tema e obtívose o resultado que se presenta na seguinte figura.

105


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Soporte da web nos procesos de contratación dos concellos

% Concellos

100% 75% 50% 20%

25%

13%

6%

2%

0% Publican as ofertas ou anuncios

Publican a documentación Publican os resultados da necesaria contratación

Permítese realizar algún trámite da contratación

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

SOPORTE DA WEB NOS PROCESOS DE CONTRATACIÓN DOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

Publican as ofertas ou anuncios

20%

8%

36%

38%

71%

Publican a documentación necesaria

13%

6%

23%

21%

43%

Publican os resultados da contratación

6%

1%

13%

12%

29%

Permítese realizar algún trámite da contratación

2%

0%

4%

3%

14%

Figura 35. Soporte a contratación electrónica nas web dos concellos

Obsérvase que hai un 20% de concellos que ofrecen algún servizo relativo á contratación na web, cunha importante diferenza en función da dimensión do concello; así, nos concellos de menor dimensión soamente un 8% dos concellos inclúe as ofertas ou anuncios de contratación na web, fronte ao 71% dos concellos de maior dimensión. Así mesmo, neste último grupo obsérvase que a web permite completar niveis adicionais no que se refire á transacción, desde permitir a descarga de documentación para a contratación (pregos, etc.), realizar o seguimento do resultado da contratación (apertura de plicas e resolución dos concursos) e incluso realizar parte do trámite propio do proceso de contratación.

106


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.7.2 Idiomas na páxina web Foron consultados os concellos sobre os idiomas utilizados na páxina web oficial. Na seguinte figura preséntanse os resultados obtidos.

Idiomas das web dos concellos

% Concellos

100% 69%

75% 50% 25%

21% 10%

0% Só galego

Só castelán

Galego e castelán

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Concellos con páxina web.

IDIOMAS DAS WEB DOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

Só galego

21%

18%

27%

30%

>50.000 0%

Só castelán

10%

12%

10%

5%

0%

Galego e castelán

69%

71%

63%

65%

100%

Figura 36. Idiomas das páxinas web dos concellos

Obsérvase que a maior parte dos concellos (un 69%) ofrecen os seus contidos en galego e castelán. Esta porcentaxe elévase ata o 100% nos concellos de maior dimensión. Un 21% dos concellos utiliza soamente o galego e un 10% soamente o castelán. A distribución por concello preséntase no seguinte mapa.

107


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Figura 37. Mapa de distribución dos idiomas das páxinas web dos concellos

4.2.7.3 Estrutura e contidos habituais nas web dos concellos Para analizar a tipoloxía de contidos das web dos concellos, distinguiremos os seguintes conceptos; ◗ Contidos en aberto, ofrecidos aos usuarios que acceden á web. ◗ Contidos orientados a usuarios que están rexistrados na web e que permite ofrecer unha selección de contidos personalizados. Esta modalidade de acceso a seccións privadas é denominada “extranet”. ◗ Contidos integrados na web pero dirixidos unicamente ás persoas que traballan no propio concello, mediante o uso dunha clave persoal. Esta modalidade é a que se adoita coñecer como “intranet”

108


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A maior parte dos contidos das web dos concellos son contidos de carácter público, coa única excepción dos concellos de maior dimensión en que nalgúns casos existe a posibilidade de personalización de contidos en función do usuario que accede á web. Identificáronse claras oportunidades de mellora no que se refire aos contidos que ofrecen as web municipais; ◗ Potenciar o tipo de contidos e servizos ofrecidos aos cidadáns. Na actualidade, a maior parte das web dos concellos ofrecen uns contidos descritivos moi básicos orientados fundamentalmente á presentación do concello desde un punto de vista eminentemente turístico. Apenas se encontran contidos orientados a prestar servizos e información aos cidadáns ou a potenciar a participación cidadá. ◗ Necesidade de incorporar os avisos legais que exixe a LOPD. ◗ Mellorar na aplicación de estándares de accesibilidade ás páxinas. ◗ Conveniencia de basear as web en xestores de contidos que faciliten a administración destes contidos por parte do propio concello, sen necesidade de implicar persoal técnico ou os propios provedores da páxina WEB. Soamente un 16% dos concellos teñen desenvolvida a súa web cun xestor de contidos que acheguen este tipo de autonomía ao concello. Esta situación prodúcese de modo especial nos concellos de menor dimensión (menos de 5.000 habitantes) en que esta porcentaxe se reduce ao 9%. Segundo os propios concellos, sería moi importante poder dispoñer dunha ferramenta sinxela que permitise, de modo corporativo, a cada departamento do concello manter os seus propios contidos. ◗ Coa excepción dos concellos de maior dimensión, non existe interacción entre a páxina web e as aplicacións de xestión interna do concello. Isto dificulta poder pasar dos niveis 1 e 2 mencionados anteriormente aos niveis 3 e 4. Así mesmo, esta falta de conexión entre os sistemas obriga a manter os mesmos datos de forma duplicada. Poder pasar aos niveis 3 ou 4 mencionados require traballar previamente na mellora da organización interna dos concellos. ◗ Non contar cun adecuado xestor de contidos como soporte da web dos concellos leva á diminución da frecuencia de actualización. Neste sentido obsérvase unha importante diferenza entre os concellos de menor dimensión, con frecuencias

109


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

mensuais o anuais, fronte aos concellos máis grandes en que as frecuencias de actualización son diarias o semanais.

Frecuencia de actualización das web dos concellos 100%

% Concellos

75% 50% 26% 25%

16%

21%

18%

18%

Mensual

Anual

Ns/Nc

0% Diaria

Semanal

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN DAS WEB DOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

Diaria

16%

5%

19%

54%

33%

Semanal

26%

21%

38%

29%

50%

Mensual

21%

25%

25%

7%

0%

Anual

18%

23%

13%

7%

17%

Ns/Nc

18%

26%

6%

4%

0%

Figura 38. Xestión dos contidos nas web dos concellos; frecuencia media de actualización

4.2.8 Seguridade No contexto da administración electrónica, xoga un papel clave todo o relativo á seguridade e aos aspectos relacionados co cumprimento da lexislación relativa ás novas tecnoloxías e á sociedade da información, en especial da Lei orgánica de protección de datos. A progresiva informatización dos procesos e o progresivo despregamento de novas redes e servizos en liña a través da internet son algúns dos factores que explican a crecente preocupación por mellorar a seguridade nos sistemas de información e no uso dos servizos das redes de ordenadores.

110


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Ademais, o contorno legal que entrou en vigor nestes últimos anos en países como España sobre protección de datos de carácter persoal e prestación de servizos da sociedade da información, presenta novos retos técnicos e organizativos para os responsables das institucións. Así, en España, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal (LOPD) obriga as organizacións (tanto públicas como privadas) que creasen ficheiros con datos persoais á implantación de importantes medidas de seguridade informática. Porén, aínda son moitas organizacións as que incumpren estas obrigas, e de feito existe unha importante porcentaxe de concellos que aínda non se adaptaron de forma completa a estas exixencias, tal como se observa na figura. Medidas de seguridade nos concellos 100%

94% 73%

% Concellos

75%

49% 50% 28%

38%

34%

25%

12%

5%

0% Antivirus, filtro de contidos, devasas..

Actualizase o antivirus

Copias de seguridade diarias

Copias dos sistemas centrais

Ten copias de seguridade en lugares distantes

Realizou auditoría de seguridade

Rexistrou arquivos persoais na APD

Ten o documento de seguridade

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

MEDIDAS DE SEGURIDADE NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB. 5.000-10.000 10.000-50.000 >50.000

Antivirus, filtro de contidos, devasas...

94%

93%

98%

94%

100%

Actualizase o antivirus

73%

67%

84%

82%

83%

Copias de seguridade diarias

49%

40%

51%

73%

100%

Copias dos sistemas centrais

28%

19%

29%

52%

100%

Ten copias de seguridade en lugares distantes

34%

28%

42%

39%

83%

Realizou auditoría de seguridade

5%

4%

7%

6%

33%

Rexistrou arquivos persoais na APD

38%

34%

33%

49%

100%

Ten o documento de seguridade

12%

9%

7%

21%

83%

Figura 39. Medidas de seguridade nos concellos

111


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Neste sentido, debería destacarse de forma especial a necesaria implicación e compromiso dos responsables das distintas institucións para conseguir que todas as persoas que integran a súa organización sexan conscientes da importancia que ten garantir a seguridade da información e a adecuada utilización dos sistemas e servizos informáticos e de telecomunicacións. Os planos de actuación que abrangue a seguridade informática son os seguintes (Gómez Vietes 2006): ◗ Técnico, tanto a nivel físico como a nivel lóxico. ◗ Legal, algúns países obrigan por lei a que en determinados sectores se implanten unhas determinadas medidas de seguridade. ◗ Humano, sensibilización e formación dos empregados e responsables das institucións. ◗ Organizativo, definición e implantación de políticas de seguridade, plans, normas, procedementos e boas prácticas de actuación. Na figura obsérvase o nivel con que contan os concellos en relación coas diversas medidas de seguridade. O uso de antivirus está xeneralizado na maior parte dos concellos, aínda que se pon de manifesto que non todos os concellos realizan adecuadamente a xestión das actualizacións dos produtos antivirus instalados. O 73% dos concellos afirman que levan a cabo unha adecuada xestión da actualización destes produtos. Resulta, ademais, coincidente o feito de que son un 27% os concellos que afirman que tiveron un problema derivado da entrada de virus nos sistemas, tal como se presentará posteriormente. Soamente o 49% dos concellos realizan copias de seguridade diaria dos seus sistemas, o que supón un importante risco, e no que se refire á custodia das copias, soamente un 34% dos concellos conserva as copias nun lugar fisicamente distanciado do concello. Todo o anterior indica que é necesario promover actuacións para mellorar en materia de seguridade, tanto na área de sensibilización e formación, como no soporte que se poida prestar en materia de software e sistemas (antivirus corporativo, soporte centralizado a copias de seguridade, etc.).

112


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Así mesmo, convén indicar que a situación se agrava nos concellos de menor dimensión, tal como se pode observar na táboa anexa á figura. Así os concellos de menos de 5.000 habitantes son os que se encontran en peor situación neste sentido, en contraste cos concellos de maior dimensión (>50.000 habitantes) nos cales se observa que a maior parte dos temas presentados están resoltos de forma satisfactoria.

Problemas de seguridade nos concellos

% Concellos

100%

82% 66%

75% 50%

27% 25%

10%

1%

6%

Outros

Ningún

1%

0% Correo non solicitado

Virus (recepción) Virus (infección) Contidos ilegais Uso fraudulento ou ofensivos de tarxeta de crédito

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

PROBLEMAS DE SEGURIDADE NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

Correo non solicitado

82%

79%

5.000-10.000 10.000-50.000 84%

91%

>50.000 100%

Virus (recepción)

66%

60%

73%

76%

83%

Virus (infección)

27%

23%

31%

39%

17%

Contidos ilegais ou ofensivos

10%

9%

9%

15%

0%

Uso fraudulento de tarxeta de crédito

1%

1%

2%

0%

0%

Outros

1%

1%

2%

0%

0%

Ningún

6%

6%

9%

3%

0%

Figura 40. Problemas de seguridade experimentados nos concellos

Na figura obsérvase cales son os principais problemas de seguridade que experimentaron ata o momento os concellos; o primeiro problema de seguridade é a recepción de correo non solicitado. O correo electrónico é un novo servizo que ofrece unhas importantísimas vantaxes nas comunicacións pero que tamén é a principal porta de entrada para os

113


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

problemas de seguridade en todo tipo de organizacións. Estes problemas poden ser de distinta natureza; ◗ Propagación de código daniño, fundamentalmente virus ou troianos, quer nas mensaxes adxuntas quer no propio código do corpo do mensaxe. ◗ Interceptación de mensaxes por terceiros e usurpación do remitente. ◗ Reenvío de mensaxes que sobrecargan a capacidade dos sistemas. ◗ Correo non solicitado polo remitente. ◗ Redistribución de correos a destinatarios aleatorios, moitas veces extraídos das propias listas de enderezos do usuario que sofre o problema de seguridade. Obsérvase que un 66% dos concellos afirman que reciben virus de forma habitual e un 27% experimentaron problemas directos pola recepción dos virus. Estes problemas poden ter importantes consecuencias, entre as que destacan a perda de información ou como mínimo a perda de rendemento dos sistemas que loxicamente poden ter as súas consecuencias no nivel e calidade dos servizos. Con frecuencia, os usuarios son conscientes de que teñen un problema de virus nos seus equipamentos, cando observan problemas recorrentes nas aplicacións de uso habitual como son o correo electrónico ou as aplicacións ofimáticas, que ralentizan as aplicacións ou que bloquean en ocasións o propio equipamento, debendo reinicialo, coa conseguinte perda de tempo e, en ocasións, de información. Para mellorar os distintos aspectos mencionados en relación coa seguridade, proponse, entre outras, as seguintes: ◗ Formación en materia de seguridade e en relación coas obrigas derivadas da LOPD. ◗ Apoio para a xestión das copias de seguridade dos sistemas, mediante formación e mesmo mediante sistemas centralizados que ofrezan estes servizos ao conxunto dos concellos. ◗ Posta en marcha dunha intranet que inclúa normas de actuación e directrices sobre lexislación, seguridade e información relativa ás TIC que sexan de aplicación específica para a administración local.

114


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.9 Mecanismos de autentificación; especial referencia á sinatura electrónica A organización debe dispor dunha relación actualizada de usuarios que teñen acceso autorizado aos recursos do seu sistema de información, establecendo determinados procedementos de identificación e autenticación para este acceso. A identificación e autenticación de usuarios constitúe un dos elementos básicos en relación coa seguridade dos sistemas e comprende o conxunto de sistemas e procedementos que permiten identificar os usuarios e controlar o seu acceso aos distintos recursos dun sistema informático, rexistrando, ademais, como se utilizan estes recursos. Os tres aspectos clave son os seguintes: ◗ Identificación e autenticación de usuarios. A identificación é o proceso polo cal un usuario presenta unha determinada identidade para acceder a un sistema, mentres que a autenticación permite validar a identidade do usuario. ◗ Control do acceso aos recursos do sistema informático (equipamentos, aplicacións, servizos e datos) mediante a autorización en función dos permisos e privilexios dos usuarios. ◗ Rexistro do uso dos recursos do sistema por parte dos usuarios, utilizando para iso os “logs”, os rexistros de actividade do sistema. O mecanismo que se vén utilizando na práctica con maior frecuencia para identificar os usuarios baséase nos nomes de usuario (“login”) e os contrasinais (passwords). Deste modo a cada usuario asígnaselle un nome e un contrasinal que permite verificar a identidade no proceso de autenticación. Neste caso a seguridade do proceso depende totalmente da confidencialidade do contrasinal. Os elementos anteriores deberían estar claramente definidos nas políticas de seguridade da organización. Na figura preséntanse os mecanismos habituais para a autenticación dos usuarios; obsérvase que no 83% dos concellos se utiliza como mecanismo de identificación e autenticación o nome de usuario e a clave de acceso. A sinatura electrónica soamente se utiliza no 35% dos concellos, aínda que cabe indicar que practicamente a totalidade dos concellos contan con algunha persoa que dispón de sinatura electrónica, xa que algunhas das

115


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

transaccións do sistema Eido Local así o require, como é o caso de envíos de publicacións ao DOG, entre outras. Mecanismos de autenticación nos concellos 100%

% Concellos

78% 75% 50%

35% 23%

25%

8%

1% 0% Usuario e clave

Usuario e clave de servizo de directorio

Sinatura electrónica

Outros

Ningún

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

MECANISMOS DE AUTENTICACIÓN NOS CONCELLOS 5.000-10.000

10.000-50.000

Usuario e clave

78%

TODOS

76%

<5000 HAB.

80%

85%

83%

>50.000

Usuario e clave de servizo de directorio

23%

16%

27%

36%

83%

Sinatura electrónica

35%

40%

38%

15%

17%

Outros

1%

2%

0%

0%

0%

Ningún

8%

9%

7%

3%

0%

Figura 41. Mecanismos de autenticación nos concellos

En relación coa sinatura electrónica, apréciase un gran descoñecemento nos concellos desta temática, o que xera un rexeitamento á súa utilización por non saber exactamente en que consiste a súa utilización. Este tipo de sistemas de certificación da identidade achegan un valor engadido fronte a un nome de usuario e un contrasinal como se vén utilizando na actualidade. A identidade dixital é un feito de relevante importancia para garantir os principios de integridade, non-repudio, identificación, confidencialidade e estandarización da autenticación, na prestación de servizos de administración electrónica. Destacan tamén os concellos que nas súas aplicacións utilicen o certificado dixital; nestes casos sería necesario habilitar a delegación da dita sinatura, xa que en caso contrario se xera unha dependencia do alcalde que fai inviable poder utilizar estas aplicacións ou levaría a ceder a sinatura.

116


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

4.2.10 Xestión das actividades informáticas nos concellos A informática e as comunicacións son un aspecto clave para calquera organización na actualidade, que afecta cada día un maior número de procesos e perfís profesionais en calquera tipo de organización. O día a día de calquera concello está en boa medida condicionado pola calidade dos seus sistemas informáticos e de xestión. Tamén a calidade dos servizos que o concello lles presta aos seus cidadáns depende de forma directa destes sistemas, xa que deles dependen factores clave, como son o servizo directo aos usuarios, a inmediatez nas respostas a demandas solicitadas, a axilidade na tramitación, a información que se presenta nas web oficiais ou o nivel de participación que se lles outorga aos cidadáns. En moitas ocasións, os procesos relativos á informática e os sistemas de información non están debidamente estruturados, dando lugar a indefinicións que dificultan enormemente a xestión deste importante aspecto. Trátase dun compoñente “transversal” a toda a organización, que inclúe tanto aspectos informáticos como aspectos organizativos, que debería ter unha supervisión directa por parte do primeiro nivel de calquera organización. Poderíanse distinguir catro grandes procesos que implican a totalidade e niveis nunha organización; Dirección e principais decisións sobre os sistemas; Trátase dun factor que poderiamos considerar de primeira orde en calquera concello. Referímonos á toma de decisións, tales como: ◗ Tipo de servizos que se lles queren proporcionar aos cidadáns, relacionados con estas novas tecnoloxías; alcance dos servizos prestados a través da web, servizos de telecentro, etc. ◗ Selección dos produtos e dos provedores para implantar os sistemas tanto de carácter interno como os que se refiren aos servizos aos cidadáns. ◗ Establecemento de obxectivos en materia de formación, xa que os sistemas afectan cada día un maior número de persoas e o seu desempeño depende non só da calidade dos sistemas senón tamén dos coñecementos e destrezas das persoas que os manexan.

117


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Definición das políticas de seguridade relativas aos sistemas. ◗ Definición de todos os aspectos organizativos relativos aos sistemas e servizos de administración electrónica; papel dos provedores, papel do persoal propio e do posible departamento de sistemas informáticos (caso de existir), organización para manter os contidos na web oficial, etc. De acordo con todo o anterior, debería existir un plan de traballo co seu debido seguimento periódico, que estará apoiado polos correspondentes orzamentos que se asignarán aos sistemas informáticos, telecomunicacións e servizos de administración electrónica. Aínda que todo o anterior está directamente relacionado con estas novas tecnoloxías, trátase de aspectos dificilmente delegables, dado o seu nivel de importancia e o seu carácter global. Por outra parte trátase de decisións que adoitan ser complexas por combinaren aspectos técnicos e organizativos, ao tempo que acostuman existir factores limitativos vinculados aos sistemas existentes. Esta dificultade comporta unha necesidade de información que se traduce con frecuencia na existencia dun “comité de sistemas” que periodicamente se reúne para a toma de decisións nesta área. É por tanto un grave risco considerar que todo o relativo ás tecnoloxías e sistemas de información e comunicacións é un aspecto meramente “técnico”. Neste sentido sería moi importante sensibilizar, informar e formar os cargos electos dos concellos para que estes poidan liderar adecuadamente esta importante cuestión, da cal depende en boa medida o adecuado funcionamento do concello e que repercute dunha forma directa na calidade do servizo aos cidadáns. Implantación dos sistemas ou execución dos proxectos Unha vez que un concello se fixou uns obxectivos no que se refire aos sistemas que se queren implantar, cómpre que se impliquen as persoas adecuadas de cada unha das áreas funcionais, ás cales estes sistemas se refiran. Como en calquera outro proxecto, é importante identificar claramente os obxectivos que se queren alcanzar, establecer un plan de traballo con fitos claros e sobre todo asignar unha persoa como responsable para o seguimento.

118


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Utilización dos sistemas Ao estar implicada a maior parte do persoal na utilización dos sistemas, é moi importante considerar a área relativa ás novas tecnoloxías da información como unha área básica no que se refire a formación continua. Unha boa formación non só contribúe a sacar un maior proveito aos sistemas existentes, senón que redunda nunha maior axilidade e seguridade no manexo, aspecto que é fundamental para axilizar os servizos, tanto os que se prestan de cara ao cidadán como os referidos a procesos internos que se realicen no concello. Xestión da infraestrutura tecnolóxica Trátase dunha actividade eminentemente “técnica”, orientada a manter e actualizar as infraestruturas hardware e software en que se basean todos os sistemas implantados. Nesta actividade encontramos diversas situacións segundo sexa a dimensión do concello; a maior parte dos concellos non contan con persoal especializado en TIC para o desenvolvemento desta función con dedicación exclusiva. Os concellos de menor dimensión adoitan apoiarse en maior medida nos seus provedores informáticos habituais, así como no soporte que poidan recibir por parte doutras administracións, fundamentalmente da deputación provincial. En moitas ocasións, nos concellos de menor dimensión existe unha persoa que asume esta interlocución cos provedores e que se converte en certo modo no “responsable técnico interno”, compatibilizando esta tarefa co seu cometido oficial. Nos concellos de maior dimensión, os sistemas son máis complexos e afectan un maior número de usuarios, o que leva á existencia de persoas dentro da organización que se encarguen das tarefas de administración da rede, acceso á internet, resolución de incidencias na operativa habitual do sistema e relación cos provedores. Os aspectos anteriores quedan recollidos na seguinte figura, onde se pode apreciar a existencia de varias situacións; ◗ O persoal técnico-informático está presente nun 25% dos concellos, pero debe apreciarse a gran diferenza entre os concellos de reducida dimensión (menos de 5.000 habitantes), cun 12%, fronte aos concellos de maior dimensión (>50.000 habitantes), nos cales a porcentaxe é do 100%.

119


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS ◗ Obsérvase a existencia de persoal non informático, que asume esta responsabilidade, nun 29% dos concellos, fundamentalmente nos de menor dimensión, nos cales existe esta figura nun 33% dos casos. Un 9% dos concellos recoñecen que hai persoal doutros organismos públicos que se responsabilizan desta xestión. Trátase en todo caso dun aspecto que se debería matizar en maior medida, xa que a totalidade dos concellos reciben en maior ou menor medida soporte doutras administracións en determinadas cuestións en que exista colaboración; sistemas concretos no nivel de software, redes de comunicacións, etc. O 32% dos concellos afirman que esta responsabilidade técnica recae directamente sobre provedores informáticos, mentres que un 24% afirma que esta responsabilidade non está definida en absoluto, especialmente nos concellos de menor dimensión, en que esta circunstancia se produce no 31% dos concellos. Responsabilidade da xestión técnica informática nos concellos

% Concellos

100% 75% 50%

32%

29%

25% 25%

24%

9%

0% Persoal técnico Outro persoal non informático do concello informático do concello

Persoal doutro organismo público

Persoal dunha empresa externa

Non hai un responsable

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

RESPONSABILIDADE DA XESTIÓN TÉCNICA INFORMÁTICA NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000

10.000-50.000

>50.000

Persoal técnico informático do concello

25%

12%

33%

61%

100%

Outro persoal non informático do concello

29%

33%

33%

9%

0%

Persoal doutro organismo público

9%

6%

24%

3%

0%

Persoal dunha empresa externa

32%

32%

36%

30%

0%

Non hai un responsable

24%

31%

13%

9%

0%

Figura 42. Responsable da xestión técnica informática nos concellos

120


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Non obstante, no que se refire á xestión económica, a situación é claramente diferente á descrita en relación coa xestión técnica. Polo xeral o responsable desta xestión é o propio alcalde, en especial nos concellos de menor dimensión, seguido dos secretarios e interventores ou dalgunha outra persoa non técnica que se responsabilice do tema. Nos concellos de maior dimensión a distribución destas responsabilidades é ben diferente, sendo habitual que esta función recaia sobre o responsable técnico ou sobre un concelleiro a quen se asigna esta función. Responsabilidade da xestión económica en materia informática nos concellos 100%

% Concellos

75% 50%

38% 28%

26% 25%

11%

17% 2%

0% Alcalde

Secretario ou interventor

Un concelleiro asignado

Responsable técnico informático

Outra persoa interna non informática

Outra persoa interna informática

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

RESPONSABILIDADE DA XESTIÓN ECONÓMICA EN MATERIA INFORMÁTICA NOS CONCELLOS

TODOS

<5000 HAB.

Alcalde

38%

44%

Secretario ou interventor

26%

Un concelleiro asignado

11%

Responsable técnico informático

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

40%

15%

0%

33%

18%

12%

0%

4%

13%

33%

33%

17%

8%

16%

52%

67%

Outra persoa interna non informática

28%

28%

38%

18%

0%

Outra persoa interna informática

2%

1%

4%

0%

0%

Figura 43. Responsable da xestión económica en materia informática nos concellos

No que se refire á colaboración en materia informática con outras administracións, na seguinte figura preséntase a situación actual.

121


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Soporte informático aos concellos

% Concellos

100% 75% 52%

47%

50%

34%

25% 4% 0% Administración central

Xunta de Galicia

Persoal do propio concello

Deputacións

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

SOPORTE INFORMÁTICO AOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

Administración central

4%

4%

5.000-10.000 10.000-50.000 4%

3%

>50.000 0%

Xunta de Galicia

52%

62%

42%

30%

17%

Deputacións

47%

44%

64%

42%

0%

Persoal do propio concello

34%

26%

36%

55%

100%

Figura 44. Entidades que prestan soporte informático aos concellos

A maior parte do soporte informático que se lles presta aos concellos provén da Xunta de Galicia e das deputacións, sobre todo nos concellos de menor dimensión. Nos concellos máis grandes apréciase que existe unha maior autonomía aínda que existe unha relación coa Xunta de Galicia froito de convenios asinados en relación a materias como telecomunicacións (acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia) ou acceso a sistemas de interoperatividade coa Xunta de Galicia como é o caso de Eido Local. Un dos aspectos máis importantes en que os concellos reciben soporte doutras administracións é no referente ao servizo de correo electrónico. Na seguinte figura analízanse os provedores do servizo actual de correo electrónico nos concellos.

122


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Obsérvase que existe unha gran diferenza entre a situación dos concellos de menor dimensión e os concellos máis grandes. Nos concellos de menor dimensión, o correo electrónico proporciónano principalmente a Xunta de Galicia, a deputación e outros provedores xestionados directamente polo concello nesta orde. Non obstante, nos concellos de maior dimensión, a situación é claramente diferente. O correo electrónico xestiónao o propio concello, en ocasións cos seus propios servidores de correo, ou ben é un servizo que prestan provedores externos.

Provedor dos servizos de correo electrónico nos concellos

% Concellos

100% 75% 47%

50%

35%

33%

30% 25% 0% O propio concello

A deputación

A Xunta

Outro axente

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

PROVEDOR DOS SERVIZOS DE CORREO ELECTRÓNICO NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

O propio concello

30%

23%

33%

49%

83%

A deputación

33%

28%

53%

30%

0%

A Xunta

47%

59%

36%

15%

0%

Outro axente

35%

33%

36%

42%

17%

Figura 45. Provedor dos servizos de correo electrónico nos concellos

Neste punto púxose de manifesto que son diversas as áreas en que os concellos reciben soporte nestes momentos, e este soporte pódese recibir desde o propio concello ou desde outras entidades. No que se refire ao medio que os concellos prefiren para recibir este

123


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

soporte, na seguinte figura móstranse os resultados obtidos, apreciándose que o medio máis valorado é o soporte telefónico, por riba dos medios electrónicos como son o correo electrónico ou o soporte a través de web.

Medios de contacto preferidos polos concellos para o soporte informático 100%

% Concellos

83% 75% 50% 33% 17%

25%

5%

3%

Outros

Fax

0% Teléfono

Correo electrónico

Web

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

MEDIOS DE CONTACTO PREFERIDOS POLOS CONCELLOS PARA O SOPORTE INFORMÁTICO TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

Teléfono

83%

87%

82%

70%

50%

Correo electrónico

33%

28%

49%

39%

17%

Web

17%

13%

24%

21%

17%

Outros

5%

3%

7%

6%

33%

Fax

3%

2%

4%

3%

0%

Figura 46. Medios de contacto preferidos para o soporte informático nos concellos

Un dos aspectos que destácase como un posible aspecto a mellorar é a existencia dun interlocutor único no que se refire ao soporte informático prestado desde outras administracións. En particular, a relación coa Xunta de Galicia en materia de tramitación e aplicacións depende de varias consellerías, o que en moitos casos complica o soporte, ao ter distintos interlocutores en función da aplicación de que se trate. Na seguinte figura preséntase o resultado á pregunta formulada sobre o interese en que o soporte aos concellos se preste de forma centralizada.

124


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Valoración da existencia dun interlocutor de soporte único 100%

% Concellos

100%

85%

86%

84%

82%

Todos

<5000 hab.

5.000-10.000

10.000-50.000

75% 50% 25% 0% >50.000

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

VALORACIÓN DA EXISTENCIA DUN INTERLOCUTOR DE SOPORTE ÚNICO Valoran o interlocutor único

TODOS

<5000 HAB.

85%

86%

5.000-10.000 10.000-50.000 84%

82%

>50.000 100%

Figura 47. Valoración da existencia dun interlocutor único en materia de TIC cos concellos

Segundo se pode observar nos resultados da enquisa, pódese afirmar que a maioría dos concellos consideran conveniente a prestación do soporte relacionado coas TIC de modo centralizado a través dun centro de soporte único. 4.2.10.1 Os provedores TIC dos concellos Como xa se comentou, o papel dos provedores TIC é clave en todos os concellos, chegando a estar moi integrados no día a día no caso dos concellos de menor dimensión. Neste traballo tratouse de recoller información que permita caracterizar esta relación cos provedores TIC. Unha das cuestións formuladas aos concellos refírese á procedencia dos principais provedores actuais. Na seguinte figura apréciase como a maior parte dos provedores de hardware son provedores locais, fronte aos provedores de software nos cales xa aparece unha distribución máis equilibrada entre Galicia e o resto de España.

125


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Procedencia dos provedores TIC nos concellos

100%

Hardware Software Desenvolvemento Web Telecomunicacións

93%

% Concellos

79% 70%

75%

54% 50% 29%

26% 25% 9%

4%

1% 0% 0% 0%

2% 2% 1% 0%

Resto de Europa

Resto do mundo

0% Galicia

Resto de España

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

PROCEDENCIA DOS PROVEDORES TIC NOS CONCELLOS HARDWARE

SOFTWARE

DESENVOLV. WEB

TELECOMUNICACIÓNS

Galicia

93%

79%

70%

54%

Resto de España

9%

26%

4%

29%

Resto de Europa

1%

0%

0%

0%

Resto do mundo

2%

2%

1%

0%

Figura 48. Procedencia dos provedores TIC nos concellos

Así mesmo, ponse de manifesto que existe un nivel medio-baixo de sastifacción cos actuais provedores TIC do concello, cunha valoración media lixeiramente superior no caso do hardware e do software de xestión, con relación aos provedores de desenvolvemento de páxinas web ou os provedores de telecomunicacións.

126


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Nivel de satisfacción cos provedores TIC Nivel (0-moi baixo / 10-moi alto)

10,0 6,9

7,5

6,5 5,1

4,6

5,0 2,5 0,0 Hardware / equipos

Software de xestión

Desenvolvemento web

Telecomunicacións

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

NIVEL DE SATISFACCIÓN COS PROVEDORES TIC (0 MOI BAIXO - 10 MOI ALTO) TODOS

<5000 HAB. 5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

Hardware / equipos

6,9

6,8

6,9

7,5

7,0

Software de xestión

6,5

6,5

6,3

6,6

6,5

Desenvolvemento web

4,6

3,8

5,8

5,9

6,8

Telecomunicacións

5,1

4,5

5,6

6,4

7,0

Figura 49. Nivel de satisfacción cos provedores TIC

4.2.10.2 Áreas prioritarias de formación aos usuarios Neste punto comentouse a importancia que ten a formación, derivada do nivel de introdución que están adquirindo as tecnoloxías da información e as comunicacións en todo tipo de organizacións e en particular dos concellos. Efectivamente, trátase dun aspecto que os propios concellos valoran como unha das principais prioridades nestes momentos. Formuláronse dúas cuestións aos concellos; por unha parte analízanse as áreas de formación actuais e por outra analízanse as necesidades ou prioridades desde o punto de vista dos propios concellos. Nas seguintes figuras pódese observar como a área de seguridade é unha área que apenas recibiu atención en materia formativa e non obstante é a principal demanda actual dos concellos.

127


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Áreas de formación recibida polos concellos

% Concellos

100% 75%

58%

50% 28% 25%

12%

6%

0% Formación / sensibilización seguridade informática

Formación informática

Formación informática en liña pola internet

Formación en xestión da calidade

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

AREAS DE FORMACIÓN RECIBIDA POLOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000 10.000-50.000

Formación / sensibilización seguridade informática

12%

11%

7%

15%

50%

Formación informática

58%

53%

73%

58%

83%

Formación informática en liña pola internet

28%

23%

47%

30%

17%

Formación en xestión da calidade

6%

3%

18%

3%

17%

Figura 50. Areas da formación recibida polos concellos

128

>50.000


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Áreas de interese en materia de formación dos concellos

% Concellos

100%

84%

75%

59%

59%

65% 47%

50% 25% 0% Seguridade informática

Lexislación informática (LOPD, LSSI, etc.)

Ofimática

Formación informática en liña pola internet

Xestión da calidade

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

ÁREAS DE INTERESE EN MATERIA DE FORMACIÓN DOS CONCELLOS 5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

Seguridade informática

84%

TODOS

79%

<5000 HAB.

89%

97%

83%

Lexislación informática (LOPD, LSSI, etc.)

59%

49%

67%

88%

83%

Ofimática

59%

54%

71%

70%

17%

Formación informática en liña pola internet

65%

62%

69%

70%

67%

Xestión da calidade

47%

43%

49%

58%

67%

Figura 51. Áreas de interese en materia de formación dos concellos

Pouco máis da metade dos concellos afirman estar realizando formación en materia informática, o que supón un aspecto que claramente se debería potenciar. Por outra parte a teleformación en materia informática (titoriais, cursos en liña) está sendo utilizada por un 28% dos concellos, sendo de interese para un 65% do total de concellos. Na área de xestión da calidade ocorre algo similar ao caso da seguridade informática. Trátase dunha área en que apenas se recibiu formación ningunha e non obstante os concellos consideran que se trata dunha área importante, tendo en conta que case a metade dos concellos o consideran prioritario. É importante destacar que a implantación de solucións de administración electrónica non é unha cuestión simplemente informática. Os aspectos relativos á organización e aos procedementos son fundamentais, e neste sentido

129


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

os concellos aprecian que, ademais de necesidade formativa en temas informáticos, deberían potenciar os aspectos relacionados coa organización e a calidade. 4.2.10.3 Freos para a implantación de solucións de administración electrónica A continuación preséntanse os principais freos á implantación de cambios, segundo a valoración achegada polos concellos. Obsérvanse importantes diferenzas en función da dimensión do concello. Así, nos concellos de menor dimensión as principais limitacións ao cambio encóntranse en aspectos como os custos, a falta de equipamentos ou a falta de cualificación, en definitiva, limitación nos recursos e por tanto necesidade de apoio nesta materia. Non obstante, nos concellos máis grandes, que xa levaron a cabo proxectos nesta materia, obsérvase que as limitacións son de natureza ben diferente. Destacan igualmente os custos de reorganización, pero tamén se sinalan outros aspectos como a falta de demanda pola cidadanía, a dispersión de competencias sobre e-Administración e as necesidades de adaptarse ás exixencias legais.

130


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

FREOS Á IMPLANTACIÓN DOS CAMBIOS NOS CONCELLOS TODOS

<5000 HAB.

5.000-10.000 10.000-50.000

>50.000

Altos custos da reorganización necesaria

61%

60%

58%

64%

83%

Falta ou obsolescencia de equipamentos

52%

54%

53%

46%

33%

Falta de información en formato dixital

44%

46%

42%

39%

33%

Falta de cualificación en materia de TIC

38%

36%

49%

39%

17%

Pouca cualificación en TIC plos cidadáns

37%

35%

44%

36%

17%

Ausencia de demanda por parte da cidadanía

36%

38%

27%

39%

50%

Falta de confianza nos medios electrónicos

33%

30%

47%

30%

33%

Falta de implicación do persoal

27%

18%

29%

61%

33%

Falta de estandarización de formatos electrónicos

24%

21%

31%

27%

17%

Dispersión de competencias da Admón. electrónica

22%

18%

24%

30%

50%

Necesidade de reaxustar regulamento e lexislación

18%

14%

13%

36%

50%

Falta de interese vontade política

17%

12%

18%

36%

17%

Fonte: OCEG Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia. Enquisa aos concellos. Xullo 2006. Base: Todos os concellos

Táboa 7. Freos á implantación de cambios nos concellos

En materia de reorganización, se considera que os concellos necesitarían implantar sistemas de calidade e mesmo nalgúns casos sería importante para eles contar cunha persoa encargada da coordinación ou organización do concello (técnico de calidade), xa que tendo ben organizados o persoal e as súas funcións e procedementos internos, se poderían optimizar os recursos e simplificar e axilizar o traballo do concello. De acordo coa situación actual, considérase que é prioritario levar a cabo o estudo, identificación e análise de todos os procedementos básicos existentes na Administración

131


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

local (manual de procedementos da Administración local). En case todos os concellos se repiten sobre 30 – 40 procedementos que poden chegar a supor o 80 - 90% das xestións que o concello realiza. Suxiren os propios concellos a creación na Xunta de Galicia dun departamento ou equipo de calidade da Administración local que se desprazase ao concello e os asesorase e guiase na realización desta tarefa. Igualmente e en liña co anterior, tamén se considera que achegaría un gran valor contar cun programa informático estándar para a xestión dos procedementos da Administración local, común para todos os concellos, sempre que o programa permita unha certa flexibilidade e autonomía no mantemento, é dicir, que cada concello poida configuralo e adaptalo á súa situación particular, axustándose á lexislación e que o poida manter posteriormente de forma independente. Así mesmo, sería importante crear un lugar de encontro permanente na internet para o intercambio de información entre eles, que facilite o acceso a bases de datos para consultar dúbidas sobre normas de actuación, lexislación, seguridade, licenzas, información en xeral sobre telecomunicacións e informática e mesmo un repositorio de posibles aplicacións de utilidade para a descarga por parte dos concellos (antivirus, ofimática, xestión documental, etc.), orientado todo isto á Administración local. Outro aspecto valorado polos concellos en materia de información é o relativo ao seguimento das axudas que se publican e que puidesen ser do seu interese. Suxírese a posta en marcha de ferramentas como boletíns ou envíos de sms, así como un apoio á hora de preparar a documentación necesaria. Isto é especialmente importante no caso das axudas europeas, consideradas en xeral complicadas por parte dos concellos. Parte da limitación referida á falta de recursos por parte do concello deriva da insuficiencia na dotación de orzamento en materia de sistemas para a implantación de solucións de administración electrónica. Convén facer unha mención especial ao factor referente á falta de demanda por parte da cidadanía sobre este tipo de servizos. Avanzar na implantación da administración electrónica require esforzos para pór en marcha os sistemas, pero tamén supón investir en accións de divulgación, sensibilización e mesmo formación para lles dar a coñecer eses servizos aos cidadáns e potenciar a súa utilización.

132


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

De nada serve investir en servizos de administración electrónica se ao final eses servizos non son suficientemente coñecidos polos seus usuarios. Por iso é importante identificar todas as accións que poidan impulsar a demanda destes servizos, e sobre todo facilitar o acceso aos servizos coa perspectiva do cidadán, orientando os portais de servizos públicos cara a portais do cidadán, nos cales o acceso aos servizos estean estruturados en función dos tipos de usuario e das súas necesidades, máis que da estrutura funcional do organismo que presta estes servizos.

133



RESUMO E CONCLUSIÓNS

05


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

O desenvolvemento da administración electrónica converteuse nunha das prioridades políticas, xa que permite mellorar o servizo e a relación das administracións cos cidadáns e as empresas, e ao mesmo tempo representa un incentivo para aumentar o número de persoas que acceden aos servizos da sociedade da información. Dotar as administracións locais das ferramentas tecnolóxicas adecuadas é unha condición necesaria pero non é suficiente para completar o proceso de transformación que se require. O cambio a nivel tecnolóxico debe estar acompañado por un redeseño dos procesos administrativos e a correspondente adaptación das competencias do persoal.

REDESEÑO DE PROCESOS

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS

COMPETENCIAS PERSOAL

Figura 52. O desenvolvemento da Administración electrónica: factores clave

Todos os cidadáns son potenciais usuarios da e-Administración na medida en que todos se ven beneficiados directa ou indirectamente desta. A Administración pública ten a obriga de atender os cidadáns e as empresas ofrecendo os servizos que estes demandan na forma máis axeitada e accesible. En todo este proceso de mellora dos servizos públicos é clave o papel que xogan as administracións locais pola súa proximidade ao cidadán. Ademais do interese que os contidos e servizos ofrecidos poden ter para os cidadáns e as empresas galegas a todos os niveis (social, cultural, económico, emprego, etc.), é importante destacar o importante papel que os portais web dos concellos xogan en aspectos como a difusión e a promoción do patrimonio cultural ou do turismo dentro e fóra da propia rexión.

136


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Ademais de potenciar a oferta dos propios contidos e servizos da e-Administración, o impulso da demanda e utilización destes servizos pasa por facilitar o acceso público a todos os cidadáns, tanto aos que xa son usuarios habituais da internet como aos que aínda non o son. Contar con estes espazos públicos engade unha nova canle de acceso a estes servizos, de grande importancia para o seu desenvolvemento. Neste sentido, resulta clave a coordinación entre a Administración autonómica e local e o fluxo de información e coñecemento para o aproveitamento das experiencias, sistemas e as iniciativas existentes.

5.1

Resumo da situación actual

5.1.1 Análise do contorno Marco legal Nestes últimos anos o contorno legal e normativo veuse adaptando ás novas exixencias derivadas dos avances tecnolóxicos e do desenvolvemento da sociedade da información. A normativa actual (LOPD, LSSI ou a Lei de sinatura electrónica) e a nova Lei de acceso electrónico dos cidadáns á Administración constitúen as principais referencias neste sentido. Convén destacar de forma especial a importancia que esta última lei, coñecida tamén como Lei de administración electrónica, pode ter de cara a potenciar o acceso dos cidadáns aos servizos públicos a través da internet, asegurando a validez xurídica das transaccións coa Administración, e garantindo ao mesmo tempo a calidade, seguridade e confidencialidade destas transaccións. Esta normativa constitúe quizais o elemento tractor máis importante para avanzar cara a uns servizos de calidade baseados nas novas tecnoloxías. Por iso, a adaptación das administracións, empresas e cidadáns a esta nova normativa convértese nun dos factores clave sobre os cales se deberá incidir nos próximos anos. Dar a coñecer os dereitos e obrigas derivados desta nova normativa e dar apoio ao seu cumprimento será un dos factores clave para a implantación de servizos de administración electrónica.

137


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Marco social: o desenvolvemento da sociedade da información Para facer chegar á sociedade os beneficios que ofrecen os servizos da administración electrónica é necesario incidir tanto na oferta como na demanda dos servizos. De nada serve contar con bos servizos se estes non son coñecidos pola sociedade ou se non se facilita o acceso a estes servizos. Avanzar na implantación da administración electrónica require esforzos para pór en marcha os sistemas, pero tamén supón investir en accións de divulgación, sensibilización e mesmo formación para lles dar a coñecer eses servizos aos cidadáns e potenciar a súa utilización. É importante identificar todas as accións que poidan impulsar a demanda destes servizos, e sobre todo facilitar o acceso aos servizos coa perspectiva do cidadán, orientando os portais de servizos públicos cara a portais do cidadán, nos cales o acceso aos servizos estean estruturados en función dos tipos de usuario e as súas necesidades, máis que da estrutura funcional do organismo que presta estes servizos. O ámbito en que Galicia mostra un maior atraso no que se refire ao desenvolvemento da sociedade da información é o referido ao uso das novas tecnoloxías da información e das comunicacións por parte dos cidadáns. Destaca igualmente o diferencial existente con respecto a Europa no número de fogares conectados á internet ou a dispoñibilidade da banda larga nos fogares. O 41,9 % dos cidadáns galegos de 16 a 74 anos son usuarios da internet. Trátase dunha ratio que se debería incrementar de forma importante para converxer a nivel nacional e europeo, xa que estamos máis de 10 puntos por detrás do valor da media europea. Este incremento débese basear en medidas que incentiven a demanda, que poden incluír aspectos como a divulgación dos servizos dispoñibles, a mellora o acceso á banda larga desde el fogar o a dispoñibilidade de centros de acceso público á internet. No que respecta a administración electrónica, algo máis da metade dos usuarios de internet en Galicia, o 54%, acceden aos servizos básicos da e-Administración (consulta de información) o que supón en termos absolutos un 23% da poboación, unha ratio similar ao da media nacional e europea.

138


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Convén non obstante indicar que en Galicia tan só un 5,9% dos galegos tramitan electronicamente, valor que está bastante por debaixo do que acadan outras comunidades (por exemplo, Madrid conta cun 10,1%), da media nacional (7%) e da media europea (9%). A nivel empresarial as diferenzas son menores, con excepción dos usos avanzados de servizos como o comercio electrónico ou a presenza na web das empresas e, en especial, das micro-empresas. A potenciación da administración electrónica nos concellos pode ser un elemento clave non só para achegar a Administración aos usuarios e mellorar os servizos ofrecidos, senón para fomentar o uso das novas tecnoloxías por parte dos cidadáns e contribuír deste modo á converxencia nos principais indicadores da sociedade da información con respecto a Europa. Marco político: os programas de desenvolvemento da administración electrónica Europa fixou, entre as súas prioridades, o desenvolvemento da sociedade da información, establecendo actuacións concretas nos distintos ámbitos e, en particular, na área de administración electrónica. Esta estratexia, encadrada na iniciativa i2010, deu lugar a diversos programas de actuación a nivel nacional nos últimos anos, que tiveron o seu reflexo na nosa comunidade autónoma. Entre estes programas cabe destacar o Programa PISTA, o Plan Moderniza, o Plan Avanza ou o Programa de Cidades Dixitais, ao cal se adheriron algúns dos concellos da nosa comunidade autónoma. As iniciativas e o marco de actuación xa están definidas; é necesario unir esforzos e deseñar proxectos dentro deste marco, que respondan ás necesidades actuais e futuras para o desenvolvemento da administración electrónica nos concellos de Galicia. Este informe pretende servir como base para levar a cabo este deseño. Marco tecnolóxico Destácanse a seguir as principais tendencias tecnolóxicas que facilitan o desenvolvemento da sociedade da información e, pola súa vez, da administración electrónica. A converxencia tecnolóxica experimentada no campo das TIC é un dos fenómenos que maior incidencia tivo no cambio a todos os niveis nestes últimos anos. Referímonos á converxencia das tecnoloxías da información coas comunicacións e os medios audio-

139


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

visuais. Esta converxencia, propiciada a nivel técnico polo fenómeno da dixitalización, propiciou o desenvolvemento do que hoxe se coñece como o “hiper sector das TIC”. Trátase dun sector que ademais de representar un importante peso sobre o PIB nacional (arredor do 6% en España), ten unha enorme importancia como facilitador dos cambios e innovacións tanto no sector privado como no público, e pola súa repercusión na forma de vida dos cidadáns. Os avances deste sector reflíctense día a día na sociedade, téndose xeneralizado o uso de tecnoloxías como son os teléfonos móbiles, PDA e ordenadores persoais que permiten o acceso á internet. Así mesmo, as TIC aparecen xa incorporadas nos bens de consumo habituais como poden ser os electrodomésticos ou os automóbiles. A dispoñibilidade dos terminais de acceso, engadida ao desenvolvemento das redes de banda larga e das redes sen fíos, son factores que contribúen de forma decisiva a que se poidan ofrecer aplicacións de administración electrónica de suficiente calidade, accesibles para os cidadáns. Convén non obstante indicar que en Galicia temos un diferencial de 14 puntos porcentuais con respecto a Europa na conexión á banda larga desde o fogar e de 24 puntos porcentuais no que se refire a fogares conectados á internet. O diferencial redúcese a 14 puntos no que se refire á porcentaxe de cidadáns que utilizan a internet. Estes diferenciais afectan fundamentalmente as zonas rurais, que na nosa comunidade teñen unha maior incidencia que noutras rexións. A posibilidade de impulsar a sociedade da información e de desenvolver a administración electrónica en Galicia pasa polo impulso de accesos á banda larga en todo o territorio, e especialmente nas zonas rurais, e por dedicar especial atención ás zonas con desvantaxes xeográficas e naturais permanentes. Dispoñibilidade de terminais, banda larga e mobilidade son factores claves no desenvolvemento da administración electrónica e débense considerar nestes momentos como un factor de oportunidade. As liñas de móbil xa superaron as do servizo fixo en España; esta tendencia apunta a este tipo de terminais como unha das canles para o acceso a moitos dos servizos da administración electrónica.

140


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Por unha parte o fenómeno internet converteuse nun dos motores principais do cambio na sociedade nestes momentos. O seu desenvolvemento propiciou a existencia de aplicacións máis alá do ámbito profesional, incidindo en ámbitos como son a cultura ou o entretemento. A internet converteuse no medio por excelencia para a busca de información e cada vez máis para levar a cabo transaccións comerciais. Tamén se converteu na canle directa para lle ofrecer servizos ao cidadán ou para a súa participación. Outro aspecto que convén tamén destacar é o importante desenvolvemento que experimentou o software libre. O software libre está presente nestes momentos en todos os niveis da Administración: europea, estatal, autonómica e local. Vantaxes como a reutilización ou a libre distribución fixeron que nestes momentos o software libre se convertese nunha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da administración electrónica. RESUMO DA ANÁLISE DO CONTORNO AMEAZAS

OPORTUNIDADES

Atraso nas principais variables de desenvolvemento da sociedade da información con respecto á media europea, sobre todo no que se refire ao ámbito dos cidadáns.

Existencia dun marco legal para regular o desenvolvemento da administración electrónica

Elevada dispersión xeográfica, o que dificulta aspectos como o despregamento das redes de banda larga, que supón nestes momentos unha importante limitación para un 26% dos fogares, un 21% das empresas e un 80% do territorio galego.

A nova Lei de acceso electrónico dos cidadáns á Administración ten unha clara importancia de cara a potenciar o acceso dos cidadáns aos servizos públicos a través da internet, asegurando a validez xurídica das transaccións coa Administración, e garantindo ao mesmo tempo a calidade, seguridade e confidencialidade destas transaccións.

Existencia de programas a nivel europeo e nacional para o desenvolvemento de actuacións relacionadas coa administración electrónica.

O software libre é nestes momentos unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da administración electrónica. Así mesmo, a mobilidade é unha fonte de oportunidades para o desenvolvemento de aplicacións dirixidas ao cidadán.

Táboa 8. Resumo da análise do contorno: ameazas e oportunidades

141


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

5.1.2 Análise interna; situación actual dos concellos Infraestrutura informática e de comunicacións Obsérvase un desenvolvemento desigual nos concellos en función da súa dimensión. Así nos concellos de maior dimensión existe unha estrutura de rede completa, con servidores especializados. En contraste, nos concellos máis pequenos é moito máis limitada a infraestrutura existente. Así mesmo, o concepto de “mobilidade” está aínda pouco desenvolvido nos concellos e tamén é moi limitada a oferta de servizos aos cidadáns dirixidos a dispositivos móbiles como teléfonos ou PDA. Si que está estendido o concepto de mobilidade no que se refire ás redes sen fíos, tanto a nivel interno para o persoal do concello, como nos centros e acceso público á internet, como forma para flexibilizar o acceso das persoas que acoden a estes centros cos seus propios equipamentos. O sistema operativo de rede principal nos concellos é o windows nas súas distintas versións, existindo ademais un número significativo de concellos que está utilizando Linux (software libre) como sistema operativo dos seus ordenadores centrais. No que se refire ás conexións á internet, nestes momentos o 100% dos concellos está conectado á internet. A maior parte contan cun acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia, sendo variable a velocidade de acceso en función do concello. A limitación das redes dos operadores no que se refire á provisión de servizos de banda larga no territorio (só o 20% do territorio dispón de acceso a banda larga) supón unha importante limitación nestes momentos. Aplicacións para a xestión interna existentes nos concellos No que se refire aos navegadores, os dous máis importantes son Explorer e Mozilla, aspecto que se debe ter presente á hora de propor sistemas dirixidos aos concellos. No referente a ofimática, os tres produtos máis implantados son o Microsoft Office, o Lotus Smart Suite e o Open Office.

142


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

No que se refire ao nivel de informatización dos procesos internos nos concellos, cabe sinalar que existen diferenzas en función da dimensión do concello, derivadas dos volumes de información manexados. Así, nun concello de maior dimensión o volume de operacións exixe que a maior parte dos procesos estean soportados por unha aplicación centralizada de xestión na cal residen os datos relativos á dita xestión. Nos concellos de menor dimensión é menor o nivel de informatización, non estando informatizados algúns dos procesos ou con aplicacións menos integradas entre si en comparación coa situación dos concellos de maior dimensión. Pódese indicar con carácter xeral que as aplicacións máis implantadas na totalidade dos concellos son o padrón de habitantes e a contabilidade e nos concellos de maior dimensión tamén a aplicación de rexistro e a de xestión de persoal. A falta de integración entre as aplicacións existentes en moitos casos, dificulta a implantación de solucións que permitan a tramitación por parte dos usuarios. Integrar os sistemas internos é un paso previo necesario para poder ofrecer servizos de administración electrónica. Administración electrónica; o sitio web dos concellos e as aplicacións de interoperatividade con outras administracións O sitio web do concello é a canle de comunicación do concello cos cidadáns e o soporte para o acceso ás aplicacións de administración electrónica ofrecidas polos concellos. Un 56% dos concellos galegos teñen páxina web oficial. O valor difire de forma importante en función da dimensión do concello; así nos concellos de menos de 5.000 habitantes a porcentaxe é de soamente un 43% fronte ao 100% dos concellos de maior dimensión como cabía esperar. En todo caso obsérvase que en concellos de 10.000 a 50.000 habitantes a porcentaxe é dun 81%, o que se pode considerar baixo, xa que se trata de concellos dunha relativa dimensión nos cales a carencia dunha páxina web supón unha limitación importante para aspectos como dar a coñecer o concello, os servizos ou a participación cidadá.

143


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Nos concellos en que hai páxina web residen un 83% do total de habitantes de Galicia, o que implica que hai 493.240 persoas que non poden acceder á páxina web do concello en que residen. Así mesmo, clasificáronse os concellos en catro niveis diferentes no relativo á prestación de servizos públicos a través da internet; ◗ Nivel 1: concellos que contan cunha páxina web, que unicamente ofrece información sobre o concello e os servizos públicos. ◗ Nivel 2: a páxina web permite a interacción do usuario facilitando polo menos a descarga dos formularios necesarios para a solicitude dun determinado servizo. ◗ Nivel 3: neste caso, a web permítelle ao usuario cubrir os formularios. ◗ Nivel 4: cando o usuario pode realizar a xestión completa a través da web, incluíndo a resolución de incidencias e mesmo o pagamento dos servizos prestados. De acordo con esta clasificación, o 69% dos concellos con páxina web encontraríanse no nivel 1, o 37% no nivel 2, o 3% no nivel 3 e un 1% no nivel 4, o que indica que hai un importante camiño por percorrer e os niveis propostos poden servir para establecer os obxectivos de mellora a alcanzar. Coa excepción dos concellos de maior dimensión, non existe interacción entre a páxina web e as aplicacións de xestión interna do concello. Isto dificulta poder pasar dos niveis 1 e 2 mencionados anteriormente aos niveis 3 e 4. Así mesmo, esta falta de conexión entre os sistemas obriga a manter os mesmos datos de forma duplicada. Poder pasar aos niveis 3 ou 4 mencionados, require traballar previamente na mellora da organización interna dos concellos. Na actualidade, a maior parte das web dos concellos ofrecen uns contidos descritivos moi básicos orientados fundamentalmente á presentación do concello desde un punto de vista eminentemente turístico. Apenas se encontran contidos orientados a prestar servizos e información aos cidadáns ou a potenciar a participación cidadá.

144


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Contrasta non obstante esta situación coa dalgunhas web das principais cidades, que inclúen unha gran variedade de contidos e servizos, estando recoñecidas como web municipais de referencia a nivel nacional. Obsérvase que hai un 20% de concellos que ofrecen algún servizo relativo á contratación na web, cunha importante diferenza en función da dimensión do concello; así nos concellos de menor dimensión soamente un 8% dos concellos inclúe as ofertas ou anuncios de contratación na web, fronte ao 71% dos concellos de maior dimensión. Obsérvase que a maior parte dos concellos (un 67%) ofrecen os seus contidos en galego e castelán. Esta porcentaxe elévase ata o 100% nos concellos de maior dimensión. Un 20% dos concellos utiliza soamente o galego e un 10% soamente o castelán. Así mesmo, detectouse a necesidade de incorporar os avisos legais que exixe a LOPD, así como de mellorar na aplicación de estándares de accesibilidade ás páxinas. A maior parte dos contidos das web dos concellos son contidos de carácter público, coa única excepción dos concellos de maior dimensión nos cales nalgúns casos existe a posibilidade de personalización de contidos en función do usuario que accede á web. No que se refire á xestión dos contidos, constatouse que existe unha dificultade “técnica” que lles impide a boa parte dos concellos a xestión dos seus propios contidos, debendo apoiarse en moitos casos en provedores externos para este labor que debera ser cotiá. Esta circunstancia é a que xustifica que moitos dos concellos, fundamentalmente os de menor dimensión, actualicen as súas web con frecuencias mensuais, trimestrais e mesmo anuais, fronte ás frecuencias diarias ou semanais dos concellos de maior dimensión. No que se refire ás aplicacións de interoperatividade con outras administracións, é importante destacar a necesidade de potenciar este aspecto tanto desde o punto de vista funcional como desde o tecnolóxico. É necesario impulsar o desenvolvemento de aplicacións, que potencien a interoperatividade entre os concellos e a Xunta de Galicia, para proporcionar un contorno de portelo único para a tramitación entre ambas as administracións. Este portal debería ofrecer aplicacións, contidos e servizos dirixidos tanto aos cidadáns e empresas, como aos empregados públicos, ofrecéndolles a estes últimos unha intranet

145


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

que facilite o traballo e as operacións entre administracións, para proporcionarlle ao usuario un servizo integrado e unificado. O portal pretende ser a porta de entrada para calquera cidadán ou empresa para o acceso aos recursos e servizos que a administración ofrece nos distintos concellos ofrecendo servizos de valor engadido como a localización da información en mapas temáticos ou o envío de mensaxes a móbiles coa información de contacto relativa a calquera dos concellos. A seguridade e o cumprimento dos requisitos legais No contexto da administración electrónica, xoga un papel clave todo o relativo á seguridade e aos aspectos relacionados co cumprimento da lexislación relativa ás novas tecnoloxías e á sociedade da información, en especial da Lei orgánica de protección de datos. O uso de antivirus encóntrase xeneralizado na maior parte dos concellos, aínda que se pon de manifesto que non todos os concellos realizan adecuadamente a xestión das actualizacións dos produtos antivirus instalados, o que levou a que un 27% dos concellos experimentasen problemas derivados da recepción de virus. A copia de seguridade é outro aspecto no cal se detecta unha importante debilidade. Soamente o 49% dos concellos realizan copias de seguridade diaria dos seus sistemas, o que supón un importante risco, e no que se refire á custodia das copias, soamente un 34% dos concellos conserva as copias nun lugar fisicamente distanciado do concello. Todo o anterior indica que é necesario promover actuacións para mellorar en materia de seguridade, tanto na área de sensibilización e formación, como no soporte que se poida prestar en materia de software e sistemas (antivirus corporativo, soporte centralizado a copias de seguridade, etc.). A sinatura electrónica soamente se utiliza no 35% dos concellos, aínda que cabe indicar que practicamente a totalidade dos concellos contan con algunha persoa que dispón de sinatura electrónica, xa que algunhas das transaccións do sistema “eido local” así o require, como é o caso de envíos de publicacións ao DOG, entre outras. En relación coa

146


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

sinatura electrónica, apréciase un gran descoñecemento nos concellos desta temática, o que xera un rexeitamento á súa utilización. Por outra parte, os concellos consideran prioritarias as actuacións para mellorar os distintos aspectos mencionados en relación coa seguridade. Xestión das actividades informáticas Analizouse este aspecto desde unha dobre vertente: a económica e a técnica. No que se refire á xestión económica cabe destacar a insuficiencia orzamentaria dedicada a este tema, segundo a valoración dos propios concellos. No que se refire á xestión técnica obsérvase que nunha boa parte dos concellos (sobre todo nos de menor dimensión) non está claramente definida a responsabilidade técnica, recaendo en ocasións de forma parcial en usuarios, ou en provedores informáticos. Un dos aspectos que se destacou como un posible aspecto a mellorar foi a existencia dun interlocutor único no que se refire ao soporte informático prestado desde outras administracións. En particular, a relación coa Xunta de Galicia en materia de tramitación e aplicacións depende de varias consellerías, o que en moitos casos complica o soporte, ao ter distintos interlocutores en función da aplicación de que se trate. Así mesmo, ponse de manifesto que existe un nivel medio-baixo de satisfacción cos actuais provedores TIC do concello, cunha valoración media lixeiramente superior no caso do hardware e do software de xestión, con relación aos provedores de desenvolvemento de páxinas web ou aos provedores de telecomunicacións. Formación Pouco máis da metade dos concellos afirman estar realizando formación en materia informática, o que supón un aspecto que claramente se debería potenciar. Por outra parte a teleformación en materia informática (titoriais, cursos en liña) está sendo utilizada por un 28% dos concellos, sendo de interese para un 65% do total de concellos. A área de formación máis demandada polos concellos é a área de seguridade, sendo baixo o nivel formativo nestes momentos.

147


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Na área de xestión da calidade ocorre algo similar ao caso da seguridade informática. Trátase dunha área en que apenas se recibiu formación ningunha e non obstante os concellos consideran que se trata dunha área prioritaria. É importante destacar que a implantación de solucións de administración electrónica non é unha cuestión simplemente informática. Os aspectos relativos á organización e os procedementos son fundamentais e neste sentido os concellos aprecian que ademais de necesidade formativa en temas informáticos, deberían potenciar os aspectos relacionados coa organización e coa calidade. Xestión do cambio organizativo Nos concellos de menor dimensión, as principais limitacións ao cambio encóntranse en aspectos como os custos, a falta de equipamentos ou a falta de cualificación, en definitiva, limitación nos recursos e por tanto necesidade de apoio nesta materia. Non obstante, nos concellos máis grandes, que xa levaron a cabo proxectos nesta materia, obsérvase que as limitacións son de natureza ben diferente. Destacan igualmente os custos de reorganización, pero tamén se sinalan outros aspectos como a falta de demanda pola cidadanía, a dispersión de competencias sobre e-Administración e as necesidades de adaptarse ás exixencias legais. Sinálanse os seguintes aspectos para propiciar o cambio e a introdución de sistemas de administración electrónica: ◗ Análise dos procedementos básicos do concello, a experiencia acumulada polas distintas administracións é fundamental neste proceso de reorganización e mellora dos procedementos administrativos. ◗ Contar cun estándar de xestión interna que se lles poida ofrecer aos concellos e que permita un certo nivel de personalización. ◗ Proporcionar asesoramento aos concellos en materia legal, de seguridade e de informática en xeral. ◗ Apoio na identificación e tramitación de axudas.

148


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

RESUMO DA ANÁLISE INTERNA DEBILIDADES

FORTALEZAS

Limitada infraestrutura informática nos concellos de menor dimensión.

Xeneralización da conexión á internet dos concellos.

Limitado uso de dispositivos móbiles na xestión interna dos concellos (persoal con mobilidade)

Acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia, o que facilita a conexión en banda larga da maior parte dos concellos

A falta de integración entre as aplicacións existentes, dificulta a implantación de solucións que permitan a tramitación electrónica por parte dos usuarios externos

Homoxeneidade de solucións nos sistemas operativos, navegadores e ofimática, o que facilita os plans de actuación.

Falta dun estándar de xestión adaptables aos concellos

Existencia dunha ampla rede de centros públicos de conexión á internet con acceso sen fíos

Baixo nivel de presenza en web dos concellos e insuficiente nivel de tramitación nas web existentes

Alto nivel de informatización interna nos concellos de maior dimensión

Necesidade de mellorar a xestión de contidos nas web dos concellos.

Alta calidade dalgunhas web das principais cidades galegas

Insuficiente asignación no orzamento de informática.

Concienciación da importancia do desenvolvemento de sistemas adecuados e actitude favorable cara ao cambio

Só o 67% das web ofrece as opcións / contidos en galego e castelán Insuficiente nivel en materia de seguridade e aspectos legais; antivirus, copias de seguridade, cumprimento LOPD, sinatura electrónica... Detéctase falta de formación nesta materia Nivel medio-baixo de satisfacción no servizo prestado polos provedores TIC Insuficiente nivel de desenvolvemento en materia de análise de procedementos e calidade. Necesidade de formación na materia

Táboa 9. Resumo interno; fortalezas e debilidades

149


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

5.2

Liñas de actuación

Tomando como elemento de referencia o diagnóstico presentado no punto anterior, identificáronse un conxunto de liñas de actuación para o impulso da implantación da administración electrónica nos concellos, tal como se mostra na figura

Difusión, seguimento e avaliación

Mellora de infraestruturas

Soporte técnico

Liñas de actuación para o impulso da administración electrónica nos concellos

Implantación e xestión do cambio

Aplicacións da administración electrónica

Figura 53. Liñas de actuación para o impulso da administración electrónica nos concellos

5.2.1

Difusión, seguimento e avaliación

De nada serve potenciar a oferta de servizos, se estes non son coñecidos polos cidadáns. Cómpre por tanto dar a coñecer os servizos existentes á sociedade para potenciar a súa demanda. A seguir inclúense as principais liñas de actuación que se propoñen co obxecto de difundir os servizos da administración electrónica entre os cidadáns e as empresas. Así mesmo, propóñense actuacións orientadas ao seguimento e avaliación da oferta, así como á identificación das mellores prácticas na administración local galega.

150


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

PROGRAMA: DIFUSIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN OBXECTIVOS Dar a coñecer a oferta de servizos da administración electrónica á sociedade para potenciar a demanda dos servizos

INDICADORES Usuarios da internet Usuarios que acceden á Administración e nivel de transacción Accións de divulgación realizadas con indicadores de execución e impacto

Difusión de aspectos clave para a implantación de solucións de administración electrónica, con especial fincapé en aspectos como a sinatura electrónica ou os requisitos legais

Accións de divulgación realizadas con indicadores de execución e impacto

Medir o desenvolvemento da administración electrónica nos concellos. Identificar e dar a coñecer as boas prácticas desenvolvidas dentro da administración local galega

Nivel de acceso á web do Observatorio de Calidade e da Administración Electrónica Usuarios do boletín electrónico Número de boas prácticas identificadas

Táboa 10. Programa de difusión, seguimento e avaliación

5.2.2 Mellora de infraestruturas Propóñense liñas de actuación para mellorar as infraestruturas propias dos concellos e sobre todo para incrementar o largo de banda, necesario para o acceso ás aplicacións de administración electrónica ofrecidas polos concellos. PROGRAMA: MELLORA DE INFRAESTRUTURAS OBXECTIVOS

INDICADORES

Mellorar a dotación de equipamento dos concellos e potenciar a mobilidade

Indicadores de infraestruturas e equipamentos nos concellos; ordenadores persoais, portátiles, servidores, etc.

Mellorar o acceso á banda larga nos concellos

% concellos con acceso a banda larga Largo de banda dispoñible por concello

Táboa 11. Programa de mellora de infraestruturas

151


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

5.2.3 Aplicacións de administración electrónica Inclúense a seguir as liñas propostas no que se refire ás aplicacións informáticas nos concellos, tanto ás que afectan os procesos de xestión internos como os servizos web ofrecidos polos concellos e en especial as aplicacións que faciliten a tramitación electrónica.

PROGRAMA: APLICACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA OBXECTIVOS Mellorar as aplicacións de xestión interna, proporcionando unha ferramenta estándar facilmente personalizable para os concellos

INDICADORES Aplicacións implantadas nos concellos Procesos afectados polas implantacións

Estender o uso das TIC a un maior número de procesos internos Impulso dos servizos electrónicos a cidadáns e a empresas

Presenza en web dos concellos Contidos ofrecidos

Incrementar o nivel de sofisticación ou de interacción nas transaccións realizadas por medios telemáticos Mellorar a xestión dos contidos das web dos concellos

Nivel de transacción Idiomas Xestión de contidos

Mellorar a interoperatividade Xunta-concellos

Usuarios do portal de interoperatividade coa Administración local

Potenciar a tramitación electrónica Xunta-concellos Potenciar a identidade dixital dos concellos

Indicadores de uso do portal e as súas distintas opcións, fundamentalmente as de tramitación

Táboa 12. Programa: aplicacións de administración electrónica

152


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

5.2.4 Implantación e xestión do cambio nos concellos Preséntanse a seguir as liñas de actuación referidas á posta en marcha dos programas de cambio necesarios para a posta en marcha da administración electrónica nos concellos galegos, que inclúen os programas de formación e adaptación das competencias profesionais do persoal, como a mellora a nivel organizativo, redeseño de procedementos, mellora dos sistemas de calidade, adaptación ao novo marco legal, así como o apoio para a posta en marcha dos sistemas e solucións informáticas da administración electrónica.

PROGRAMA: IMPLANTACIÓN E XESTIÓN DO CAMBIO NOS CONCELLOS OBXECTIVOS

INDICADORES

Mellora das competencias profesionais:

Accións formativas realizadas

Usuarios dos sistemas

Indicadores de execución e impacto

Persoal técnico dos concellos Formación en calidade e administración electrónica Mellorar a seguridade dos sistemas implantados na Administración local: copias de seguridade, antivirus, etc

Recursos de seguridade

Apoiar o cumprimento dos requisitos legais

Proxectos que recibiron apoio

Problemas de seguridade

Nivel de cumprimento en materia legal Mellorar a organización. Calidade e redeseño de procesos

Número de procesos estandarizados Certificacións de calidade

Prestar apoio á implantación de sistemas nos concellos

Número de proxectos que recibiron apoio Indicadores dos proxectos

Táboa 13. Programa: implantación e xestión do cambio

153


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

5.2.5 Soporte aos concellos Recóllense a seguir unha serie de actuacións previstas para proporcionar un soporte continuado aos concellos en materia de calidade e administración electrónica. PROGRAMA: SOPORTE AOS CONCELLOS OBXECTIVOS

INDICADORES

Asesoramento aos concellos en materia de TIC

Número de demandas

Soporte integrado telefónico a usuarios CAU

Indicadores de tramitación destas demandas (tipoloxía, tempos de resposta, etc.)

Soporte en materia de calidade e administración electrónica Soporte á presentación de axudas

Táboa 14. Programa: soporte aos concellos

154


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

5.3

Consideracións derradeiras

Impulsar a administración electrónica é prioritario para proporcionar uns servizos públicos de maior transparencia, calidade e que fomenten a participación cidadá. A análise realizada puxo de manifesto a existencia de fortalezas e oportunidades que se presentan, pero tamén permitiu identificar debilidades e ameazas que debemos afrontar. Os resultados obtidos evidencian importantes diferenzas entre os concellos máis pequenos e os concellos de maior dimensión. Os concellos de menor dimensión, que por outra parte son os máis numerosos, son os que maior apoio requirirán no proceso de modernización dos servizos. O estudo identificou necesidades en áreas como a seguridade e a adaptación ao marco legal, a extensión do acceso dos concellos á banda larga, a mellora dos sistemas de tramitación electrónica ou a mellora da interoperatividade entre a Xunta de Galicia e os concellos. De acordo con estas necesidades definíronse un conxunto de liñas de actuación que abranguen a difusión, dotación de infraestruturas, mellora das aplicacións e soporte aos concellos para a realización de todos os cambios necesarios. A implantación de tecnoloxías da información e as comunicacións acompañados dos cambios organizativos e de competencias profesionais nos concellos constitúen os elementos clave no proceso de modernización da Administración local. Por iso, as actuacións en sistemas e tecnoloxías que se poñan en marcha, deberán complementarse con actuacións en materia de calidade e organización para que se produza un verdadeiro cambio na orientación dos servizos públicos. Por outra parte, o marco legal será, o mesmo que as tecnoloxías, un facilitador e mesmo un elemento de tracción importante no proceso de cambio cara a este novo modelo de administración. Con estas iniciativas, preténdese dar un salto cualitativo nos modelos de xestión da Administración local, aplicando as novas tecnoloxías da información e as comunicacións, aspecto que é unha prioridade de primeira orde nestes momentos para a mellora da calidade do servizo que a administración lles presta aos usuarios.

155



BIBLIOGRAFÍA

06


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Administración.es: http://www.administracion.es/portadas/index.html

Europe’s Information Society. Thematyc portal. E-Administratión http://ec.europa.eu/information_society/soccul/egov/index_en.htm

Europe’s Information Society. I2010 Programe. http://ec.europa.eu/information_society/eeurope/i2010/index_en.htm

e-Europe 2005. An Information Society For All. http://europa.eu.int/information_society/eeurope/2005/index_en.htm

eEspaña2006 Informe anual sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información en España. Fundación France Telecom. Xullo 2006. http://www.fundacionauna.com/areas/25_publicaciones/eEspana_2006.pdf

Gómez Vieites, Alvaro 2006. Enciclopedia de la seguridad informática. RAMA

Informe IRIA 2006. As Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas Administraciones Públicas. Ministerio de AAPP. 2006. http://www.csi.map.es/csi/iria2006/iria_2006.pdf.

Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información. http://www.sociedadedainformacion.eu.

158

Instituto Galego de Estatística: http://www.ige.xunta.es


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Instituto Nacional de Estatística: www.ine.es

A Sociedade da Información en España 2006. Telefónica. Febreiro 2007. http:// www.telefonica.es/sociedaddelainformacion/html/informes_home.shtml.

Sección documentos do Observatorio da Calidade e da eAdministración de Galicia. http://www.ocegobservatorio.eu

Observatorio Español das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) http://observatorio.red.es/general/presentacion/index.html

Observatorio TIC Xunta de Galicia: www.observatoriotic.org

Disponibilidade dos servizos públicos on line: ¿Cómo está progresando Europa?. Capgemini. Xuño 2006.

Red.es: http://www.red.es/

159



APÉNDICES

07


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A.1. Glosario de termos e principais conceptos sobre a Administración electrónica

3G: Telefonía móbil de terceira xeración. Administración electrónica (e-Administración): utilización das TIC e a internet nos procesos da administración, especialmente naqueles que afectan a relación cos administrados (cidadáns, empresas, etc.). Con ela achégase a administración aos administrados facilitando a información, a comunicación, cubrir formularios e as transaccións entre a administración e os administrados. ADSL: (Asymetric digital subscriber line. Liña de abonado dixital asimétrica). Tecnoloxía que mellora o largo de banda dos fíos do cableado telefónico convencional grazas a unha serie de métodos de compresión e que permite a reutilización dos fíos tradicionais de comunicación telefónica para transmitir datos. Autenticación: verificación da identidade dunha persoa ou dun proceso para acceder a un recurso ou poder realizar unha determinada actividade. Tamén se aplica á verificación de identidade de orixe dunha mensaxe Banda larga: canle de comunicación que permite unha velocidade de transmisión moi superior a unha que transmite voz. Xeralmente se aplica ás que transmiten a máis de 250 Kbps. Blog: versión reducida do termo “web log”. Información que un usuario publica de forma fácil e instantánea nun sitio web. É orixinalmente creado para que moitos usuarios (persoas) poidan manter un diario na internet. Xeralmente un blog lese en orde cronolóxica. Bluetooth: bluetooth é a norma que define un estándar global de comunicación sen fíos de curto alcance, que posibilita a transmisión de voz e datos entre diferentes equipamentos mediante un enlace por radiofrecuencia. Buscador: servizo da internet que lle permite ao usuario localizar a información residente en calquera servidor de información da internet. O usuario simplemente debe especificar os temas ou termos do seu interese.

162


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Cadro de mando integral (Balanced Scorecard): sistema de medida do rendemento, derivado da visión e a estratexia, que reflicte os aspectos máis importantes da xestión. Certificación electrónica: é un documento de identificación electrónico de persoas e organizacións que se emprega co obxecto de acreditalas nas operacións a través de medios electrónicos, xeralmente a internet. Inclúe o nome da persoa ou organización, un código de identificación, a data de validez, unha clave pública e a sinatura dixital da entidade acreditada que emitiu o certificado. Certificación: procedemento polo cal unha entidade ou un particular garanten que un determinado dato (unha sinatura electrónica ou unha clave pública) pertence realmente a quen se supón. Certificado de autenticidade (Certificate of Authenticity): declaración emitida por unha entidade que garante a seguridade dunha páxina web ou a identidade dunha persoa. Son imprescindibles para a práctica do comercio electrónico xa que garanten a transmisión de datos confidenciais por canles que utilizan código cifrados. Certificado de seguridade: é unha credencial, que se mostra na web, pola que se informa os usuarios ou a quen accede a ela, que a súa información persoal será manexada por un sitio seguro. Certificado dixital: contén o nome do usuario e a súa clave pública, así como o seu período de validez, e para dotalo de maior seguridade (garantir a súa autenticidade e integridade) está asinado coa clave privada da autoridade de certificación (AC). Cifrado: codificación e mestura de datos de documentos ou mensaxes electrónicas para previr a súa lectura ou acceso por persoas non autorizadas. Comercio electrónico: (e-commerce). Proceso de comprar e de vender produtos e servizos electronicamente incluíndo transaccións a través da internet, de redes e doutras tecnoloxías dixitais. Comunidade virtual (Virtual community): espazo na internet que agrupa un certo número de internautas arredor dunha serie de intereses ou afeccións, proporcionándolles

163


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

servizos de valor engadido. Son comunidades de usuarios da internet con similares intereses e necesidades. Copyleft (Copyleft): formula oposta ao copyright nacida no ámbito do software libre (free software) mediante a cal o autor dun programa declárao como de dominio público, incluíndo o seu código fonte (source code), de forma que quen queira pode usalo e modificalo. Se o programa é modificado, a persoa involucrada pode exercer sen restrición ningunha o seu dereito de copia sobre o programa modificado. Copyright (Copyright): dereito de copia. Dereito que ten calquera autor, sobre todas e cada unha das súas obras de forma que poderá decidir en que condicións deben ser reproducidas e distribuídas. Aínda que este dereito é legalmente irrenunciable, o mesmo pode ser exercido de forma tan restritiva ou tan xenerosa como o autor decida. O símbolo deste dereito é ©. Correo electrónico: (e-mail) servizo de intercambio de mensaxes escritas entre ordenadores a través da rede. Criptografía: ciencia que estuda os algoritmos e técnicas empregadas para encriptar a información antes de ser transmitida ou almacenada, co fin de que ante eventuais interceptacións dela non poida ser interpretada. Democracia electrónica (e-democracy): formas de participación dos cidadáns na vida pública levadas a cabo mediante tecnoloxías da información e das telecomunicacións. Devasa (firewall): sistema que se interpón entre o servidor da rede local e a internet, de tal forma que protexa o primeiro do ataque de hackers, crakers ou persoas procedentes da rede e que non foron convenientemente identificadas. Dominio: nome único que identifica un sitio da internet. e-: prefixo utilizado de forma xeral para indicar que as accións relacionadas se realizan por medio da internet. Procede da palabra inglés electronic, que antecede en inglés ao concepto de que se trate. e-Administración: ver Administración electrónica.

164


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

e-business: (electronic business. Negocio electrónico). É o uso da internet e da tecnoloxía dixital para executar todos os procesos. Inclúe tanto o comercio electrónico como os procesos para a xestión interna da organización. e-democracia: ver democracia electrónica. e-Europe: iniciativa creada pola Comisión Europea co cometido de conseguir o maior achegamento da sociedade da información aos cidadáns e organizacións pertencentes á Unión Europea. e-government (goberno electrónico, Electronic government): consiste no uso das tecnoloxías da información e o coñecemento nos procesos internos de goberno e na entrega dos servizos públicos tanto aos cidadáns como á industria. Moitas das tecnoloxías involucradas e as súas implementacións son as mesmas ou similares a aquelas correspondentes ao sector privado do comercio electrónico, mentres que outras son específicas ou únicas en relación coas necesidades do goberno. e-learning: (Electronic learning). É un sisetma de educación a distancia no cal se integra o uso das TIC e outros elementos didácticos para a capacitación e ensino. e-mail: ver correo electrónico. Encriptación: ver cifrado. Extranet: rede tipo a internet de uso privado onde o propietario permite ademais o seu uso a usuarios externos á organización (clientes, provedores, colaboradores, etc.). Fenda dixital: (dixital divide) metaforicamente é a distancia que separa a diferentes áreas, países ou comunidades en canto ao desenvolvemento da sociedade da información e das TIC, cuantificada por indicadores de avaliación comparativa. Por extensión pode aplicarse ás desigualdades entre colectivos sociais. Firewall: ver devasa. Foros de discusión: conxunto de ferramentas da internet que permiten debater, facer consultas, responder, etc. sobre un tema determinado. Poden ser un conxunto de páxinas web, grupos de noticias e listas de correo.

165


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Freeware: programas de dominio público. Aplicacións que se poden obter directamente da internet coa característica de que non é necesario pagar pola súa utilización, sempre que se respecten as condicións do propietario do mesmo. Non debe confundirse con free software. Goberno electrónico: ver e-government. GPRS: (General packet radio service. Servizo xeral de paquetes por radio). Servizo de comunicación de telefonía móbil, que permite a transmisión de bloques ou paquetes de información. Pode alcanzar unha taxa de 114 Kbit/s, permitindo tamén a conexión á Internet. GSM: (Global system for mobile communication. Sistema global para comunicación móbil). Sistema de telefonía móbil dixital desenvolvido en Europa. Hipertexto: modalidade de texto que permite enlazar partes do texto (ou outro elemento como imaxes, gráficos, etc.) con outros textos, elementos ou documentos relacionados con el. O enlace realízase simplemente facendo clic co rato no texto que ten un enlace asociado. Utiliza a linguaxe HTML. Internet: rede internacional para o intercambio de información, baseada na conexión de múltiples servidores con múltiples usuarios por medio de protocolos de intercambio de información estandarizados. Intranet: rede interna dunha organización que, habitualmente con estándares da internet, ofrece contidos e servizos de utilidade para os seus compoñentes. IP: protocolo básico da internet, encargado de encamiñar os paquetes de información a través das distintas redes que a constitúen. Largo de banda: representa a capacidade dun medio para transmitir información, que depende fundamentalmente das súas características físicas. En función das técnicas de modulación e dos esquemas de codificación empregados, co largo de banda do medio poderáselles ofrecer aos usuarios unha determinada taxa de transferencia, medida en bits por segundo.

166


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Linux: sistema operativo de distribución libre. LMDS: (Local multipoint distribution system. Sistema de distribución por multipuntos locais). Tecnoloxía de comunicación vía radio que permite o acceso de banda largo sen fíos. A cobertura da rede faise establecendo múltiples puntos de distribución locais enlazados entre eles e á rede de comunicacións fixa con enlaces vía radio. LSSI: Lei de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico. Navegador: (Browser). Aplicación que permite visualizar e navegar polas páxinas da internet sen posuír nocións de informática. Notificación telemática: aplicación pola que se reciben, de forma fidedigna para efectos legais, avisos procedentes da Administración, o Poder Xudicial, ou outras fontes de información con carácter oficial. On-line: (en liña). Conectado directamente a unha rede telemática e en disposición de funcionar nela. Páxina web: é un documento ao que se accede vía a internet usando un navegador. A súa aparencia é a dunha páxina que pode ocupar varias pantallas e que posúe as funcionalidades (enlaces, etc.) propias da linguaxe HTML. PDF: (Portable Document Format ou Formato de Documento Transportable). Formato gráfico creado pola empresa Adobe que reproduce calquera tipo de documento en forma dixital idéntica, facsímile, permitindo así a distribución electrónica dos mesmos a través da rede en forma de ficheiros PDF. O programa gratuíto Acrobat Reader, de Adobe, permite a visualización dos mesmos. Portal: sitio web ou outro servizo que proporciona un punto inicial de entrada ao sitio web ou a datos internos dunha compañía. Tamén se denomina o sitio web público de propósito xeral ou temático que integra gran variedade de recursos e servizos tales como directorios, buscadores, informacións, foros, compra e venda, publicidade, etc. Protocolo internet: ver IP.

167


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Protocolo: conxunto de regras e procedementos que regulan a transmisión entre os compoñentes ou dispositivos dunha rede. RDSI: (rede dixital de servizos integrados): estándar internacional para a transmisión de voz, vídeo, imaxe e datos que soporta un amplo rango de servizos sobre as liñas telefónicas públicas. Rede de área local: rede de comunicacións que necesita os seus propios dispositivos e medios de telecomunicación dedicados e que alcanza unha distancia limitada, xeralmente un edificio ou varios edificios próximos. Rede fixa: tipo de rede de comunicacións que obriga os usuarios ao seu acceso desde puntos fixos. Rede virtual privada: é unha rede de comunicación privada utilizada dentro dunha organización, ou por diversas organizacións diferentes que se comunican a través dunha rede pública de cómputo. O tráfico de mensaxes destas redes transmítese a través da internet. Sinatura dixital: (digital signature). Información cifrada que identifica o autor dun documento electrónico e autentifica a súa identidade. Sistema operativo: (OS, Operating system). É o conxunto de programas software que emprega e controla as actividades e dispositivos do ordenador. Sociedade da información: Sociedade baseada no desenvolvemento e integración das tecnoloxías da información e as comunicacións como medio para impulsar o coñecemento e o intercambio social, económico e cultural. Sociedade do coñecemento: (Knowledge society). A sociedade da información (Bell, 1976) tamén chamada sociedade do coñecemento ou sociedade tecnotrónica (Brzezinski, 1973), caracterízase por ser un espazo no cal a adquisición, procesamento, organización, almacenamento, recuperación, utilización, monitoreo, distribución e venda de información, conforman actividades prioritarias para a economía dos países que as fomentan, debido ao seu alto índice de xeración de valor agregado.

168


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Software libre: (Free Software). É o software que respecta a liberdade do usuario, aténdose ás 4 liberdades que suscita a Free Software Fundation: de usalo para o fin que se queira; de realizar copias; de modificalo para axustalo ao noso gusto; de distribuír as melloras. Adicionalmente adóitase dicir que a única restrición é que cada un que reciba ese software, debe herdar esas liberdades. Source code: (código de fonte). Conxunto de instrucións que compoñen un programa informático. Estes programas escríbense en determinadas linguaxes; a linguaxe que se utiliza para elaborar unha páxina web é o HTML Spam ou spamming: termo utilizado para definir o envío indiscriminado de mensaxes de correo electrónico non desexado. Normalmente aplícase a mensaxes publicitarias que bombardean o correo electrónico do usuario que os recibe en contra da súa vontade. Práctica de enviar masivamente correo electrónico e outras comunicacións non desexadas. Tarifa plana: sistema mediante o cal se paga unha cota fixa polo uso do servizo de xeito ilimitado durante un período de tempo especificado. Normalmente aplícase ao servizo de acceso á internet. TCP/IP: (Transmision control protocol / Internet protocol. Protocolo de control da transmisión. Protocolo da internet). Protocolo que regula a comunicación entre diferentes tipos de ordenadores e redes. Foi definido polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos e na actualidade é o protocolo base da internet. Basea o seu funcionamento en dividir a información que se ten que transmitir en diferentes bloques ou paquetes que poden seguir camiños diferentes polas distintas redes ata o seu destino final onde se volven recompoñer. TIC: tecnoloxías da información e das comunicacións. UMTS: (Universal mobile telecommunication system. Sistema universal de telecomunicacións móbiles). Sistema estándar de telefonía móbil que ofrece comunicación de datos de banda larga e que posibilita a transmisión de imaxes e vídeo. Foi desenvolvido en Europa e considérase como a terceira xeración de comunicacións móbiles que substituirá o GSM.

169


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

URL: (Universal resource locator. Localizador universal de recursos). O enderezo único que identifica un recurso específico na internet. Velocidade de transmisión: é a cantidade de datos que pode ser transmitida nunha unidade de tempo a través dun dispositivo ou medio de comunicación. Mídese en bits por segundo ou nos seus múltiplos Kbits/seg, Mbits/seg, etc. Virus: aplicación informática que, entre outros medios, pode ser recibida por correo electrónico, e que actúa contra o software instalado no ordenador receptor, con maior ou menor nivel de dano. VoIP: (Voice over Internet protocol. Voz sobre protocolo da internet). Utilidades que permiten comunicación vocal utilizando os recursos das redes de datos con protocolo IP (tal como a internet). WAP: (Wireless application protocol). Protocolo de aplicación de comunicacións sen fíos: protocolo que permite aos usuarios dos teléfonos móbiles acceder á internet de xeito interactivo a través da pantalla do seu móbil. Web site: colección de páxinas web. Weblog (bitácora): páxina web que contén unha serie de artigos ordenados secuencialmente por data, en xeral con contido persoal. Webmail: servizo que permite xestionar o correo electrónico desde un sitio web. É de grande utilidade para persoas que teñen que desprazarse con frecuencia e ofréceno habitualmente os provedores de acceso á internet. Wifi: (Wireless fidelity). Estándar de comunicacións sen fíos para conectarse a redes locais. Pode utilizar altas velocidades (actualmente a partir de 11Mbps) nunha área de 100 metros e grazas á súa flexibilidade e baixo custo é útil para grupos de traballo e para a conexión móbil á internet. Windows: sistema operativo de Microsoft baseado no uso de fiestras virtuais para as distintas aplicacións ou documentos. A utilización de fiestras non é exclusiva de windows. Wireless: tecnoloxía sen fíos.

170


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

WWW: (World wide web, Rede mundial ampla). Rede de comunicacións baseada en estándares aceptados universalmente para almacenar, recuperar, formatar e amosar información nun contorno de traballo en rede. A rede interconecta centos de miles de ordenadores e redes, o cal posibilita o acceso a inxentes cantidades de información de forma moi sinxela usando os navegadores. XML: (Extensible Markup Language). Linguaxe desenvolvida a partir da linguaxe HTML (usada para a creación de páxinas web) para dispoñer no servizo WWW de novas capacidades para a transferencia de datos estruturados.

171


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A.2. Descrición do Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica

Durante o ano 2006, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas da Consellería da Presidencia levou a cabo o deseño do Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia, que empezou a prestar servizo en xaneiro de 2007. Preténdese con este observatorio dotar as administracións públicas galegas dunha ferramenta de apoio para orientar as súas actuacións de mellora da calidade dos servizos públicos. A aparición e uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e principalmente da internet afectou de forma directa as administracións públicas que viron unha oportunidade de mellorar e acercar a propia administración e os servizos públicos aos cidadáns. Este proceso de cambio é apoiado por dúas ferramentas principais: en primeiro lugar a xestión da calidade que apoia o deseño, simplificación e control dos procesos internos, e en segundo lugar pola administración electrónica (e-Administración) que propicia a entrega dos servizos públicos e o contacto co cidadán. Neste escenario de cambio, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas propuxo o deseño do Observatorio co obxectivo de monitorizar a situación actual das administracións públicas e que no posible achegase as previsións que poidan ter lugar no campo da modernización dos servizos públicos. O Observatorio nace así co obxectivo de facer un seguimento continuado da calidade na xestión pública e dos servizos da administración electrónica para así orientar as actuacións de mellora dos servizos públicos. Adicionalmente, o Observatorio pretende sensibilizar e promover a importancia da mellora da calidade nos servizos públicos tanto entre os responsables de proporcionar os servizos como entre os cidadáns e usuarios. Neste contexto, os principais destinatarios do Observatorio son os xestores públicos e os traballadores das administracións públicas galegas; pero tamén as empresas e entidades que proporcionan servizos ou que se relacionan coas administracións públicas. Así mes-

172


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

mo, os cidadáns poden ser usuarios interesados nas informacións proporcionadas polo Observatorio.

Figura 54. Observatorio da Calidade e da e-Administración de Galicia

As actividades principais do Observatorio comprenden a elaboración de informacións propias partir de novos datos, recollidos directamente mediante enquisas, entrevistas e outros procedementos, como a revisión e análise de informacións xa publicadas por outros organismos e entidades. Ademais dos informes propios, o Observatorio realiza unha tarefa de “vixilancia” continuada de noticias, actuacións e informacións publicadas no ámbito da calidade (cartas de servizo, excelencia, certificación, cadros de mando, procesos, suxestións e reclamacións, accións de mellora, etc.); e no ámbito da administración electrónica (servizos e trámites en liña, democracia e participación electrónica, transparencia, estandarización e intercambio entre administracións, canles de comunicación e puntos de acceso públicos, etc.). O Observatorio utiliza para a divulgación das súas informacións un sitio web propio que inclúe seccións de estatísticas e indicadores, documentos, noticias, eventos, enlaces e en xeral informacións específicas do ámbito da calidade, e a administración electrónica.

173


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

Tamén edita un boletín electrónico semanal distribuído por correo electrónico que reúne as noticias e eventos da actualidade máis recente. O Observatorio nace pois coa vocación de facilitar a información de primeira man sobre a situación da calidade e da administración electrónica e de ser unha ferramenta útil para as administracións públicas que desenvolven a súa actividade en Galicia para o cal establecerá unha canle permanente de comunicación con elas co obxecto de adecuar as súas actividades ás súas necesidades reais de información.

Figura 55. Boletín de noticias do Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia

174


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A.3. Metodoloxía e ficha técnica do traballo de campo Ámbito: Concellos de Galicia

Mostra: 245 concellos /enquisa completa 70 concellos / enquisa reducida

Data do traballo de campo: xuño e xullo de 2006

Metodoloxía: Modelo conceptual de referencia: A enquisa desenvolveuse para obter información relativa a: Datos de caracterización do concello Administración electrónica no concello: equipamento informático, comunicacións, a internet, aplicacións informáticas, seguridade, xestión da informática, servizos exteriores, formación, servizos provistos na web do concello, participación cidadán, xestión dos contidos e integración con outras administracións Freos á implantación dos servizos da administración electrónica Calidade e mellora dos servizos Interese en novos proxectos As listas de valores e a tabulación proposta deseñouse de forma que se garde homoxeneidade cos criterios que propón a Unión Europea nesta materia e tamén para gardar paralelismo coa enquisa nacional de administración electrónica, coa que se buscou un certo paralelismo nas cuestións comúns, co obxecto de poder comparar os resultados da administración local cos da administración autonómica ou os do conxunto do Estado. Proceso de recollida da información As enquisas dirixíronse aos concellos mediante envío postal (remitido aos alcaldes), quedando dispoñible a enquisa na páxina web do sistema Eido Local.

175


A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS GALEGOS

A enquisa facilitouse nun formato “formulario” para que fose máis doada de cubrir por parte dos concellos, que foi recollido nun total de 245 concellos. Para completar a información nun conxunto de variables que se consideraron primarias ou de maior importancia, recorreuse a unha enquisa lixeira que se pasou aos concellos que non responderon á enquisa completa. Deste modo conséguese que en determinadas variables se conte co dato do 100% dos concellos, o que permite a presentación en forma de mapa destas variables. Así mesmo, desde a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas estableceuse contacto directo con cada un dos concellos para dar apoio para cubrir esta enquisa nos casos en que este apoio foi requirido. Contraste da información No mes de setembro realizáronse 12 visitas presenciais a concellos pertencentes a distintas provincias e de diferente dimensión e unha visita a unha deputación provincial. Nesas visitas recolleuse información “cualitativa” de grande importancia para este traballo. Os concellos que se ían entrevistar escolléronse buscando a representatividade de todas as provincias (tres da Coruña, dous de Lugo, dous de Ourense e cinco de Pontevedra) e dos distintos grupos demográficos (concellos pequenos: Xove, Miño, Meaño e Tomiño, medianos como: O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Nigrán e Fene e algo máis grandes como: Viveiro, Sanxenxo, A Guarda ou Arteixo). Proceso de datos e presentación da información O proceso de datos realizado baséase no cálculo das porcentaxes no caso das variables dicotómicas e no cálculo de medias no caso das variables Likert. A información analizada preséntase na maior parte das variables desagregada nos seguintes segmentos; Concellos de menos de 5.000 habitantes Concellos entre 5.000 e 10.000 habitantes Concellos entre 10.000 e 50.000 habitantes Concellos de máis de 50.000 habitantes

176





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.